Blogia

Guillade

SAN XOAN 2011

SAN XOAN 2011

E ollo que en San Pedro as  cancelas tamen voan...

PRIMEIROS LUMES

PRIMEIROS LUMES

Na tarde do domingo 19 de xuño, contra as 17:30h aproximadamente, rexistrouse o primeiro dos incendios forestais deste ano 2011 na nosa parroquia; o lume detectóuse nas inmediacións da pista que comunica a Encostada coa nave de Albelle. Foi necesaria tanto a intervención aérea con helicóptero, como a actuación de varios reténs para a súa extinción.

Como lamentablemente ven sendo "tradición" nos últimos anos, xa non é a primeira vez que esta mesma zona sufre este tipo de actos, e sempre tamén a esta altura de tempada: a finais de primaveira e comezos do verán, sendo polo tanto un dos lugares que máis cedo recibe a visita dos pirómanos de turno, quenes aproveitan os primeiros días de calor forte para actuar.

SOLLA SERÁ ALCALDE DE NOVO

SOLLA SERÁ ALCALDE DE NOVO

 

Despois dunha intensa semana de envíos de comunicados á prensa,  xuntanzas entre os diferentes partidos, renuncias a ocupar cargos (Nava Castro optou por permanecer como Secretaria Xeral de Comercio, antes que como concelleira pese a ir de nº 2 nas listas), Salvador Solla foi escollido no pleno do día 11 cos votos dos membros do seu partido (9), algo que lle permitirá gobernar en minoría simple.

Por outra banda, mentres os concelleiros do BNG (5), ACIP (4), se votaron así mesmos, os 3 membros do PSOE se decantaron por votar en branco. Máis información pinchando aquí.

A comunidade de montes denuncia os vertedoiros de lixo no monte

A comunidade de montes tramitou a denuncia dun vertedoiro de lixo no monte, na zona da Encostada. Resulta vergoñento que nos tempos nos que vivimos continuen a perpetuarse prácticas propias de hai 30 ou 40 anos, cando os veciños tiraban todos os cacharros vellos que non lles servían en calquera burato do monte ou mesmo directamente no río.

É triste e lamentable que pezas de mobles vellos, pneumáticos de rodas, cadenas musicais, sillas de paseo de bebés, revistas, colchóns, botellas plásticas de lavavaixelas, etc... acaben nas beiras dos camiños do monte. A persoa que os deixou alí quedar seguro que quedou orgullosa de deixar limpa a súa casa, quizais sen saber que o único que fixo foi trasladar toda esa merda á casa de todos, que é o monte, e que eses trastos todos seguirán aí para a súa vergoña, e para a de todas as persoas que pasen por alí e tropecen con eles.

Non está de máis lembrar a todos os veciños que hoxe en día o concello ofrece un servizo gratuito de recollida de lixo de trastos voluminosos, como mobles, electrodomésticos, etc. para o cal só é preciso chamar ao número de teléfono que se atopa publicitado en moitos dos contedores que hai espallados pola parroquia. É o mínimo que debemos facer como sinal de respecto do medio ambiente e como unha mostra de boa educación.

Máis fotos pinchando neste enlace

RESULTADOS MUNICIPAIS 2011

As urnas falaron,  e  a diferencia das pasadas eleccións  municipais do ano 2007,  onde o BNG foi a primeira forza no concello,  desta volta foi o PP a agrupación política máis votada, éstes fóron os datos a nivel  parroquial (xunto a Cumiar), onde destaca a forte caída do BNG e o ascenso do PP, prácticamente cos mesmos puntos porcentuais, pero con distinto signo:

 

2011

2007

Crecemento %

BNG

59

93

-36,6

PP

155

114

36,0

ACP (UCPA no 2007)

98

121

-19,0

PSOE

60

84

-28,6

Esquerda Unida

1

(dato non dispoñible)

-

Ponte-Areias de Esquerda

9

(dato non dispoñible)

-

Fonte: Ponteareas Virtual e elaboración propia

E estes son os resultados totais, a nivel municipal, onde a simple vista, o PP foi o partido que máis votos gañou, pero porcentualmente o maior  crecemento respecto ao ano 2007 foi a cargo de E.U., cun incremento do 95,9%, co permiso dos votos en branco e os nulos, que prácticamente se duplicaron respecto aos rexistrados nos anteriores comicios. Respecto aos partidos da oposición, a ACP/UCPA é o grupo político que máis apoios perdeu (case un 30% menos), seguido do BNG cun 25,7% menos, e o PSOE cun 23% de votos perdidos en relación ao 2007.

