Blogia
Guillade

Persoeiros de Guillade

A Coral de Guillade no Faro de Vigo

A Coral de Guillade no Faro de Vigo

Un campión

Un campión

Si hai dúas cousas claras en Ponteareas, e Guillade, é que se tratan de terras con grande tradición ciclista, e con fortes vínculos con Portugal. E se aínda por enriba unimos a bicicleta, Guillade e Lisboa, o resultado son máis de 600kms (índo pola costa) que o noso veciño Luciano Rodríguez, cubríu nunha semana cunha media de máis de 80kms ao día. E todo ísto, coa "barreira" dos 60 anos xa superada!! pero claro: a veteranía e experiencia son un "grado", e a fin de contas a idade só unha cifra. As "barreiras" son mentais.

"No fondo de nós mesmos, temos sempre a mesma idade"

(Graham Greene)

“Começou a Viagem” de José L. Montero

“Começou a Viagem” de José L. Montero

http://guilladenses.wordpress.com/2013/04/24/comecou-a-viagem-de-jose-l-montero/

Proposta de desenvolvemento local promovida por J.Mª. Bouzó Argibay

Proposta de desenvolvemento local promovida por J.Mª. Bouzó Argibay

A mediados do mes pasado, o Centro Cultural de Guillade acolleu unha charla-coloquio organizada pola Asociación de VV. S.Miguel, a cargo de José Mª Bouzó, José do Cabo, e presentada por Paco Barbosa.

Previamente, e a modo informal, o propio José do Cabo tivo tempo para intercambiar impresións e ideas con parte da directiva da Comunidade de Montes da Parroquia, unhas propostas que fóron detalladas posteriormente ante o auditorio, utilizando o ponente como fío conductor para a súa exposición, a súa propia “historia de vida”, xa que ao longo da aproximada 1:30h que durou o acto, José do Cabo foi servíndose das experiencias persoais e familiares para dar a coñecer as súas propostas de desenvolvemento económico para Guillade, sempre respectuosas co medioambiente e destinadas a pór en valor os recursos forestais e agrarios da zona.

Ditas propostas, terían como principais eixos de actuación o aproveitamento dos excedentes agrícolas da parroquia, tanto a nivel individual como colectivo (ovos, carnes, froita, legumes…) para a súa comercialización directa “en fresco” ou transformada (mermeladas por exemplo), e unha mellora do rendimento forestal da zona (englobando tanto o baldío como os montes particulares).

Evidentemente, o idóneo sería dispór ou artellar as medidas e ferramentas necesarias para a constitución dunha pequena cooperativa, colectivo ou axencia de desenvolvemento local que permitira agromar algún tipo de iniciativa máis formal e vertebrada capaz de afrontar o deseño xurídico, económico e formal que unha proposta deste tipo implica, e que vai máis alá do anteriormente exposto: xa que permite albiscar asentamento de poboación no rural, dotar a parroquia de recursos propios, xerar ilusións…

Pero bueno… é un primeiro paso. Do que non cabe dúbida, é que unha persoa que xa superou os 80 anos, e que lonxe de despreocuparse de todo, aínda ten ganas de facer cousas e mobilizar ideas, persoas e recursos, é alguén que merece todo o respecto, demostrando que ese termo tan de modo hoxe en día: EMPRENDEDOR, non ten por qué ser patrimonio da xente nova.

Xa era hora!!

Xa era hora!!

 

Por fin! despois de moito tempo o vindeiro sábado 23 de marzo actuará no Centro Cultural de Guillade unha das "nosas estrelas" máis novas: Fran Rodríguez, un Guilladense asentado en Vigo, quen para cumprir fielmente coa lenda de ser "profeta fóra da súa propia Terra", tivo que ter actuado acompañado do seu grupo Ke-Percussión primeiramente en dúceas de eventos (como no Festival Reperkusión de Ourense compartindo cartaz con Manu Chao),  e nos lugares máis variados para chegar finalmente a Guillade para deleitarnos co seu orixinal e sonoro espectáculo.

