Blogia
Guillade

AUGA

En Guillade d'Abaixo existen dúas Comunidades de augas: Unha chamada “A Coelleira-Rebordiños” que abastece ó barrio de Carballede e parte de A Rañó (unhas once casas), e outra Comunidade de Augas que abastece ó resto dos barrios de Guillade d'Abaixo (Mourigade, Val, Ponte de Xil, Igrexa, Pazos, A Rañó (as restantes casas, que son máis de doce) e Reimonde).

 

A Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo levou a traída de augas ás casas hai aproximadamente uns 40 anos, e daquela construíu un depósito dunha capacidade de 80.000 litros no monte comunal, que naquel entón pertencía ao Concello de Ponteareas. Máis recentemente, polo ano 2006, construíu unha ampliación a ese depósito, con capacidade para 200.000 litros de auga. Esta comunidade de augas conta cuns 6 olleiros no monte comunal, cun caudal de auga moi variable do inverno ao verán. De feito, no verán sempre hai escaseza de auga, e iso sumado a unha mala xestión provoca que ao menos nos meses de agosto e setembro unha boa parte das casas padezan cortes diarios no abastecemento.

 

A asociación “A Coelleira-Rebordiños” reivindica a propiedade ou dereito de uso sobre dous olleiros de auga: Un situado no monte comunal de Guillade, e outro na súa orixe da auga de regadío, motivo polo que non puido ser aproveitado para uso doméstico no momento de construírse o depósito da Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo, e que agora, de xeito escuro, a Comunidade de “A Coelleira-Rebordiños” afirma ter legalizado de modo que pretenden apropiarse del para uso doméstico. ( este olleiro está a uns 100 metros de distancia do depósito mencionado neste parágrafo).

 

Os dous olleiros da Cuelleira teñen case tanta auga coma os 6 olleiros da Comunidade de Guillade de Abaixo e só abastecen a unhas 20 casas, mentres que a Comunidade de Augas de Guillade de Abaixo abastece neste momento a máis de 120 casas. Non deberíamos compartir a auga entre todos?

 

Facemos as seguintes consideracións:

  1. Todos os olleiros sitúanse no monte comunal, e polo tanto deben ter un uso comunitario, sen discriminacións nin privilexios duns veciños sobre os outros. A auga é de todos/as e a todos/as e todas pertence por igual.

  2. A auga é un ben escaso, limitado, e atendendo a principios de xustiza debería repartirse dun xeito igualitario e equitativo entre todos os veciños

 

Na última reunión da Comunidade de montes de Guillade do día 2/3/14, a asociación “A Coelleira” solicitou por segunda vez (a primeira foi denegada pola Asamblea) a construción dun depósito nos montes comunais para almacenar a súa auga. A xunta rectora comprometeuse a levar a votación dita petición nunha próxima asemblea extraordinaria cuxa principal orde do día sería dita solicitude. E cabe destacar a intervención dun vocal matizando que o asunto en si concerne non tanto aos comuneiros/as como ás Comunidades de Augas.

 

A solución podería pasar por almacenar toda a auga nun mesmo depósito común para todos os afectados, pois xa existe un con suficiente capacidade, e polo tanto non sería preciso construír un novo depósito, e ademais garantir que se ofrece un reparto xusto, equitativo e igualitario de toda a auga do monte comunal, constituíndo se fose necesario unha nova directiva que integre a todas as partes e vele polo cumprimento das normas.

 

Podedes partcipar coa vosa opinión calquera que sexa, expoñéndoa dende o respecto, facendo click en “comentarios”; deste xeito contribuiremos a informar da situación a tódol@s veciños e veciñas, que finalmente terán o poder de votar á súa vontade nunha próxima Asamblea. Entre todos podemos axudar a entender e resolver mellor os problemas que nos concernen e así construir a nosa realidade do xeito máis satisfactorio posible.

2 comentarios

vecina guillade -

Mandouse unha carta fai mais dun ano para xuntaras traidas e nn tivemos contestacion, ahora q a temos legalizada temos dereito o noso deposito gustelle a quen lle guste.

veciña de guillade -

Increible nn sabes nin do que falas!! Nn tes nin idea un reparto xusto dice,como se nota de que lado estas,deberias ser mais neutral!!! Que cacicada de aldea!!! E da consellos de como facer,mira un consello vai as reunions,enterate e logo fala.