Tensión en Guillade

A mañán do pasado domingo 20 as cunetas de Guillade e algún que outro punto concreto encol a Cruz do Balado, apareceron con máis lixo do habitual, desta volta á tradicional presencia de plásticos, e residuos houbo que engadir dúceas de panfletos que baixo o título: “Guillade-2011” (¿?) se animaba a “espertar” aos veciños/as contra o presunto investimento de cartos públicos que se está realizando na ampliación do Centro Cultural -onde tamén apareceu unha das tres pancartas que se colocaron a madrugada previa-, co texto: “Aquí cheira a basura”.
Este tipo de accións, son resultado da creciente tensión que se vive na parroquia dun tempo a esta parte, aínda que o acontecido este domingo implica un importante paso no agravamento da súa triste realidade social; unha situación que posiblemente non se mire favorecida pola cercanía das próximas eleccións municipais, xa que a nenguén se lle debe escapar que se ben as críticas do “misterioso”colectivo Guillade-2011, van claramente dirixidas contra a Asociación de Veciños S.Gregorio, teñen tamén como obxectivo atinxir a figura do alcalde de Ponteareas, debido o apoio que tradicionalmente ven dando a construción do Centro Cultural.
Por último cabe sinalar, certo tipo de eivas ou carencias existentes a hora de contrastar a información que plasma o “misterioso”colectivo Guillade-2011 nos seus comunicados (e non tan só no que a inintelixible redacción de parte dos mesmos se refire: << Informamos aos veciños de que a posta a disposición nun documento privado para construir un centro cultural non é posible, posto que a disponibilidade dos terreos faráse “mendiante” documento público de titularidade do mesmo con expresión da súa libre disposición>>¿?) -xa que segundo os correspondentes documentos públicos-, os terreos nos que se sitúa o Centro Cultural foron postos a plena disponibilidade legal do concello de Ponteareas; de igual xeito tampouco se entende o estraño paralelismo que realiza o citado colectivo Guillade-2011 comparando unha asociación veciñal de carácter público e carente de ánimo de lucro, con outro tipo de entidades privadas non transparentes e sen afán de promover actividades comúns.
Algúns chaman razonamento a encontrar argumentos para seguir crendo o que cren (Anónimo)
59 comentarios
unha veciña de guillade -
unha veciña de guillade -
así mejor -
unha veciña de guillade -
usuario -
Anónimo -
Unha boa esposición denota credebilidade e respeto, ainda que esté equivocada, e unha esposición desordeada e esquiva so pode convencer a aqueles que teñen fé e non sopesan as cousas de forma obxetiva.
Despois de ler as opinións deste blog, quixera destacar o desorden e a falta de respeto que se aprecian nesta "conversación".
Considero que a boa educación e o respeto polos demais é fundamental para chegar a bo porto. O que non observe estas regras básicas de civismo e convivencia quedarase so inevitablemente, igual que o neno co cal ninguén quere xogar, porque non comparte os xoguetes e non respeta as regras do xogo.
É moi fácil esconderse detrás dun seudónimo e largar o que che veña en gana, pero hay que ter coidado, porque podes dañar a "imaxe" do colectivo que defendes ou representas.
Con isto quixera chamar a atención do colectivo Arrasta (independientemente de que teñan razón, seguro que sí) para suxerirlles un pouco de moderación nas súas actuacións e comentarios, xa que corren o risco de quedarse sos, como quedou de manifesto na reunión convocada en favor da unión, porque iso de "moitos veciños" é relativo, tendo en conta o nº de habitantes, excluindo ós menores e os que "non son de Guillade"... Tamén pode ser que a maioría da parroquia non queira a unión ¿?
Respecto ó Centro Cultural, considero que se tiña que ter formado unha comisión de seguimento dende o primeiro momento, composto por menbros de TODOS os colectivos (futuros usuarios), para ver de que maneira se están executando as obras, o estado da documentacion, etc., e así evitar malos entendidos ou malas intencións por parte de nadie. Este é un erro moi grande por parte da A.A.V.V., que tiña que ter proposto dita comisión (o mellor fíxoo, non estou enterad@), pero tamén o é por parte dos demáis colectivos (firmantes dun documento no que acreditan estar de acordo co investimento público para a creación dun centro cultural no terreo cedido para tal fin pola A.A.V.V.) que non demandaron (propuxeron) dita comisión. Quen cala otorga.
