Blogia

Guillade

ATENCION: Zombis en Uma!!

ATENCION: Zombis en Uma!!

O próximo 24 de xullo Uma sufrirá unha invasión zombi... estades preparados? quen se atreverá a sair das súas casas esa noite?

 

Máis información en: www.facebook.com/rastreo.uma

Festas do Cristo 2013: tres días de troula!

Festas do Cristo 2013: tres días de troula!

A ver se o bo tempo acompaña e non chove...

Guillade na "Voz e El País"

Guillade na "Voz e El País"

Aproximadamente un ano máis tarde de que tamén por estas datas, o Faro de Vigo se fixera eco de dous eventos que acontecían en Guillade (as festas do Cristo 2012 e o conflicto coas pedras do Adro), a semana pasada dous xornais diferentes , “La Voz de Galicia” e “El País”, ou a web “Todo Condado”, volvían sacar información sobre a nosa parroquia… Esperemos que dentro dun ano (ou antes), se Guillade sai de novo na prensa escrita sexa por temas máis positivos e alegres.

V-Festa Infantil

V-Festa Infantil

O próximo día 14 non esquezades o traxe de baño se queredes probar o tobogán de auga!!

"Polo San Xoán... Sardiñas e Pan"

"Polo San Xoán... Sardiñas e Pan"

Mentres parece que non chega o verán, o calor e o bo tempo, o que sí que chegan son as sardiñadas populares, a primeira este venres 21 a partires das 22h!!

Música para as Letras Galegas

Música para as Letras Galegas

O vindeiro venres 17 conmemórase o día das “Letras Galegas”, e como ven sendo habitual nos últimos anos, a Asoc. de VV. San Gregorio organizou un acto co gallo da celebración desta xornada -que se suma a andaina promovida pola Asoc. O Arrasta- nesta ocasión vai ter acollida no centro cultural a partires das 20h, un concerto a cargo das agrupacións:

-“Amigos Afortunados”

-O grupo de pandereiteiras “As Fiuncheiras”

-“O Son da Triga”

 Ao mesmo tempo, aproveitase a ocasión para agradecer os esforzos da COMISION DE FESTAS DAS ANGUSTIAS 2013, por ter o acerto de traer a Guillade a BANDA DE MUSICA DE RUBIÓS, para poder disfrutar da magnífica interpretación que fixeron o pasado día 11, dalgunhas das mellores bandas sonoras do cinema (“A morte tiña un prezo”, “Robinson Crusoe”…) entre outras pezas. A súa vez, hai tamén que recoñecerlle a estes músicos o detalle de vir a ofrecer a actuación que no seu momento non poideron ofrecer por mor do mal tempo.

Andaina: Coto do santo

Andaina: Coto do santo

“Começou a Viagem” de José L. Montero

“Começou a Viagem” de José L. Montero

http://guilladenses.wordpress.com/2013/04/24/comecou-a-viagem-de-jose-l-montero/

Todo mundo a baillar!

Todo mundo a baillar!

 

Este vindeiro sábado 27 de abril a partires das 22h todos e todas a baillar no Serán que terá lugar no Centro Cultural de Guillade, organizado pola AA.VV. San Gregorio

Van de verde

Van de verde

http://www.vtelevision.es/programas/vandeverde/2011/01/08/0031_43_49035.htm?utm_source=buscador&utm_medium=buscador

 

Traballo Cooperativo

Proposta de desenvolvemento local promovida por J.Mª. Bouzó Argibay

Proposta de desenvolvemento local promovida por J.Mª. Bouzó Argibay

A mediados do mes pasado, o Centro Cultural de Guillade acolleu unha charla-coloquio organizada pola Asociación de VV. S.Miguel, a cargo de José Mª Bouzó, José do Cabo, e presentada por Paco Barbosa.

Previamente, e a modo informal, o propio José do Cabo tivo tempo para intercambiar impresións e ideas con parte da directiva da Comunidade de Montes da Parroquia, unhas propostas que fóron detalladas posteriormente ante o auditorio, utilizando o ponente como fío conductor para a súa exposición, a súa propia “historia de vida”, xa que ao longo da aproximada 1:30h que durou o acto, José do Cabo foi servíndose das experiencias persoais e familiares para dar a coñecer as súas propostas de desenvolvemento económico para Guillade, sempre respectuosas co medioambiente e destinadas a pór en valor os recursos forestais e agrarios da zona.

Ditas propostas, terían como principais eixos de actuación o aproveitamento dos excedentes agrícolas da parroquia, tanto a nivel individual como colectivo (ovos, carnes, froita, legumes…) para a súa comercialización directa “en fresco” ou transformada (mermeladas por exemplo), e unha mellora do rendimento forestal da zona (englobando tanto o baldío como os montes particulares).