Graciñas, nembargantes, o Arrasta foi moito e eu son pouco

Graciñas, nembargantes, o Arrasta foi moito e eu son pouco

 

É con satifación que me vexo, na vosa Páxina, entre duas figuras de Guillade. Nembargantes, penso que non son merecedor de acompañar a enorme figura humán do Arrasta e tampouco a de Xán Garcia de Guillade. O  Arrasta tocame profundamente porque era meu tio-avó e exerceceu muita influéncia na miña casa paterna. O Arrasta, a seu modo e dentro das suas posibilidades, era un enciclopedista. Era un home que tanto falava da mellor forma de alimentarse como, tal como dixestes, manifestava as suas inclinacións pola fotografia ou polo 7 Arte. Era lido; foi estudioso como no caso da fotografia e percatouse ca Natureza dá alimentos ceibes. Non soio fixo sombra con plantacións; tamém, plantou muita fruiteira polos camiños e carreiros de Guillade. Non fai moitos anos que na Ponde de Xil ainda havia duas maceiras  plantadas, unha nun carreiro e outra nun camiño, polo Arrasta . Foi, dentro do que coñezo, a auténtica figura de Guillade. Naide se lle pareceu. Naide trascendeu; naide Humanizou como ele. Non teño verbas para continuar a escribir sobor un verdadeiro mito da Aldea. Por iso, deixo esta pequena aportación e o meu humilde agradecimento ainda que non me vexa perto da grandeza do Arrasta. Ele creou Aldea - Sociedade; ele estava com a modernidade do seu tempo. Amigos; veciños: foi único. Plantemos fruteiras de fruito ceibe como ele; abramos o corazón á Arte. Vivamos.

JULIA BOUZA

JULIA BOUZA

Foi un pracer ter asistido ó taller de Julia Bouza e escoitar a esta escritora natural de Guillade. Enlazo aquí o seu blog, http://juliabouza.blogspot.com/2005/02/cuando-el-mundo-era-un-tringulo_27.html

onde nos da a oportunidade de coñecer a esta muller posuidora dunha rica bagaxe que xenerosamente compartiu con nos a semana pasada no taller de contos organizado aquí en Guillade.

Arrasta

Arrasta

O Arrasta

O Arrasta

D. José María Giráldez Montero "O ARRASTA’. O primeiro en ter unha cámara fotografica na parroquia, resultou ser un gran afeccionado que, contando con laboratorio propio, adicouse a fotografiar as xentes e costumes de Guillade ao longo de moitos anos.

Naceu en Guillade en 1890. De novo emigrou a Portugal, onde traballou nunha industria da rama do carbón. Coa súa pequena fortuna, voltou á parroquia, onde demostrou ser un singular entusiasta en diferentes facetas culturais. Afeccionado á música, pertenceu á agrupación “Música do Rapa”, fundada en Guillade, e onde tocaba a frauta. Ao redor de 1954 abre ó público o "Salon-Cine Guillade" onde se proxectaban películas e se facían “bailes”,  o que lle dá moita vida á parroquia.

A el debe tamén Guillade as árbores que prantou na “Cruz do Valado”, no Torreiro da festa, Reimonde... De notoria intelixencia e memoria, aportou ás novas xeracións interesante información oral sobre as tradicións da parroquia.  Morreu en Guillade o 22 de Xuño de 1968, ós 78 anos.

José Luis Montero: artigos periodísticos

Facémoslle unha pequena homenaxe a un recoñecido escritor da nosa aldea, da Pontedexil. Durante máis de tres anos publicou artigos semanalmente nun xornal galego en internet, que se chama Xornal.com. Aquí podedes enlazar ós seus artigos. Un saúdo, compañeiro.

Trobador de Guillade

Xoan Garcia de Guilade Trobador, pertencente á escola galego-portuguesa (1.200-1.350). Atribúenselle 54 cantigas, das que 16 son de amor, 21 de amigo, 15 de maldicer e dúas tenzóns. Pode tratarse dun cabaleiro da corte de Afonso III de Portugal (1248-1279). 0 descoñecido do personaxe é compensado de abondo polo vigor da súa personalidade literaria e o interés da súa obra, a máis brilante e menos suxeita ós estrictos convencionalismos da escola. Da súa producción destaca poderosamente a mención duns ollos verdes, totalmente atípica, que causaron fonda impresión na sua época e na crítica moderna, con ampla descendencia ata o mesmo Camoes.