Blogia
Guillade

Medio ambiente

GRAZAS!!

GRAZAS!!

En nome de todos os veciños/as e comuneiros/as de Guillade, agradecemos a todos os voluntarios/as que se achegaron a colaborar o pasado sábado 16 na recuperación dos terreos máis afectados polos incendios de outubre. Especialmente a José, Damián, Antonio, Diéguez á coordinadora de Voltea Condado (Rosa),  e a Rubén de Comercial Agrícola Ponteareas.

O próximo sábado 16 de decembro, a partires das 10:30h a Comunidade de Montes de Guillade, en colaboración co colectivo VolteaCondado de Ponteareas e Alecrín Actividades e Aventura, organizan unha xornada de intervención medioambiental que consistirá no reparto de alpacas de palla nas zonas máis afectadas polos lumes do pasado outubro no baldío da nosa parroquia, coa intención de paliar o máximo posible a erosión do chan e arrastre de cinzas.

Para tal fin, e tamén en convenio co Concello de Ponteareas, os/as voluntarios que desexen acudir a esta xornada estando asegurados previamente -por si se producira algún accidente-, deben inscribirse a través do enderezo: volteacondado@ponteareas.gal, ou do nº de tlf: 687764516 (o Concello asume o seguro das 20 primeiras persoas que o soliciten)  

Encontro informativo sobre os lumes

Encontro informativo sobre os lumes

Este sábado 18 de novembro ás 18:30 horas, terá lugar na casa cultural de Guillade unha charla informativa sobre os efectos e consecuencias do lume que afectou á nosa parroquia a mediados de outubro.

En dito encontro, aberto a todos os veciños/as, participarán tanto persoas especialistas en distintas materias (biólogas, enxeñeiras forestais...), que asesorarán e ofrecerán a súa axuda á Comunidade de Montes de Guillade, como representantes do goberno municipal, que informarán sobre a posta en marcha dun punto de atención municipal aos afectados, así como das liñas de axuda existentes.

Tanto dende o propio Concello, como dende o colectivo de voluntarios/as Voltea Condado, apelarase á implicación veciñal e colectiva á hora de psicionarse activamente de cara a paliar -e evitar no futuro-, catástrofes como as acontecidas fai hoxe un mes.

Retirada de 5 niños de vespa asiática en Guillade

Retirada de 5 niños de vespa asiática en Guillade

Este ano 2016 remata cunhas temperaturas moi pouco habituais, e dende logo nada propicias para as colleitas. O que para moita xente é "bo tempo" (altas ou suaves temperaturas e ausencia de frío e auga), para outra moita que vive do agro, ou que sinxelamente gusta de cultivar para o seu autoconsumo, o "bo tempo" sería o que correspondería que fixese nesta tempada: chuvia e menos calor, polo menos para alterar o menos posible os ciclos naturais de podar, sementar...

As persoas que teñen colmeas, son outro gremio que tampouco está moi conforme con estas temperaturas... basicamente, porque o último e meirande problema ao que se ven enfrentando dende fai pouco o sector apícola de boa parte do sur de Europa, a invasión de vespas asiáticas (ou velutinas), só pode paliarse -en parte- coa chegada do frío suficiente  que faga desaparecer ata a  vindeira primaveira ou inicio do verán, ás colonias de velutinas  que en pleno decembro aínda acosan e devoran ás nosas abellas.

Esta semana, grazas ás chamadas ao 112 de varios veciños da nosa parroquia, envióuse dende o concello un pequeno retén de bombeiros que nun só día retiraron 5 niños na Rañó, Igrexa, Anxeliña, Pazos e o cimiterio.

Nunca foi tan certo o de que <>, pero... un pouco de frío non lle ven mal a ninguén!!

Retiran un niño de vespa asiática en Pazos (Guillade)

Retiran un niño de vespa asiática en Pazos (Guillade)

 

Menos dun mes despois de que se convocase dende o goberno municipal aos apicultores da zona a unha xuntanza informativa sobre a presencia da vespa asiática, fíxose necesaria a presencia dunha parella de bombeiros de Ponteareas, para eliminar un niño deste tipo de insectos, que foi atopado nun cuberto anexo a unha vivenda do lugar de Pazos.

Foi grazas ao noso veciño "Josilo" Martinez, quen tras percatarse da presencia do niño, púxese en contacto cos apicultores da parroquia, para posteriormente dar parte ao parque de bombeiros de Ponteareas, quenes aos escasos minutos de ser chamados xa se atopaban "man a obra", conseguíndo retirar -non sen poucos inconvíntes- o niño en cuestión.

Aproveitamos este acontecemento, para sensibilizar a todos os lectores deste blogue con este serio problema, e a dar parte ao concello de Ponteareas (tlf 986640000), ou a Xunta de Galicia (tlf 012) cada vez que observen ou detecten un destes niños, xa que a presencia desta especie invasora supón un problema engadido á xa de por sí delicada situación do mundo apícola.

Un afectuoso saúdo a Manolo e Candido -os bombeiros que se achegaron a Guillade- así como a todos os seus compañeiros do corpo polo gran traballo que veñen facendo dende o primeiro día, por esta tarefa "sobrevenida" a que tamén se deben enfrentar.