Evidentemente, o idóneo sería dispór ou artellar as medidas e ferramentas necesarias para a constitución dunha pequena cooperativa, colectivo ou axencia de desenvolvemento local que permitira agromar algún tipo de iniciativa máis formal e vertebrada capaz de afrontar o deseño xurídico, económico e formal que unha proposta deste tipo implica, e que vai máis alá do anteriormente exposto: xa que permite albiscar asentamento de poboación no rural, dotar a parroquia de recursos propios, xerar ilusións…

Pero bueno… é un primeiro paso. Do que non cabe dúbida, é que unha persoa que xa superou os 80 anos, e que lonxe de despreocuparse de todo, aínda ten ganas de facer cousas e mobilizar ideas, persoas e recursos, é alguén que merece todo o respecto, demostrando que ese termo tan de modo hoxe en día: EMPRENDEDOR, non ten por qué ser patrimonio da xente nova.

Xa era hora!!

Xa era hora!!

 

Por fin! despois de moito tempo o vindeiro sábado 23 de marzo actuará no Centro Cultural de Guillade unha das "nosas estrelas" máis novas: Fran Rodríguez, un Guilladense asentado en Vigo, quen para cumprir fielmente coa lenda de ser "profeta fóra da súa propia Terra", tivo que ter actuado acompañado do seu grupo Ke-Percussión primeiramente en dúceas de eventos (como no Festival Reperkusión de Ourense compartindo cartaz con Manu Chao),  e nos lugares máis variados para chegar finalmente a Guillade para deleitarnos co seu orixinal e sonoro espectáculo.

Castañas por un tubo!

Castañas por un tubo!

Os vindeiros días 3 e 10 de novembro, rendiráse tributo en Guillade á  castaña nos dous magostos que as asociacións O Arrasta e S.Miguel realizarán respectivamente en ditos días, o primeiro deles na área recreativa ao pé do campo de fubito (a ver se non chove), e o segundo no centro cultural, en émbolos casos haberá música tradicional para acompañar a paparota.

 

Resultados Guillade - Eleccións Autonómicas 2012

As eleccións celebradas o pasado domingo 21 de outubro, situaron ao PP de A.Feijóo como gañador das mesmas, proporcionándolle –novamente- a maioría absoluta no Parlamento Galego, pese a perda de máis de 130.000 votos, o que non constituíu osbstáculo algún para que incluso aumentara en 3 parlamentarios a súa presencia na cámara autonómica, como resultado da aplicación da Lei D´Hondt  e do menor índice de participación.

 

De todos xeitos, o PP non foi o único partido que perdeu apoios, de feito, agás AGE (Anova+EU&Outros), todos os grupos políticos con representación perderon votos en menor ou maior medida, especialmente o BNG, se ben curiosamente, na provincia de Pontevedra resiste algo mellor a perda, todo o contrario que o PP, onde foi a única provincia onde non acadou novos escanos.

 

 

 PONTEVEDRA

 

 

 

GALICIA

 

 

2009

2012

 

%

2009

2012

 

%

265222

207331

PP

-21,8

789427

653934

PP

-17,2

172616

100903

PSOE

-41,5

524488

293671

PSOE

-44,0

95827

58017

BNG

-39,5

270712

145389

BNG

-46,3

6427

70434

AGE

995,9

16441

200101

AGE

1117,1

 

 

 

 

No caso de Guillade, PSOE e BNG perden apoio nunha procertanxe semellante, encol ao 34%, mentres que o PP, pese perder 10 puntos porcentuáis menos, obtén porcentualmente uns datos peores que a nivel municipal. Nesta líña, e ao abeiro destes datos, extrapolándose ditas cifras a unhas eleccións municipáis, o PP podería ser desaloxado da alcaldía en caso de que as forzas progresistas acadaran un acordo.

 

 

GUILLADE

 

 

 

PONTEAREAS

 

 

2009

2012

 

%

2009

2012

 

%

202

152

PP

-24,8

5820

4548

PP

-21,9

114

75

PSOE

-34,2

2863

2048

PSOE

-28,5

67

44

BNG

-34,3

2713

1668

BNG

-38,5

0

25

AGE

 

184

1380

AGE

650,0

5

9

OUTROS

80,0

240

583

OUTROS

142,9

2

14

B/N

600,0

266

274

B/N

3,0

 

 

 

 

 

Cabe subliñar en todos os escenarios, o grande incremento da coalición AGE, que dende logo rendabilizou como ninguén o pouco tempo que leva de rodaxe, xa que aparte de volver levar ao Parlamento a Esquerda Unida despois de varias lexislaturas ficando fóra, situóuse como a terceira forza política; se ben en Ponteareas ainda non é quen de superar ao BNG.

 

 

Porposta de Concurso de Contos

Porposta de Concurso de Contos

 

Fago unha proposta e desculpen a ousadia.

