En Austria xa coñecen os montes de Guillade e Mouriscados

A pasada semana coñecéuse que o colectivo Montenoso -unha entidade coa que colaboran dende mediados do 2013 as Comunidades de Montes de Guillade e Mouriscados, en diferentes ámbitos - víña de obter un premio no Prix Ars Electronica 2014, un prestixioso certame internacional dentro do eido das artes dixitais e multimedia, que se celebra en Austria dende finais dos anos 80.
O galardón foi concedido no apartado de Comunidades Dixitais , é trátase da primeira vez que un proxecto galego recibe un premio dentro de dita categoría.
Precisamente, fai tamén escasas datas, a TVE-2 dentro do seu programa divulgativo “La aventura del saber”, emitía unha reportaxe sobre este colectivo, e a situación dos Montes Comunais da contorna urbana de Vigo, onde tamén se recolle un breve fragmento da mesa redonda a que se convidou a Comunidade de Montes de Guillade no Museo Marco de Vigo en marzo deste ano.
0 comentarios