Blogia
Guillade

Historia e cultura tradicional

Axenda Cultural

Axenda Cultural

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/04/Ponte-a-Portu-Gal-18_web-e-redes.jpg      

Un pequeno repaso á historia da nosa emigración a Lisboa

A relación Galicia – Portugal ven xa de tempos antigos obviamente, mais centrarémonos aquí nos últimos séculos dende o XVII. É a finales deste século cando Portugal comenza unha serie de transformacións económicas e demográficas moi significativas que teñen que ver coa colonización de Brasil e a aparición de minas de ouro e diamantes. Mentres, Galicia sufre crises agrarias,económicas e demográficas. Por outra banda, os galegos eran mellor acollidos en Portugal que en Castilla.

 

O “éxodo” ten moita presenza na Serra do Suído, Val do Tea e na provincia de Ourense fundamentalmente na Baixa Limia. Lisboa era o destino privilexiado.

 

No século XVII os galegos estaban asentados principalmente nestes barrios:

O Barrio da Bica, con fontes naturais

Santo Amaro, hoxe A Xunqueira, a beira do río

Despois espallaranse por toda a cidade. Pola súa orixe campesiña implementarán cambios na agricultura do lugar.

 

As actividades:

Augadeiros: 30.000 aguadeiros divididos en 29 chafarices

Taberneiros

Carboeiros

Recadeiros

Mozo de fretes

Servizos diversos

 

Gustan de ser autónomos

 

1755 Terremoto en Lisboa

1832 Constrúese o Aqueduto das Águas Livres

 

No século XIX os galegos empezan a comprar tabernas e edificios para alugar tabernas. Os afiladores Ourensáns tamén formaban parte da paisaxe lisboeta.

 

Comeza a Asociación da Xuventude de Galicia xa no século XIX.

HISTORIA DUNHA EMIGRACION DIFUSA. 500 ANOS DE EMIGRACION GALEGA A LISBOA

 

A obra, da colección Memoria Viva de Acuarela Comunicación, é o resultado de máis de dous anos de intenso traballo de investigación, procura de testemuñas, recompilación documental, recuperación e produción fotográfica.

Analízase, por primeira vez, un extraordinario legado e as ensinanzas dun feito migratorio intrapeninsular e intraeuropeo dos máis antigos e ricos do continente. A coidada edición, o valor histórico de máis de 70 historias de vida editadas e máis dun milleiro de fotografías antigas ou de produción propia converten o libro nunha obra de referencia e de consulta obrigada para elaborar unha nova perspectiva sobre a historia da emigración galega.

 

O autor de Historia dunha emigración difusa é Xan Leira. Esta publicación ten duascentas setenta e dúas páxinas.

 

Galicia Labrega: Fornelos da Ribeira 1931

Este video mostra a agricultura, a gandeiría e a feira de Ponteareas, a romería da Ascensión e a inauguración do local sindical. Película feita para a Sociedad Progresista Hijos de Fornelos y Anexos (Bos Aires) Estreouse no Sindicato Agrícola y Ganadero El Progreso, Fornelos da Riveira o 14-6-1931. Restauración: Arquivo da Emigración Galega (Consello da Cultura Galega) e CGAI (1999).

http://www.youtube.com/watch?v=Dx2Z1qnDIws&feature=share&list=PL071E8CA108634504

20130818141352-default.jpg

http://www.youtube.com/watch?v=bdKT2bEoegw

20130818165639-default-1.jpg

O video do primeiro enlace dura media hora, pero o segundo só 5 minutos centrándose na parte do primeiro video que mostra o labor do campo.