Porque non se promove un CONCURSO LITERÁRIO?..

Reparen; digo Concurso e no digo Prémio porque seria unha cousa desligada da competetividade.

A groso modo, seria o que expoño:

Seria convocado un concurso de Contos, por exemplo, e se estimaria o tamãno do conto; por exemplo: de 5 a 8 follas de A4.

O recoñecimento do valor dos Contos poderia ser estimado por um grupo de persoas ou por un coleitivo máis amplio de membros da Asociación segundo  estimase a Asamblea da misma.

Como tal recoñecimento o autor/a ou autores que cativasen o gusto maioritário verian o seu conto publicado ( de forma simples e caseira para evitar gastos) e ademáis se lle poderia dar  as Obras Completas (ou un libro se a cousa do diñeiro anda escaso) de un autor de recoñecido valor nacido en Galicia; por exémplo: Emila Pardo Bazán; Valle; Torrente; Cunqueiro; Blanco Amor, etc.

Poderia escollerse para tal acontecimento un dia que a aldea estexa, normalmente, con afluéncia de persoas que viven nela, perto ou lonxe. Normalmente, é pola altura das festas do vrán, nembargantes, seria bó que a festa relixiosa non tropezase  con esta festa de xúbilo cultural e necesariamente aconfesional e se posible, tamén, laica.

Se vos parece interesante... forza.

Graciñas, nembargantes, o Arrasta foi moito e eu son pouco

Graciñas, nembargantes, o Arrasta foi moito e eu son pouco

 

É con satifación que me vexo, na vosa Páxina, entre duas figuras de Guillade. Nembargantes, penso que non son merecedor de acompañar a enorme figura humán do Arrasta e tampouco a de Xán Garcia de Guillade. O  Arrasta tocame profundamente porque era meu tio-avó e exerceceu muita influéncia na miña casa paterna. O Arrasta, a seu modo e dentro das suas posibilidades, era un enciclopedista. Era un home que tanto falava da mellor forma de alimentarse como, tal como dixestes, manifestava as suas inclinacións pola fotografia ou polo 7 Arte. Era lido; foi estudioso como no caso da fotografia e percatouse ca Natureza dá alimentos ceibes. Non soio fixo sombra con plantacións; tamém, plantou muita fruiteira polos camiños e carreiros de Guillade. Non fai moitos anos que na Ponde de Xil ainda havia duas maceiras  plantadas, unha nun carreiro e outra nun camiño, polo Arrasta . Foi, dentro do que coñezo, a auténtica figura de Guillade. Naide se lle pareceu. Naide trascendeu; naide Humanizou como ele. Non teño verbas para continuar a escribir sobor un verdadeiro mito da Aldea. Por iso, deixo esta pequena aportación e o meu humilde agradecimento ainda que non me vexa perto da grandeza do Arrasta. Ele creou Aldea - Sociedade; ele estava com a modernidade do seu tempo. Amigos; veciños: foi único. Plantemos fruteiras de fruito ceibe como ele; abramos o corazón á Arte. Vivamos.

Escobar e as pedras

Nos últimos días, Guillade ven aparecendo na prensa escrita por moi diferentes motivos: dende os musicais, coas actuacións de destacadas figuras do espectáculo como Manolo Escobar, ata outros menos lúdicos e máis polémicos, como os relativos ao asunto da reposición das pedras do adro da igrexa.

Festa Infantil

Festa Infantil

O vindeiro domingo 15 de xullo celébrase a IV Festa Infantil organizada pola Asociación "O Arrasta", entre as 17h e as 21h no Torreiro e o Adro da Igrexa.

Balón e Churrasco

Balón e Churrasco

Coincidindo coa mesma fin de semana na que se celebra o San Xoan, a Asoc. "O Arrasta" organiza un torneo de fútbol-sala entre os diferentes barrios de Guillade. Celebraráse o sábado 23 a partires das 17h no campo de futbito.

Posteriormente, e para recuperar as calorías perdidas, haberá unha churrascada na compaña da tradicional fogueira.

Letras Galegas 2012

Letras Galegas 2012

 

 

Este ano, as actividades relacionadas coa celebración do día das Letras Galegas comezará xa pola mañán na Escola Unitaria de Guillade, cun obradoiro de decoración organizado pola asociación "O Arrasta"; posteriormente, xa pola tarde e  no mesmo sitio, terá lugar unha festa para os máis cativos con música, globoflexia e xogos.  

De igual xeito, a asociacion de veciños "S. Gregorio" convidou ao grupo de teatro "Pena do Equilibrio" de Arcos, a representar ás 19h a obra: Miña nai por me casar, no Centro Cultural. Ao seu remate, actuará o grupo de pandereiteiras "As Fiuncheiras".