Espero que se calmen os ánimos e se poidan conseguir cousas positivas para a nosa comunidade con axuda de todos. Está claro que nunca vai chover a gusto de todos e por sorte cada un ten o seu punto de vista e a súa opinión, pero temos que entender que si non se fan concesións, se achegan posturas e se olvidan os prexuicios, non vamos saír deste círculo vicioso de rencillas, envidias e cacicadas que algúns parece divertir ou favorecer. A río revolto...
Quixera aproveitar para agradecer o colectivo ou persoas responsables da colocación das pancartas informativas, a súa responsavilidade e compromiso co medio ambiente, ó proceder a retirada das mesmas unha vez finalizada a súa función informativa. O seren de plástico, constituían un atentado para o medio no suposto de seren abandoadas. Poderían acabar en calquera parte. Por isto, reitero a miña gratitude hacia aqueles que son conscientes das súas responsabilidades cívicas e respetan aquilo que é de todos: o entorno no que temos a sorte de vivir.
Non pretendo ofender a nadie nin engadir máis leña da que arde, só pretendo facer un chamamento a concordia e a unidade, por o ben de todos. As criticas espostas aquí non son mais que propostas a ter en conta que, ó meu parecer, axudarían a minimizar o conflicto. So pretendo ser imparcial e obxetiv@: analizar os feitos dende o sentido común, sin apoios a uns ou a outros. Quen estea libre de pecado...
Animo ó colectivo Arrastra a que continuen na busqueda da verdade e da legalidade, o cal favorece a todo o mundo, pero sempre dende a responsabilidade e o respeto, sen demagoxias nin victimismos. A verdade non necesita de "bombo e platillo", fala de por si.
Estou avert@ a calquera crítica ou aclaración, xa que pode ser que espuxera algunha mentira
Unha veciña de guillade -
unha veciña de guillade -
solla -
EXPLICACION -
A ver si así conseguimos que a cousa se relaxe un pouco. Agardamos a comprension de todo o mundo :)
BO FIN DE SEMANA
unha veciña de guillade -
Anónima -
"O do teatro e o do bingo non son xustificacións (por certo cando puxeron a nosa disposición o bingo estaban nun local provisional polo cal pagaban un aluguer, polo tanto sí o puxeron a nosa disposición)".
Preguntome eu donde era ese local provisional, xa que por moitos rumores que hay que no último local que estuveron, pagaban aluguer, eso é MENTIRA!!!!! NON PAGABAN ALUGUER ALGUN!!!!!!
A cabeza non para¡ -
Esta xente non che anda con chiquitas, algúns dos seus membros búscan representarse no concello. Dos que se componen na xunta directiva seica se cansaron algúns ¡ainda acaban de empezar¡ todo hai que dicilo, as contas ben resumidas parecen convencer, presentan contas das actividades e tamén dos sorteos que realizan desde setembro a decembro do 2010, presentando unas contas dos sorteos de 6800 de beneficios en catro meses mentres que Asoc. de veciños San Gregorio presentaron as suas contas, unhas contas un pouco raras e cando digo raras é porque mezclan todo, sorteos con subvencións, subvencións con arranxos e arranxos con donativos, etc, etc.
Eu digo, cando adianto uns cartos(940 ) que logo os vou a ingresar por subvención terei que xustificar os gastos, e non o fan, transfiren os cartos e despois os cobran (fallo do contable).
Reparación e conservación 892.66
Cando se fai un arranxo e hai un seguro dun vehiculo implicado, o que danou o andén, hai un peritaxe dos danos e que non se xustifiquen ¿ou é que os gastos son maiores dos que se xustifican?
Sigo analizando, traslado o centro cultural. Este colectivo, Asoc. San Gregorio, ¿desde setembro a decembro non vendeu coca colas ou cafés nos seus sorteos? Nas contas como vexo varios premios e premios varios non vexo o ingreso taberna, bueno, invitáronos a todos, ¡hai señor tesorero¡ Eu sempre pensei que as obras fosen subvencionadas o 100 %, non debe ser así (obras casa cultural 2586,21) ¡un pouco de zahorra puido ser¡
Xa non quero votar contas os mais de 13 anos que se levan facendo sorteos porque se lle aplico a media do Arrasta compraríase o centro cultural e o terreo enteiro e sobrarían cartos, bueno 48.000 en estes 13 anos non está mal xa que o resto repartíronos as comisións de festas e os pequenos arranxos porque obras de grande inversión non se fixeron. Bueno, as actividades tamén valen cartos senón que llo pregunten os do Arrasta.
