Blogia
Guillade

Local social

AUGA

En Guillade d'Abaixo existen dúas Comunidades de augas: Unha chamada “A Coelleira-Rebordiños” que abastece ó barrio de Carballede e parte de A Rañó (unhas once casas), e outra Comunidade de Augas que abastece ó resto dos barrios de Guillade d'Abaixo (Mourigade, Val, Ponte de Xil, Igrexa, Pazos, A Rañó (as restantes casas, que son máis de doce) e Reimonde).

 

A Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo levou a traída de augas ás casas hai aproximadamente uns 40 anos, e daquela construíu un depósito dunha capacidade de 80.000 litros no monte comunal, que naquel entón pertencía ao Concello de Ponteareas. Máis recentemente, polo ano 2006, construíu unha ampliación a ese depósito, con capacidade para 200.000 litros de auga. Esta comunidade de augas conta cuns 6 olleiros no monte comunal, cun caudal de auga moi variable do inverno ao verán. De feito, no verán sempre hai escaseza de auga, e iso sumado a unha mala xestión provoca que ao menos nos meses de agosto e setembro unha boa parte das casas padezan cortes diarios no abastecemento.

 

A asociación “A Coelleira-Rebordiños” reivindica a propiedade ou dereito de uso sobre dous olleiros de auga: Un situado no monte comunal de Guillade, e outro na súa orixe da auga de regadío, motivo polo que non puido ser aproveitado para uso doméstico no momento de construírse o depósito da Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo, e que agora, de xeito escuro, a Comunidade de “A Coelleira-Rebordiños” afirma ter legalizado de modo que pretenden apropiarse del para uso doméstico. ( este olleiro está a uns 100 metros de distancia do depósito mencionado neste parágrafo).

 

Os dous olleiros da Cuelleira teñen case tanta auga coma os 6 olleiros da Comunidade de Guillade de Abaixo e só abastecen a unhas 20 casas, mentres que a Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo abastece neste momento a máis de 120 casas. Non deberíamos compartir a auga entre todos?

 

Facemos as seguintes consideracións:

  1. Todos os olleiros sitúanse no monte comunal, e polo tanto deben ter un uso comunitario, sen discriminacións nin privilexios duns veciños sobre os outros. A auga é de todos/as e a todos/as e todas pertence por igual.

  2. A auga é un ben escaso, limitado, e atendendo a principios de xustiza debería repartirse dun xeito igualitario e equitativo entre todos os veciños

 

Na última reunión da Comunidade de montes de Guillade do día 2/3/14, a asociación “A Coelleira” solicitou por segunda vez (a primeira foi denegada pola Asamblea) a construción dun depósito nos montes comunais para almacenar a súa auga. A xunta rectora comprometeuse a levar a votación dita petición nunha próxima asemblea extraordinaria cuxa principal orde do día sería dita solicitude. E cabe destacar a intervención dun vocal matizando que o asunto en si concerne non tanto aos comuneiros/as como ás Comunidades de Augas.

 

A solución podería pasar por almacenar toda a auga nun mesmo depósito común para todos os afectados, pois xa existe un con suficiente capacidade, e polo tanto non sería preciso construír un novo depósito, e ademais garantir que se ofrece un reparto xusto, equitativo e igualitario de toda a auga do monte comunal, constituíndo se fose necesario unha nova directiva que integre a todas as partes e vele polo cumprimento das normas.

 

Podedes partcipar coa vosa opinión calquera que sexa, expoñéndoa dende o respecto, facendo click en “comentarios”; deste xeito contribuiremos a informar da situación a tódol@s veciños e veciñas, que finalmente terán o poder de votar á súa vontade nunha próxima Asamblea. Entre todos podemos axudar a entender e resolver mellor os problemas que nos concernen e así construir a nosa realidade do xeito máis satisfactorio posible.

Sen comentarios

Sen comentarios

(Nen reunións :-s)

(Foto montaxe sacada do Facebook de "Sonche de aldea")

Porposta de Concurso de Contos

Porposta de Concurso de Contos

 

Fago unha proposta e desculpen a ousadia.

Porque non se promove un CONCURSO LITERÁRIO?..

Reparen; digo Concurso e no digo Prémio porque seria unha cousa desligada da competetividade.

A groso modo, seria o que expoño:

Seria convocado un concurso de Contos, por exemplo, e se estimaria o tamãno do conto; por exemplo: de 5 a 8 follas de A4.

