RESULTADOS ELECTORAIS 2015 DA MESA GUILLADE-CUMIAR
Dous días de festa e catro orquestras!!
O vindeiro sábado 3 de xaneiro ás 20:00h terá lugar o IX concerto de Ano Novo organizado pola asociación de veciños "San Gregorio".
No serán do vindeiro sábado 22 de novembro, como xa ven sendo habitual nos últimos outonos, a "Asociación de Veciños S.Gregorio", organiza no Centro Cultural de Guillade un magosto popular, que será amenizado con música tradicional en directo.
Nesta ocasión, a diferenza das anteriores, os asistentes poderán adquirir produtos locais de primeira calidade, como embutidos de porco celta e mel, nun posto de venda situado na entrada de dito local.
Estades tod*s convidad*s!
Un ano máis a Asociación O Arrasta, organiza unha festa infantil o vindeiro día 31 no torreiro de Guillade, apartires das 17h. Todos e todas a pasalo ben!
O vindeiro 24 de xullo comezará a primeira das tres xornadas de actuacións musicais programadas para as Festas do Cristo deste ano, e que rematarán cunha actuación de corais organizada pola Asoc. de VV.San Gregorio, e na que participarán -aparte da coral de Guillade, "Ars Cantorum", a Coral Polifónica de As Neves e de Soutomaior.
A pasada semana coñecéuse que o colectivo Montenoso -unha entidade coa que colaboran dende mediados do 2013 as Comunidades de Montes de Guillade e Mouriscados, en diferentes ámbitos - víña de obter un premio no Prix Ars Electronica 2014, un prestixioso certame internacional dentro do eido das artes dixitais e multimedia, que se celebra en Austria dende finais dos anos 80.
O galardón foi concedido no apartado de Comunidades Dixitais , é trátase da primeira vez que un proxecto galego recibe un premio dentro de dita categoría.
Precisamente, fai tamén escasas datas, a TVE-2 dentro do seu programa divulgativo “La aventura del saber”, emitía unha reportaxe sobre este colectivo, e a situación dos Montes Comunais da contorna urbana de Vigo, onde tamén se recolle un breve fragmento da mesa redonda a que se convidou a Comunidade de Montes de Guillade no Museo Marco de Vigo en marzo deste ano.
Lamentando non poder ter conseguido os datos relativos aos anteriores comicios do 2009, no que á mesa electoral de Cumiar-Guillade se refire, para unha mellor comprensión dos resultados, ofrécense aquí os deste último proceso electoral:
| PP | % | PSOE | % | BNG | % | AGE | % | POD | % | Outr. | % | PARTP |
GUILLADE | 91 | 37,9 | 65 | 27,8 | 26 | 10,8 | 23 | 9,5 | 6 | 2,5 | 26 | 10,8 | 43,9 |
PONTEARE. | 2330 | 31,1 | 1529 | 20,4 | 868 | 11,6 | 756 | 10,1 | 783 | 10,4 | 1009 | 13,4 | 43,6 |
PONTEARE. (2009) | 3797 | 48,3 | 2616 | 33,3 | 943 | 12,2 | 121* | 1,5* | - | - | 138 | 1,7 | 44,3 |
No que aos “tres grandes” se refire, os tres perderon votos, aínda que de xeito moi desigual: xa que mentres o BNG foi capaz de fidelizar con bastante éxito os seus votantes, o PP deixou case 1500 apoios polo camiño.
Perdida votos Respetco 2009 | PP | % | PSOE | % | BNG | % |
PONTEAREAS | 1467 | -38,6% | 1087 | -41,5% | 75 | -7,9% |
PONTEVEDRA | 71336 | -38,7% | 60936 | -45,2% | 5064 | -13,9% |
GALICIA | 216577 | -37,9% | 183934 | -45,6% | 23992 | -23,1 |
Neste senso aínda que matemáticamente caben múltiples posibilidades e combinacións, no que ao trasvase de votos se refire; o feito de que nos anteriores comicios non se contara coa presenza de AGE nen PODEMOS, abre un abáno de posibilidades interesante no que a orixe dos apoios acadados por estes partidos, especialmente no caso ponteareán. E aínda que semella tratarse dun voto urbán, novo e procedente en boa parte de desencantados do PSOE, e incluso dalgún abstencionista -xa que como xa se dixo-, alo menos neste escenario local o BNG non sufríu unha erosión significativa de apoios, polo que en certo modo pode descartarse un trasvase significativo dende as súas filas a estas novas formacións.
Este próximo sábado 26 terán lugar en Guillade un serán organizado pola Asoc. de VV. San Gregorio a partires das 22h (con chourizada, viño e chocolatada) no centro cultural, e unha verbena un chisco máis tarde, no torreiro cos grupos:
-Kamelot e Yukatan
De igual xeito, ao día seguínte -domingo d´As Angustias- haberá tamén un pasarúas a cargo da Banda de Música de Guláns.
En Guillade d'Abaixo existen dúas Comunidades de augas: Unha chamada “A Coelleira-Rebordiños” que abastece ó barrio de Carballede e parte de A Rañó (unhas once casas), e outra Comunidade de Augas que abastece ó resto dos barrios de Guillade d'Abaixo (Mourigade, Val, Ponte de Xil, Igrexa, Pazos, A Rañó (as restantes casas, que son máis de doce) e Reimonde).
A Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo levou a traída de augas ás casas hai aproximadamente uns 40 anos, e daquela construíu un depósito dunha capacidade de 80.000 litros no monte comunal, que naquel entón pertencía ao Concello de Ponteareas. Máis recentemente, polo ano 2006, construíu unha ampliación a ese depósito, con capacidade para 200.000 litros de auga. Esta comunidade de augas conta cuns 6 olleiros no monte comunal, cun caudal de auga moi variable do inverno ao verán. De feito, no verán sempre hai escaseza de auga, e iso sumado a unha mala xestión provoca que ao menos nos meses de agosto e setembro unha boa parte das casas padezan cortes diarios no abastecemento.