 

2011

2007

Crecemento %

BNG

2.664 (5 concelleiros)

3.586(6 concelleiros)

-25,7

PP

4.842 (9 concelleiros)

3.320(6 concelleiros)

45,8

ACP (UCPA no 2007)

2.046(4 concelleiros)

2.898(5 concelleiros)

-29,4

PSOE

1.811(3 concelleiros)

2.353(4 concelleiros)

-23,0

Ponte-Areias de Esquerda

158

159

-0,6

Esquerda Unida

386

197

95,9

Censo electoral

18.009

19.867

-9,4

Abstención

33,8%

36,1%

-6,4

Votos Brancos

237

119

99,2

Votos Nulos

206

67

207,5

Fonte: Ponteareas Virtual e elaboración propia

Así pois, e sen tampouco entrar en demasiadas conxeturas, parece que o PP supo rendibilizar a recuperación de Nava Castro para as filas populares, en perxuízo da ACP/UCPA,  mentres que o BNG non foi quen de manter o constante ascenso ao que estaba acostumado dende mediados dos anos 90 (pode que algún voto se perdera entre os nulos e brancos –aparte dos que quedaron na casa, pese ao descenso da abstención-, e o PSOE, nun contexto moi difícil, tampouco consegue mellorar a tendencia que ven amosando dende fai tempo a nivel municipal e continúa perdendo votantes.

Recta final da campaña electoral

Recta final da campaña electoral

O próximo 22 de maio decidiráse o futuro goberno municipal dos 315 concellos galegos, no caso que nos toca: Ponteareas, seis partidos políticos optan a ter representación no seu consistorio, e cinco deles presentan candidatos da nosa parroquia, ou con oríxes nela:

-A.C.P: Francisco Sebastián ,Manuel Gregores e Manuel Seoane.

-B.N.G: Xosé Manuel David (Nelos).

-Esquerda Unida: Jorge Otero

-Ponte-Areias de Esquerda: Manuel Antonio Montero (Tó)

-P.S.O.E: Verónica Groba Iglesias

Celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Entre pandeiretas, lectura de poemas e a representación da obra teatral de Castelao “Os vellos non deben namorarse…”, festexouse este sábado 15 de maio no Centro Cultural de Guillade, o Día das Letras Galegas adicado desta volta ao poeta vangardista lucense Lois Pereiro  (Monforte de Lemos 1958 – A Coruña 1996).

A interpretación teatral correu a cargo da escola municipal do Porriño “Compañía Fontevella”, dirixida por Chelo Pampillón, mentres que xornada pechouse intercalando lectura de poemas coas  pezas interpretadas polas “Pandereiteiras de Areas”, e as “Fiuncheiras de Guillade”, a quen podedes ver na foto, unha agrupación local pero “internacional” (conta con integrantes nacidas en Inglaterra e Venezuela), ao igual que  a traxectoria  vital do propio protagonista da noite, Pereiro, quen pasou varios anos da súa intensa pero curta vida en países europeos, o que lle permitiu acadar amplos coñecementos de alemán, francés e inglés.

Pinchando aquí, tendes acceso a súa web oficial… E como lembranza a súa figura (marcada pola doenza do aceite de Colza), pómos aquí as duras palabras que escolleu para o seu epitafio:

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".

LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS

SÁBADO, DÍA 14 DE MAIO, COMO TÓDOLOS ANOS, FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS. ESTE ANO ADICADO A LOIS PEREIRO, PODEREMOS DISFRUTAR DA OBRA DE TEATRO DE CASTELAO "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE...DAS MOZAS NOVAS" PRESENTADA POLA COMPAÑÍA FONTEVELLA DE O PORRIÑO, BAIXO A DIRECCIÓN DE CHELO PAMPILLÓN, A CONTINUACIÓN UNS MINUTOS CON LOIS PEREIRO E REMATAMOS COA PRESENTACIÓN DAS PANDERETEIRAS "AS FIUNCHEIRAS" DE GUILLADE E "TOLERIAS" DE AREAS.

ROCK e FOLK

E non foi o fin do mundo! non pasou nada malo...os temidos rockeiros e amantes do botellón non botaron a igrexa abaixo nin esnaquizaron o Torreiro, ao contrario: o bo ambiente predominou o pasado sábado e domingo e todo aquel que quixo "moveu o esquelete" e divertíuse nas Festas das Angustias deste ano.

Foi unha pena que o tempo non acompañara, tampouco se cumplíu con exactitude o dito popular de <<Pascoas secas Angustias molladas>> (neste caso: máis ben: Pascoas molladas Angustias secas), pero dende logo que as pingueiras e as nubes non impediron que os asistentes o pasaran ben.