Administradores, iso que o centro non botou a andar, non che digo nada cando esté.
Ano 2010
Ingresos 43960,85
Gastos 45191,60
Resultado negativo 1230,75
Claro, parte dos gastos(6288,84) do 2010 son do préstamo pendente con Sara Rodríguez, os 288,84 serán de intereses ou son a fondos perdidos? (noon, é sin intereses)¿e como pode ser que haxa tantos gastos, será que se compraron cortinas, sillas, uns deshumidificadores e un escenario, porque outra cousa non vexo? Ou os donativos quedáronse cortos? (4500+ anónimo cortinas) a próxima vez fagan ben os presupostos.
Al señor contable
O seu traballo é de respetar, so lle falta un pouco de presentación a hora de agrupar, díganme o desglose de iva de compras(non se sabe de cales) será por qué están exentos del e quéren reclamalo ou será, qué será .
Bueno, a próxima vez mándenme as contas antes da asamblea ¡por certo, que non puiden ir e tamén dicirlles que se me queren contratar como contable da coral, porque supoño que esta terá uns gastos e uns ingresos, non? Creo que todo o que conto aquí está documentado e non mo estou inventando, tendes moito que mellorar.
Nota: mándenme os estatutos, por favor.
Sonia -
Sonia -
saturno -
AVISO -
Son unha das persoas que administra o blog, tendo en conta os reiterados insultos que están aparecendo un día si e outro tamén, se procederá polo ben común a eliminar aqueles comentarios ofensivos ou amenazantes a partir deste momento.
Ao mesmo tempo, fáise unha chamada a sensatez e a evitar descalificar a terceiras persoas. Este blog non ten como obxectivo constituirse nunha arma arroxadiza, en todo caso debería ser un instrumento de contraste de ideas.
Fagamos o posíble por respectar aos que pensan de forma diferente, sen necesidade de ter que eliminar comentarios, que é algo moi triste; apostando pola madurez e co ánimo de templar os ánimos reciban un saúdo.
unha veciña de guiillade -
Ufido -
unha veciña de guillade -
unha veciña de guillade -
unha veciña de guillade -
unha veciña de guillade -
DESPEDIDA -
Volvendo ao teatro e ao do bingo, si o comentei é para que se contextualizase a situación e para poñer en antecedentes os feitos que actualmente están ocorrendo.
Tamén quero decir que a miña experiencia é que os da Asoc. Veciños San Gregorio nunca me falaron mal dos da Asoc. Arrasta , nembargantes o da Asoc. Arrasta incluso antes de crearse nun magosto organizado pola Asoc. Veciños San Gregorio alá polo ano 2005/2006 si non me falla a memoria, o actual presidente da Asoc Arrasta dixome a min e a outros alí presentes que ía a vivir para Guillade (daquelas vivía en Mondariz) e que había que organizarse para acabar coa Asoc. Veciños, pondonos a cair dun burro a Victor e a Sara, pareceume unha mera declaración de intencións sen mais trascendencia, motivada polo carácter impulsivo do presidente en cuestión, non lle fixen moito caso e ata me fixo gracia (do Victor tampouco tiña moi boa opinión agora pareceme un santo ao lado desta xente)
A conclusión que saco, é que o do centro é unha excusa (que si o centro está nun terreo da asoc. de veciños, pero esquecevos que o mercaron co seu esforzo). Por detrás das súas accións está acabar coa Asoc. Veciños San Gregorio, ou sinon fixadevos en anteriores comentarios, (acabaran no olvido, mal recordo, vaiase Sñor ..), como vos digo o do centro e unha excusa, o OBXECTIVO É: ACABARAN NO OLVIDO, MAL RECORDO, VAIASE SEÑOR .
Ademais, informeime pola miña conta cun profesional do dereito coñecedor da realidade de Ponteareas, expliqueille o que estaba sucedendo e dixome que este procedemento e frecuente, tense feito en mais parroquias de Ponteareas, e nunca houbo ningún problema.