O recoñecimento do valor dos Contos poderia ser estimado por um grupo de persoas ou por un coleitivo máis amplio de membros da Asociación segundo  estimase a Asamblea da misma.

Como tal recoñecimento o autor/a ou autores que cativasen o gusto maioritário verian o seu conto publicado ( de forma simples e caseira para evitar gastos) e ademáis se lle poderia dar  as Obras Completas (ou un libro se a cousa do diñeiro anda escaso) de un autor de recoñecido valor nacido en Galicia; por exémplo: Emila Pardo Bazán; Valle; Torrente; Cunqueiro; Blanco Amor, etc.

Poderia escollerse para tal acontecimento un dia que a aldea estexa, normalmente, con afluéncia de persoas que viven nela, perto ou lonxe. Normalmente, é pola altura das festas do vrán, nembargantes, seria bó que a festa relixiosa non tropezase  con esta festa de xúbilo cultural e necesariamente aconfesional e se posible, tamén, laica.

Se vos parece interesante... forza.

A polémica da casa cultural no "Atlántico Diario"

O "ATLÁNTICO DIARIO" FÁISE ECO DA POLÉMICA E O CONFLICTO EXISTENTE EN GUILLADE:

 

www.atlantico.net/noticia/131495/irregularidades/obras/casacultural/

Tensión en Guillade

Tensión en Guillade

A mañán do pasado domingo 20 as cunetas de Guillade e algún que outro punto concreto encol a Cruz do Balado, apareceron con máis lixo do habitual, desta volta á tradicional presencia de plásticos, e residuos  houbo que engadir dúceas de panfletos que baixo o título: “Guillade-2011” (¿?) se animaba a “espertar” aos veciños/as contra o presunto investimento de cartos públicos que se está realizando na ampliación do Centro Cultural -onde tamén apareceu unha das tres pancartas que se colocaron a madrugada previa-, co texto: “Aquí cheira a basura”.

Este tipo de accións, son resultado da creciente tensión que se vive na parroquia dun tempo a esta parte, aínda que o acontecido este domingo implica un importante paso no agravamento da súa triste realidade social; unha situación que posiblemente non se mire favorecida pola cercanía das próximas eleccións municipais, xa que a nenguén se lle debe escapar que se ben as críticas do “misterioso”colectivo Guillade-2011, van claramente dirixidas contra a Asociación de Veciños S.Gregorio,  teñen tamén como obxectivo atinxir  a figura do alcalde de Ponteareas, debido o apoio que tradicionalmente ven dando  a construción do Centro Cultural.

Por último cabe sinalar, certo tipo de eivas ou carencias  existentes a hora de contrastar a información que plasma o “misterioso”colectivo Guillade-2011 nos seus comunicados  (e non tan só no que a inintelixible redacción de parte dos mesmos se refire: << Informamos aos veciños de que a posta a disposición nun documento privado para construir un centro cultural non é posible, posto que a disponibilidade dos terreos faráse “mendiante” documento público de titularidade do mesmo con expresión da súa libre disposición>>¿?) -xa que segundo os correspondentes documentos públicos-, os terreos nos que se sitúa o Centro Cultural foron postos a plena disponibilidade legal do concello de Ponteareas; de igual xeito tampouco se entende o estraño paralelismo que realiza o citado colectivo Guillade-2011 comparando unha  asociación veciñal de carácter público e carente de ánimo de lucro, con outro tipo de  entidades  privadas non transparentes e sen  afán de promover actividades  comúns.

 

Algúns chaman razonamento a encontrar argumentos para seguir crendo o que cren (Anónimo) 

 

La guerra del agua, Cochabamba, Bolivia, privatizacion del agua

XORNADAS SAHARA

XORNADAS SAHARA

Reunión San Gregorio

O sábado día 9 de xaneiro, a Asociación de Veciños San Gregorio reuniuse para falar das próximas actividades: Encontro de Coráis e tamén a próxima Festa do Antroido 2010.
Así mesmo, formouse a nova directiva para dita Asociación, quedando da seguinte maneira:
Presidente: Sara Rodriguez
Vicepresidente: Paco Barbosa
Secretario: Paco Costas
Tesoreiro: Manuel Gregores
Vocais: Generosa Cuiña, Ester Gómez e Verónica Groba

www.computrabajo.es

www.infojobs.net

 

O IMPOSTO DO LIXO

Todo veciño ó que lle pareza abusivo o precio polo servicio do lixo, pode recurrir: na oficina do ORAL ou no mesmo concello, pódese recoller unha folla para cumplimentar, e logo entregar xunto a unha fotocopia do DNI e unha copia da carta onde se pide o pago do imposto do lixo.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009071600_3_349066__Comarcas-cobro-recibo-basura-irrita-vecinos-rural-ponteareano

Que pasa coa biblioteca de Guillade que leva máis de tres meses cerrada e sin intencion de abrila?