Música para as Letras Galegas

Música para as Letras Galegas

O vindeiro venres 17 conmemórase o día das “Letras Galegas”, e como ven sendo habitual nos últimos anos, a Asoc. de VV. San Gregorio organizou un acto co gallo da celebración desta xornada -que se suma a andaina promovida pola Asoc. O Arrasta- nesta ocasión vai ter acollida no centro cultural a partires das 20h, un concerto a cargo das agrupacións:

-“Amigos Afortunados”

-O grupo de pandereiteiras “As Fiuncheiras”

-“O Son da Triga”

 Ao mesmo tempo, aproveitase a ocasión para agradecer os esforzos da COMISION DE FESTAS DAS ANGUSTIAS 2013, por ter o acerto de traer a Guillade a BANDA DE MUSICA DE RUBIÓS, para poder disfrutar da magnífica interpretación que fixeron o pasado día 11, dalgunhas das mellores bandas sonoras do cinema (“A morte tiña un prezo”, “Robinson Crusoe”…) entre outras pezas. A súa vez, hai tamén que recoñecerlle a estes músicos o detalle de vir a ofrecer a actuación que no seu momento non poideron ofrecer por mor do mal tempo.

Os preparativos da alfombra...

Os preparativos da alfombra...

Un ano máis, xuntáronse no S.Gregorio durante varias tardes da semana pasada un bo grupo de persoas (case todas mulleres), por mor dos preparativos da alfombra de flores que tradicionalmente se ven realizando  no adro da igrexa a mediados de agosto, na data coñecida  popularmente como  "Domingo do Señor".

 

...O RESULTADO FINAL

Nesta ocasión, a alfombra servíu para festexar tamén a celebración de dúas vodas unha de prata e outra de ouro de dúas parellas da Parroquia.

Ciclo de Conferencias

Ciclo de Conferencias

“Guillade e a súa Historia” é o nome que recibe o ciclo de conferencias que acaban de comezar no Local de Veciños da man da Asociación S. Gregorio. A xornada de inauguración contou coa presencia do investigador  Juan Martinez Tamuxe, quen falou ante unha numerosa audiencia da pegada da cultura cultura castrexa e a súa evolución en séculos posteriores en Guillade, centrando boa parte da súa charla nos restos arqueolóxicos de Sta. Leocadia.

O ciclo de conferencias continuará en vindeiras datas con novas temáticas e convidados  como  o profesor e autor de varios libros “Pancho” Candeira, quen abordará a época da II República; así mesmo tamén se atopa no programa de actividades tratar temas tan próximos a moitos de nós como a emigración a Lisboa.

MARCHOU VIRXILIO VIÉITEZ

O fotógrafo galego de Soutelo de Montes Virxilio Viéitez finou a pasada semana envolto na atmósfera de modestia que sempre o acompañou. Un grande cronista da Galiza de mediados do século XX, que pese a ver como co tempo a súa obra viaxaba arredor do mundo de exposición en exposición (Barcelona, Francia, EE.UU...), nunca se viu a si mesmo como un grande artista.

De feito case se pode dicir, que aquilo do mundo dos recoñecementos, a entrega dos premios etc, nunca foi con el. Somos moitas as persoas que ao noso xeito -e coas limitacións propias dos afeccionados-, tentamos recoller ou plasmar con fotos, blogs, ou publicacións de distinto tipo, aquelas cousas e cousiñas que pasan preto de nós, polo que a súa perda implica en certo modo a desaparición dun referente nada pretencioso nen engreído.

Pero debemos de ser todos e todas, os que teríamos que laiarnos pola perda dun contador de historias visuais cotiás, que moi posiblemente sen pretendelo deixounos unha grande obra que nos permite hoxe coñecernos mellor grazas a laboura deste galego que marchou tal e como viviu: sen moitos foguetes, nen medallas Castelao, nen ser declarado galego do ano... (si é certo que recibiu premios, pero non tantos como merecía) senon máis ben todo o contrario: austeramente tratado, supoño que como el era: sobrio e cos pés na terra, aínda que enormemente respectado e valorado por todos os que o coñecían e por moitos que tivemos con conformarnos unicamente con apreciar e gabar o seu traballo.

Ver tamén a noticia no xornal Vieiros

Pódense ver máis fotos na web do centro de estudos fotográficos de Vigo.

Tamén na web Forcarei.net

San Xoan

San Xoan

San Xoan

San Xoan