As actuacións de todos os grupos deixaron moi bo sabor de boca a todo o mundo, e sempre da gusto ver a xente de Guillade no palco actuando para os seus veciños (Damián de Radio Clik o sábado, Nelo -podedes velo aquí- e as pandereteiras no serán  do domingo...).

PARABENS E AGRADECEMENTOS A TODA A XENTE DA COMISIÓN DE FESTAS!!

SOLIDARIEDADE GUILLADENSE-SAHARAUI

SOLIDARIEDADE GUILLADENSE-SAHARAUI

O próximo  sábado 7 de maio, terá lugar un baile solidario co pobo saharaui  destinado a obter fondos para poder sufragar os costes das viaxes que se realizan anualmente   para poder  traer os nenos a diferentes puntos de Galicia  un verán máis, e poder romper durante unha breve tempada a dura rutina dos campamentos do deserto onde viven.

O baile estará amenizado polo Dúo Fantasía, e será as 22:30 no centro cultural de Guillade, sendo organizado pola Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en colaboración coa Asociación de Veciños S. Gregorio.

 

FESTA DAS ANGUSTIAS 2011

FESTA DAS ANGUSTIAS 2011

Este ano a comisión de festas das “Angustias”, seica se vai atrever a cambiar a clásica fórmula de “orquesta e máis orquesta”, por un formato máis  acorde cos tempos que corren e en certa medida orientada á xente moza, xa que de feito, son os máis novos os que máis están deixando de acudir ás festas das aldeas, e a ver si así pouco a pouco, van animándose a facer acto de presencia.

Posiblemente á falta de asistencia que se ven observando nos últimos anos se deba ao pouco interese que lles esperta un tipo de música e actuacións pouco atractivos para moitos deles. Ésta pode ser unha boa ocasión para ver que pasa: atrevámonos a comprobar se traendo grupos de rock a xuventude se deixa cair polo Torreiro, pero para iso hai que cambiar a inercia e tradición das últimas décadas, e dar un pequeno paso noutra dirección, o que non quita que se renuncie ás raíces, xa que tamén haberá música tradicional.

Seica se  albiscan cambios que poden chegar a mudar a forma de facer moitas cousas que corrían o risco de desaparecer.

Festa para todo o mundo, diversidade e bo ambiente.

ACTUALIDADE URBANISTICA

ACTUALIDADE URBANISTICA

O pasado luns 11 de abril no local da Asociación de Empresarios  de Ponteareas, tivo lugar un acto informativo sobre o PXOM organizado polo BNG, onde tamén se falou da situación da implantación do futuro parque empresarial. Dito acto, contou coa presencia do urbanista D. Pino (ex-director do Instituto Galego de Vivenda e Solo) e o arquitecto X. Rivas (ex –Xerente de Urbanismo do Concello de Vigo), quenes expuseron con datos, planos e gráficos a actual situación urbanística municipal, no ateigado local desta Asociación situado na rúa Esperanza.

Durante as máis de dúas horas que durou o acto, foron debullandose pouco a pouco os principais atrancos cos que se atopa tanto o desenvolvemento do PXOM (atópase na fase de  “Anteproxecto de Planeamento - Inicio), como a creación do parque industrial de Ponteareas, sinalándose motivos de índole económica –a actual crise-, políticos– a deixadez por parte do Concello a hora de dinamizar o planeamento, pese a ser un dos motivos esgrimidos no 2002 para realizar a moción de censura que afastou da Alcaldía ao bipartito existente naquel momento-, así como a inherente lentitude burocrática das diferentes administración á hora de tramitar documentos desta índole, que pese a súa complexidade e relevancia non xustifican os máis de 8 anos empregados na súa redacción, máis de 2.000 suxerencias e os máis de 700.000€ gastados sen avances significativos.

Durante a rolda de preguntas aos expertos, saíron a superficie interesantes debates e asuntos que perfectamente poderían dar lugar a novas charlas e xornadas informativas, como o peso e importancia que xoga a PLISAN no contexto do Condado, ou a maior permisidade coa que a priori se  está dotando a este novo PXOM, en comparación coa anterior proposta do 2005 (declarada nula), á hora de permitir unha maior e posiblemente excesiva  edificabilidade, aumentando nun 70% os metros cadrados delimitados para tal fin respecto aos contemplados no 2005.

Como remate, falouse sobre a viabilidade  de rematar en  aproximadamente 20 meses o actual documento, un prazo realista para a empresa GOC –redactora do PXOM-,  e difícil de precisar ou asegurar para os técnicos convidados ao abeiro do sen fin de complicacións e atrancos, especialmente administrativos, que aínda se poden presentar polo camiño.

Todas as persoas interesadas na información relativa a este asunto, teñen a información transmitida polo Concello á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enlace

FATAL... NON NOS QUEDA NEN PORTUGAL!