Gustaríame saber se alguén me pode imformar porqué a biblioteca de Guillade leva pechada tanto tempo cando tiña tantos usuarios,  e cómo deixan que se estropee  todo  o material que nela hai!

A tvg en Guillade

A tvg en Guillade Como xa sabedes a tvg estivo en Guillade por motivo do peche da biblioteca. O grabado sairá no programa de Farruco que botan os mércores na galega. Parece ser que o retransmitirán o próximo mércores ou o seguinte. A ver que sae!

Entroido en Guillade

O domingo celebramos unha grande festa de entroido no local da Asociación de Veciños. Houbo moitos nenos, rapaces e non tan rapaces, todos disfrazados e tamén unha orquesta que alegrou a festa.

Déronse medallas aos gañadores, e na categoría infantil gañou Nicolás co seu disfraz de calabacín :-)


O resto das fotos podedes velas pinchando na de abaixo.

 

REVISTA

REVISTA Encantaríame que alguén se atrevese a retomar esta revista!

A biblioteca

A biblioteca Juani é a nova bibliotecaria, e dende eiquí dámoslle a benvida. Ten moitas ideas que esperamos poida levar a cabo con satisfacción.Entre éstas, a de fomentar a lectura involucrando a persoas de tódalas idades. E xa colocóu un buzón de suxerencias para aqueles que queiran comparti-las súas ideas. Neste momento ten organizado un concurso de postales: ten tres fases este concurso, e hoxe ten lugar a segunda fase. Mañán será a terceira e última fase. É un concurso especial que apela a distintas capacidades, entre elas á de saber pensar. Moita sorte!

Voluntariado e usuarios dunha ilusión

Saberedes que hai algún tempo suxerimoslle á Asociación de vecinhos de Guillade a creación dun espazo recreativo no local social, e á súa Directiva pareceulle boa idea. Pero as cousas de palacio van despacio.

Entretanto, ocorréuseme facer unha lista de voluntarios de Guillade, e he eiquí os que levo: Vanesa , Samuel, Johnny Maite, Lucas, Elisa. Tamén Xose Manuel ofreceuse para ensinar a xogar ó xadrez. Vanesa e Elisa ofrecéronse para levar a cabo un taller de manualidades semanalmente. Se ti tes algunha idea e queres colaborar para que haxa unha actividade constante en Guillade, apúntate neste blog e así sumaremos.

Sei que desafortunadamente, algunha xente ten intentado entrar neste blog e non consigue facelo, e é unha lástima, pero conseguiremos arranxar ese problema. Recordade que para publicar un artigo neste blog podedes ir ó menú principal, alí pinchar en "Publicar Artículo" e logo poñedes o voso nome e a contraseña "nico", escribides o artigo e acordádevos de gardalo. Despois nós xa o publicamos o máis depresa que poidamos.

Por outro lado, tamén fixen unha lista de futuros usuarios no caso de que conseguísemos un espazo recreativo na casa cultural, pois xa que dende a directiva da Asociación de vecinhos suxeriuse que non había nenos en Guillade: Noa, Tato, María, Suevia, Sandra, Fany, Cristian, Timi, Jessica... Estes sumados ós voluntarios xa suman uns cantos; pero aínda hai máis e se ti eres un ou sabes dalguén, únete á lista.

Local social

Necesitamos un local social onde xente de tódalas idades se reuna. É urxente que haxa no local social unha zona de recreo, con xogos educativos e onde se divulgue o arte e a cultura.

Reunión

O 24 de novembro hai una reunión ás 16.30 e ás 17 horas na Escola infantil de Guillade, convocada pola Asociación Arrasta.

Buzón de Suxerencias

Buzón de Suxerencias RASTRO EN GUILLADE Mercadillo para recaudar fondos para materiales, coma xogos ou proxectores…, para a casa da cultura e para Guillade.