Confio na Asoc. Veciños San Gregorio.
E AGORA DESPÍDOME: non me apetece demasiado colaborar a quentar aínda máis o ambiente, dende fai un par de días a xente empeza a insultar e iso non é positivo.
ATA SEMPRE, QUE VOS VAIA BONITO
unha veciña de guillade -
SDP11 -
unha veciña de guillade -
anónimo -
AQUÍ CABEMOS TODOS, VIVAMOS E DEIXEMOS VIVIR
unha veciña de guillade -
unha veciña de guillade -
DISGUSTADO -
Tamén teño entendido que na festa de San Juan fixeron un teatro no que se burlaban e mofaban da AAVV San Gregorio e do centro cultural, pareceme moi pouco elegante.
Que están pasando en Guillade? Non me parece ben.
Quero expresar a AAVV San Gregorio o meu agradecemento.
O tempo está pondo a todo mundo no seu sitio, estes feitos non teñen xustificación.
Non teño nada mais que decir.
unha veciña de guillade -
unha veciña de guillade -
boing -
guillade -
Anónimo -
SDP11 -
anónimo -
anónimo -
Herba mala nunca morre!
Anónimo -
MEJOR NO FIRMO
Anónimo -
Si te consideras de la asociación de vecinos de san Gregorio, eres consciente de donde estas metido???
Quién es victima de quién????? para ser imparcial, y para poder arrimar el hombro libremente a la asociacion de San Gregorio.... has consultado y hablado con algún mienBRo de O Arrasta para que te puedan informar y puedas decidir quién tiene la razón ????? Te ánimo a que lo hagas. No son Gentuza.
Anonimo III
postdata. aviSo a Ufido. Por favor CIERRA LA VENTANA.
Anónimo -
pregunta -
Anónimo -
o castrismo, alternativa cidadaná, etc, penso que no teu cerebelo hay unas gañas de levar este tema hacia outros lugares,,,
que ten que ver a política con todo isto. Eu penso que tes un problema de visión, parece que hoxe tes moito tempo para difamar
parece que e festivo. deixa en paz a xente. Se queres un club de amigos, vete al facebook.
un MANDELA
Anónimo -
un partido politico, cando eu persoalmente non sigo nin voto a Castro nin a ACPA. ¿ Como pode alguen acusar o difamar
de algo tan grave?. dicir que somos fillos de Catro se ningun fundamento. E se asi fora, que neste caso non o son, cada un e libre
de defender a sus ideas policitas, e votar por quen quere. Dame vergoña ver que persoas do mesmo ideal politico que eu defendo, formen
parte da Asociacion San Gregorio, e fagan o que estan facendo, non velar por los intereses de todolos cidadans , senon por
los intereses de "VICTOR Y SU AMIGOS".
Deberia de caerlle a cara de vergoña, dame noxo esta xente coa que comparto ideas politicas e que non queiran defender a democracia e a
igualdade para todos.
No caso albelle, pedras e igrexa, naquel tempo non existia a asociacion ARRASTA, por que senon teña de seguro que nada dixo houbese acontecido.
Naquel tempo xa existia una asociacion para velar por los intereses do pobo, e que foi o que fixerón, ou o que non fixerón?. iso sabeno eles.
polo que vexo o autor "atlantico diario" pertence a directiva da asociacion de veciños san Gregorio ( xa sei que eres, ja ja ) se vos dedicasedes a
intentar solucionar a problematica actual en vez de desviar a atención por outros temas que non veñen a conto, este pobo viviria en paz.
potsdata. Un edificio construido nun terreo privado, pertence o dono do terreo.
VENUS
Anónimo -
Me da la risa los comentarios sobre los montes de albelle, digo yo que tendra que ver todo esto, que quien tiene la culpa de aquello, ARRASTA????????????????????????????, siempre procurando desviar y mezclar y engañar, etc.