A asociación “A Coelleira-Rebordiños” reivindica a propiedade ou dereito de uso sobre dous olleiros de auga: Un situado no monte comunal de Guillade, e outro na súa orixe da auga de regadío, motivo polo que non puido ser aproveitado para uso doméstico no momento de construírse o depósito da Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo, e que agora, de xeito escuro, a Comunidade de “A Coelleira-Rebordiños” afirma ter legalizado de modo que pretenden apropiarse del para uso doméstico. ( este olleiro está a uns 100 metros de distancia do depósito mencionado neste parágrafo).
Os dous olleiros da Cuelleira teñen case tanta auga coma os 6 olleiros da Comunidade de Guillade de Abaixo e só abastecen a unhas 20 casas, mentres que a Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo abastece neste momento a máis de 120 casas. Non deberíamos compartir a auga entre todos?
Facemos as seguintes consideracións:
Todos os olleiros sitúanse no monte comunal, e polo tanto deben ter un uso comunitario, sen discriminacións nin privilexios duns veciños sobre os outros. A auga é de todos/as e a todos/as e todas pertence por igual.
A auga é un ben escaso, limitado, e atendendo a principios de xustiza debería repartirse dun xeito igualitario e equitativo entre todos os veciños
Na última reunión da Comunidade de montes de Guillade do día 2/3/14, a asociación “A Coelleira” solicitou por segunda vez (a primeira foi denegada pola Asamblea) a construción dun depósito nos montes comunais para almacenar a súa auga. A xunta rectora comprometeuse a levar a votación dita petición nunha próxima asemblea extraordinaria cuxa principal orde do día sería dita solicitude. E cabe destacar a intervención dun vocal matizando que o asunto en si concerne non tanto aos comuneiros/as como ás Comunidades de Augas.
A solución podería pasar por almacenar toda a auga nun mesmo depósito común para todos os afectados, pois xa existe un con suficiente capacidade, e polo tanto non sería preciso construír un novo depósito, e ademais garantir que se ofrece un reparto xusto, equitativo e igualitario de toda a auga do monte comunal, constituíndo se fose necesario unha nova directiva que integre a todas as partes e vele polo cumprimento das normas.
Podedes partcipar coa vosa opinión calquera que sexa, expoñéndoa dende o respecto, facendo click en “comentarios”; deste xeito contribuiremos a informar da situación a tódol@s veciños e veciñas, que finalmente terán o poder de votar á súa vontade nunha próxima Asamblea. Entre todos podemos axudar a entender e resolver mellor os problemas que nos concernen e así construir a nosa realidade do xeito máis satisfactorio posible.
Coincidíndo coa entrada do marzal, chega este ano o Entroido, polo que é unha obriga para todos disfrazarse e burlarse de tanta chuvia, vendavais, crise económica e demáis problemas que nos botan abaixo a moral.
E se queredes celebralo en boa compaña, a Asoc. de Veciños S.Gregorio organiza unha festa para cativos (e grandes) este sábado a partires das 16:00h!
En Guillade cada ano ímos a máis... Este novo ano 2014, que xa se pode albiscar, comezará coa actuación no Centro Cultural o próximo 4 de xaneiro, ás 20h, de dous grandes artistas de proxección internacional: o gran pianista Alejo Amoedo, e o trompetista vigués Rubén Simeó, quen dende os 8 anos non fai máis que recoller premios e recoñecementos a nivel estatal e internacional -Porcia (Italia), Benidorm, Maurice Andre (Paris), Bruselas, Selmer (Francia), P. Jones (Gebwiller, Francia)...-
Con 12 anos participou no excelente programa de divulgación educativa e musical “El Conciertazo” de RTVE, do recente e tristemente desaparecido Fernando Argenta, e dende aí non fixo máis que dar clases maxistrais (Estonia, Xapón...) e concertos por todo o mundo, coas máis prestixiosas orquestras -Orquesta Metropolitana Lisboa, E. Romagne (Italia), Torrente, Siena Wind Tokio, Sinfónica Kanazawa (Japón), Paris, Sttugart, Sinfónica de Galicia...-
En breves datas dará comezo un curso de inicio á poda organizado pola Asociación "O Arrasta", os interesados poden inscribirse ou atopar máis información, neste número de tlf: 620557508
(Nen reunións :-s)
(Foto montaxe sacada do Facebook de "Sonche de aldea")
Si hai dúas cousas claras en Ponteareas, e Guillade, é que se tratan de terras con grande tradición ciclista, e con fortes vínculos con Portugal. E se aínda por enriba unimos a bicicleta, Guillade e Lisboa, o resultado son máis de 600kms (índo pola costa) que o noso veciño Luciano Rodríguez, cubríu nunha semana cunha media de máis de 80kms ao día. E todo ísto, coa "barreira" dos 60 anos xa superada!! pero claro: a veteranía e experiencia son un "grado", e a fin de contas a idade só unha cifra. As "barreiras" son mentais.
"No fondo de nós mesmos, temos sempre a mesma idade"
(Graham Greene)
O vindeiro sábado 21 de setembro, a partires das 21h terá lugar o <<V-Encontro de Corais>> organizado pola Asoc. de VV. San Gregorio.
http://www.youtube.com/watch?v=Dx2Z1qnDIws&feature=share&list=PL071E8CA108634504
http://www.youtube.com/watch?v=bdKT2bEoegw
O video do primeiro enlace dura media hora, pero o segundo só 5 minutos centrándose na parte do primeiro video que mostra o labor do campo.