 OS VAMPIROS (ZECA AFONSO)

No céu cinzento sob o astro mudo
Batendo as asas Pela noite calada
Vêm em bandos Com pés veludo
Chupar o sangue Fresco da manada

Se alguém se engana com seu ar sisudo
E lhes franqueia As portas à chegada
Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada [Bis]

A toda a parte Chegam os vampiros
Poisam nos prédios Poisam nas calçadas
Trazem no ventre Despojos antigos
Mas nada os prende Às vidas acabadas

São os mordomos Do universo todo
Senhores à força Mandadores sem lei
Enchem as tulhas Bebem vinho novo
Dançam a ronda No pinhal do rei

Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada

No chão do medo Tombam os vencidos
Ouvem-se os gritos Na noite abafada
Jazem nos fossos Vítimas dum credo
E não se esgota O sangue da manada

Se alguém se engana Com seu ar sisudo
E lhe franqueia As portas à chegada
Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada

Eles comem tudo Eles comem tudo
Eles comem tudo E não deixam nada

http://www.youtube.com/watch?v=ZUEeBhhuUos

http://www.youtube.com/watch?v=QYVu-_qKD2I

netiquetate

netiquetate

http://www.netiquetate.com/RRSS/pdf/netiqueta-joven-redes-sociales-poster.pdf

Mitoloxía, idóneo para nenos

Mitoloxía, idóneo para nenos

http://cuentos-infantiles.idoneos.com/index.php/Cuentos_mitol%C3%B3gicos/Los_dioses_griegos

Mercar e tirar, tirar e mercar

Ata fai pouco nunca tíña ouvido falar da palabra "obsolescencia", pero dun tempo a esta parte, con todo o tema da crise económica debates encol a escasez e a reutilización de produtos básicos e de consumo, é máis frecuente atopar  nos medios de comunicación programas que abordan estes  asuntos; creo que non está de sobra enterarnos de que vai iso, temos máis información pinchando aquí

A polémica da casa cultural no "Atlántico Diario"

O "ATLÁNTICO DIARIO" FÁISE ECO DA POLÉMICA E O CONFLICTO EXISTENTE EN GUILLADE:

 

www.atlantico.net/noticia/131495/irregularidades/obras/casacultural/

Tensión en Guillade

Tensión en Guillade

A mañán do pasado domingo 20 as cunetas de Guillade e algún que outro punto concreto encol a Cruz do Balado, apareceron con máis lixo do habitual, desta volta á tradicional presencia de plásticos, e residuos  houbo que engadir dúceas de panfletos que baixo o título: “Guillade-2011” (¿?) se animaba a “espertar” aos veciños/as contra o presunto investimento de cartos públicos que se está realizando na ampliación do Centro Cultural -onde tamén apareceu unha das tres pancartas que se colocaron a madrugada previa-, co texto: “Aquí cheira a basura”.

Este tipo de accións, son resultado da creciente tensión que se vive na parroquia dun tempo a esta parte, aínda que o acontecido este domingo implica un importante paso no agravamento da súa triste realidade social; unha situación que posiblemente non se mire favorecida pola cercanía das próximas eleccións municipais, xa que a nenguén se lle debe escapar que se ben as críticas do “misterioso”colectivo Guillade-2011, van claramente dirixidas contra a Asociación de Veciños S.Gregorio,  teñen tamén como obxectivo atinxir  a figura do alcalde de Ponteareas, debido o apoio que tradicionalmente ven dando  a construción do Centro Cultural.

Por último cabe sinalar, certo tipo de eivas ou carencias  existentes a hora de contrastar a información que plasma o “misterioso”colectivo Guillade-2011 nos seus comunicados  (e non tan só no que a inintelixible redacción de parte dos mesmos se refire: << Informamos aos veciños de que a posta a disposición nun documento privado para construir un centro cultural non é posible, posto que a disponibilidade dos terreos faráse “mendiante” documento público de titularidade do mesmo con expresión da súa libre disposición>>¿?) -xa que segundo os correspondentes documentos públicos-, os terreos nos que se sitúa o Centro Cultural foron postos a plena disponibilidade legal do concello de Ponteareas; de igual xeito tampouco se entende o estraño paralelismo que realiza o citado colectivo Guillade-2011 comparando unha  asociación veciñal de carácter público e carente de ánimo de lucro, con outro tipo de  entidades  privadas non transparentes e sen  afán de promover actividades  comúns.

 

Algúns chaman razonamento a encontrar argumentos para seguir crendo o que cren (Anónimo) 

 

Campamento de verán

Para máis información prema en

Subvencións