Tambien me da la risa el tema politica mecionado, ACP, Solla, Castro, que tendra que ver en todo esto. creo que tenemos serios problemas de comunicación entre todos. En mi primer comentario realice una seria de preguntas a las persona que habia hecho el comentario sobre TENSIÓN EN GUILLADE, y no se ha molestado a contestar, porque no puede. decir ahora que se va a realizar una reunión abierta, pero por favor, a quién quieren engañar. Como ahora????????? y porque ahora???????????. No se dan cuenta que TODOS estamos interesados que en Guillade haya Casa Cultural. Es de ignorantes pensar que Arrasta busca tirar para atrás nada. No es eso, es que las personas que se encargan de dirigir el Centro Cultural, no son claras ni transparentes en sus acciones, y en vez de tener la amabilidad de querer mantener dialogo abierto con cualquiera, se dedican a juzgar y a atacar a los mienbros de Arrasta con temas políticos. Dejen los prejuicios en casa por favor, y si no , no salgan de sus casas.
POR ULTIMO, Y ME DESPIDO HASTA NUEVOS COMENTARIOS, QUE CIERTA PERSONA COMENTO EXPRESAMANTE Y CON TESTIGOS DELANTE, A UNA PERSONA QUE SE ENCONTRABA DENTRO DEL RECINTO DE LA CASA CULTURAL "QUEN ES TI PARA QUITAR FOTOS NUN TERREO PRIVADO".
NO TENGO NADA MAS QUE DECIR. Si no hay intención por parte de todos, evidentemente esto no tendra solución, y por favor olvidense de montes, de piedras, de Castro, de elecciónes, etc, parace que la radiación de Japón ya ha llegado a algunas casas de Guillade. PELIGRO. Ufido cierra las ventanas por DIOS.
Anónimo III
ATLÁNTICO DIARIO (28/3/11) -
#8 Comentario de: puntualizando
Reportar abuso Lunes 28/03/2011 a las 12:14
La asociación Arrasta está ligada y relacionada con la organización política ACP, una escisión del PP local bajo la órbita de la familia Castro y algunos constructores de la zona-, desde hace años, el enfrentamiento interno entre miembros de la derecha pontareana ha sido notable, hasta el punto de que de cara a las próximas elecciones, el presidente de la Diputación no ha podido sembrar la paz, y conseguir una lista política unida bajo las siglas del PP.
Este factor me parece muy importante para entender lo que está pasando en Guillade y otras parroquias de Ponteareas: la familia Castro moviliza todas sus fuerzas para atacar al alcalde Solla, para ellos es un reto personal conseguir más votos que el PP, aunque seguramente luego van a tener que unirse (una vez más) para seguir en el poder; ¿como consiguen esto?, muy fácil: utilizando todos los medios a su alcance, en esta ocasión cargan contra la asociación de vecinos de Guillade, porque la presidenta es la esposa de uno de los concejales populares del concello, al mismo tiempo que hay muchos simpatizantes de otros partidos que ocupan puestos en su directiva y colaboran desinteresadamente con la misma
Seguro que si no hubiera elecciones el ambiente sería otro, y los chicos de Castro en Guillade se dedicarían a hacer sus fiestas de carne ao caldeiro sin que nadie se lo prohibiera ni les boicoteara (como ellos hacen), y aquí paz y después gloria. Y que yo sepa los de la Comunidad de Montes hacen sus reuniones en el local de vecinos y nadie se lo ha impedido no van los que no quieren
Ufido -
Ufido -
En relación có escrito por "unha veciña de Guillade", en canto ó que leva feito a asociación de veciños, dicirlle que se cuide esa memoria. Por outro lado, dicir que ata o de agora non se lle vetou a entrada ó centro a ninguén, nin hai intencións de facelo, pois claramente a Asociación de veciños cedeu o terreo para o disfrute de TODOS. Se coñece algún veto por favor comuníqueo.
Para alegría de todos, anunciar que pronto se creará unha comisión onde todas as asociacións de Guillade estean representadas para levar a organización do centro.
A TODOS, pasade unha boa semana!
Ufido -
unha veciña de guillade -
Ufido -
Ufido -
veciña de guillade -
Anónimo -
É meu deber como veciña de Guillade emplazalos para que vaian iniciando as accións pertinentes para demandar os feitos anteriormente expostos, que si son ilegais e que son un ataque contra o noso patrimonio arqueolóxico e cultural, e que deixen en paz a quen está traballando para acabar o centro cultural que tanta falta nos facía na nosa parroquia.
Anónimo -
anonimo -
anonimo -
Anónimo -
Simplemente deseemos que los que tienen la mano para aclarar la verdad, demuestren realmente lo que hacen, lo hacen por Guillade, no por intereses propios.
Anónimo III