En Austria xa coñecen os montes de Guillade e Mouriscados

En Austria xa coñecen os montes de Guillade e Mouriscados

 

 

A pasada semana coñecéuse que o colectivo Montenoso   -unha entidade coa que colaboran dende mediados do 2013 as Comunidades de Montes de Guillade e Mouriscados, en diferentes ámbitos  - víña de obter un premio no Prix Ars Electronica 2014, un prestixioso certame internacional dentro do eido das artes dixitais e multimedia, que se celebra en Austria dende finais dos anos 80.

 O galardón foi concedido no apartado de Comunidades Dixitais  , é trátase  da primeira vez que un proxecto galego recibe un premio dentro de dita categoría.

Precisamente, fai tamén escasas datas, a TVE-2 dentro do seu programa divulgativo “La aventura del saber”, emitía unha reportaxe sobre este colectivo, e a situación dos Montes Comunais da contorna urbana de Vigo, onde tamén se recolle un breve fragmento da mesa redonda a que se convidou a Comunidade de Montes de Guillade no Museo Marco de Vigo en marzo deste ano.

 

Van de verde

Van de verde

http://www.vtelevision.es/programas/vandeverde/2011/01/08/0031_43_49035.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador

 

Traballo Cooperativo

Auga

"Agua que furas pedra, e arrastras terras do arco da velha, torrentes caminho do mar da nosa vida. Nesta fronteira entre a vida e a morte, entre a fonte e o mar.

Para nós nunca serás un bem económico, sempre máis bem unha companheira-amiga, escondida nas profundezas do bosque, frondosa, secreta, deitada no regazo da nai terra..."

montesdeguillade.blogaliza.org/category/a-auga/

PRIMEIROS LUMES

PRIMEIROS LUMES

Na tarde do domingo 19 de xuño, contra as 17:30h aproximadamente, rexistrouse o primeiro dos incendios forestais deste ano 2011 na nosa parroquia; o lume detectóuse nas inmediacións da pista que comunica a Encostada coa nave de Albelle. Foi necesaria tanto a intervención aérea con helicóptero, como a actuación de varios reténs para a súa extinción.

Como lamentablemente ven sendo "tradición" nos últimos anos, xa non é a primeira vez que esta mesma zona sufre este tipo de actos, e sempre tamén a esta altura de tempada: a finais de primaveira e comezos do verán, sendo polo tanto un dos lugares que máis cedo recibe a visita dos pirómanos de turno, quenes aproveitan os primeiros días de calor forte para actuar.

A comunidade de montes denuncia os vertedoiros de lixo no monte

A comunidade de montes tramitou a denuncia dun vertedoiro de lixo no monte, na zona da Encostada. Resulta vergoñento que nos tempos nos que vivimos continuen a perpetuarse prácticas propias de hai 30 ou 40 anos, cando os veciños tiraban todos os cacharros vellos que non lles servían en calquera burato do monte ou mesmo directamente no río.

É triste e lamentable que pezas de mobles vellos, pneumáticos de rodas, cadenas musicais, sillas de paseo de bebés, revistas, colchóns, botellas plásticas de lavavaixelas, etc... acaben nas beiras dos camiños do monte. A persoa que os deixou alí quedar seguro que quedou orgullosa de deixar limpa a súa casa, quizais sen saber que o único que fixo foi trasladar toda esa merda á casa de todos, que é o monte, e que eses trastos todos seguirán aí para a súa vergoña, e para a de todas as persoas que pasen por alí e tropecen con eles.

Non está de máis lembrar a todos os veciños que hoxe en día o concello ofrece un servizo gratuito de recollida de lixo de trastos voluminosos, como mobles, electrodomésticos, etc. para o cal só é preciso chamar ao número de teléfono que se atopa publicitado en moitos dos contedores que hai espallados pola parroquia. É o mínimo que debemos facer como sinal de respecto do medio ambiente e como unha mostra de boa educación.

Máis fotos pinchando neste enlace

Mercar e tirar, tirar e mercar

Ata fai pouco nunca tíña ouvido falar da palabra "obsolescencia", pero dun tempo a esta parte, con todo o tema da crise económica debates encol a escasez e a reutilización de produtos básicos e de consumo, é máis frecuente atopar  nos medios de comunicación programas que abordan estes  asuntos; creo que non está de sobra enterarnos de que vai iso, temos máis información pinchando aquí

BOSQUES PARA A XENTE

BOSQUES PARA A XENTE

A Asamblea Xeral das Nacions Unidas proclamou o Ano Internacional dos Bosques 2011 a fin de fomentar a toma de conciencia sobre a ordenación, a conservación e o desenvolvemento sostible dos bosques de todo tipo.

“Bosques para a xente” é o tema principal do Ano, destacando a relación dinámica entre os bosques e as poboacións que dependen de eles para a consecución dos seus medios de subsistencia.

Máis información

Campaña de reciclaxe de móbiles lanzada polo Instituto Jane Goodall

Campaña de reciclaxe de móbiles lanzada polo Instituto Jane Goodall

“Mobilízate pola selva” é unha campaña de reciclaxe de móbiles lanzada polo Instituto Jane Goodall España, co apoio da primatóloga e conservacionista Jane Goodall, embaixadora do Ano do Gorila 2009, Premio Príncipe de Asturias 2003 e Mensaxeira da  Paz por Naciones Unidas.

Recicla tu móvil: Puedes reciclar gratuitamente tu/s móvil/es descargando la etiqueta pre-franqueada, pegándola en tu sobre y mandándolo por correo sin costo. También puedes dejarlo en un punto de recogida o solicitar recogida a domicilio. Descubre cómo hacerlo aquí. Podrás ganar apadrinamientos Chimpamig@s por un año. También puedes hacerte Agente Movilizador y ayudarnos a impulsar la campaña, para que entre todos logremos un impacto mucho mayor. Te necesitamos…

Iniciativa SIGRE, conciénciate

Reciclado

Unha vez terminado o tratamento para o que foron prescritos, os medicamentos deben depositarse  nun punto limpo, posto que desechalos indiscriminadamente xunto co resto dos residuos pode deteriorar gravemente o medio ambiente.

Co obxetivo de pechar correctamente o ciclo da vida dos medicamentos, a industria farmacéutica ten posto en marcha SIGRE Medicamento e Medio Ambiente (Sistema Integrado de Gestión y Recogida de Envases), en colaboración coas farmacias e a distribución do sector, facilitando que os cidadans poidan desprenderse cómodamente, pero con garantías sanitarias e medioambientales, dos restos de medicamentos e dos seus envases a través do Punto SIGRE situado nas oficinas de farmacia.

SIGRE Medicamento e Medio Ambiente ofrece un tratamento axeitado tanto ós residuos dos medicamentos coma aos seus envases, atendendo as súas especiais características e evitando o posible dano medioambiental que estos causarían si entrasen en contacto con outros residuos, cá agua dos ríos ou os acuíferos ou, en definitiva, co entorno.

Defende O Suído das canteiras

Defende O Suído das canteiras

MARCHA
SUBIDA A COTODEIRA
DOMINGO 9 DE MAIO ÁS 10.30H.

PUNTO DE ENCONTRO: HOTEL DE MONDARIZ BALNEARIo

ORGANIZAN: ADENCO, ASEMBLEA DO SUÍDO E FEG

 

A outra cara do rally das Rías Baixas

http://mas.farodevigo.es/canales/opinion_ciudadana/index.php?option=com_content&task=view&id=591&Itemid=5

Hai que facer algo!!

Voluntarios para o monte‏

http://montesdeguillade.blogaliza.org/2009/04/27/limpando-na-presa-dos-muinos/

VISITA GUIADA POR GUILLADE E MOURISCADOS

O próximo sábado día 10 as organizacións e asociacións ADENCO, MZS e Galiza Nova, teñen previsto realizar un percorrido etnográfico pola "parte alta" de Guillade, é dicir: xa no límite coa  parroquia de Mouriscados, pertencente ao Concello de Mondariz.

Ao longo da visita que ten previsto partir da estación de autobuses de Ponteareas as 15:45, con dirección a Campo de Mouro -lugar de partida-, haberá charlas informativas sobre a riqueza patrimonial e natural dos diferentes lugares polos que discurra a marcha.

Vertidos no río Tea

Facémonos eco dun par de novas que veñen de aparecer en diferentes medios de comunicación sobre algo que lamentablemente comeza ser habitual nos últimos anos e veráns: a contaminación que afecta ao río Tea ao seu paso pola capital do noso Concello.

 

Tras varias protestas e denuncias o grupo ecoloxista ADENCO levou a cabo a pasada semana unha “roteiro turístico” por aqueles tramos do río onde a polución e os malos cheiros son máis perceptibles, como na ponte de S. Roque.

  

Desde a organización ecoloxista responsabilízase tanto Alcaldía como a Concellaría de Medioambiente (encabezada polo noso veciño de Guillade Victor Sebastián):

 

 É a Administración local a que ten que dar os primeiros pasos para solucionar o problema”, comentan “que é a responsable de depurar todas as augas residuais que xera un Concello e que en Ponteareas supoñen un grave problema, por non ter unha depuradora con suficiente capacidade, por existir verquidos incontrolados e porque a maior parte da poboación do rural carece deste básico servizo”.

 

http://www.agalega.info/videos/?emi=4107&corte=2008-09-15&hora=15:03:57&canle=tvg1

 

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

 

A noticia no diario La Voz de Galicia

CMVMCG - Convocatoria de asemblea extraordinaria (17-08-2008)

A xunta rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Guillade convoca a todos os veciños comuneiros á celebración dunha asemblea xeral extraordinaria que terá lugar no baixo da Casa Parroquial o vindeiro 17 de agosto, ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior

2. Aprobación, se procede, da incorporación da CMVMCG na Asociación para o Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta.

3. Solicitude de 8 ha de terreno para o pastoreo de vacas por parte de D. José Manuel González.

4. Venda de piñeiros secos en Albelle.

5. Rogos e preguntas.