Blogia

Guillade

Auga

"Agua que furas pedra, e arrastras terras do arco da velha, torrentes caminho do mar da nosa vida. Nesta fronteira entre a vida e a morte, entre a fonte e o mar.

Para nós nunca serás un bem económico, sempre máis bem unha companheira-amiga, escondida nas profundezas do bosque, frondosa, secreta, deitada no regazo da nai terra..."

montesdeguillade.blogaliza.org/category/a-auga/

Serán en Guillade

Serán en Guillade

 

 Organizado pola Asociación de Veciños S. Miguel de Guillade, o vindeiro sábado 28 de abril a partires das 10 da noite no centro cultural, se celebrará un Serán acompañado de viño e chocolate.

 

 

ANGUSTIAS 2012

ANGUSTIAS 2012

 

 

Cunha chuvia miúda que ía e víña, sobre todo na xornada do sábado, transcurríron as Festa das Angustias deste  2012. Os grupos que tocaron este ano foron:

- O sábado: 3.com e o Trio Sevilla

- O domingo: Kamelot e Nievla

Así mesmo, e como xa ven sendo habitual noutros eventos semellantes, na misa do domingo cantou a coral de Guillade "Ars Cantorum"; de igual xeito poidemos escoitar tamén a Banda de Música Cultural de Mondandriz (na imaxe), destacando a magnífica interpretación  que fixeron de varios clásicos, sobresaíndo a súa  interpretación dos principáis éxitos do grupo sueco Abba.

Mourigade

 

Mourigade, Guillade from Cristina on Vimeo.

 

Teresa Moure, no día da muller

http://vimeo.com/37939667

Un blog sobre espazos de lectura

Un blog sobre espazos de lectura

  

O tempo para ler é sempre tempo roubado. A lectura non forma parte da organización do tempo social; é, como o amor, unha maneira de ser. A cuestión non consiste en saber se teño tempo de ler ou non, senón se eu me permito ou non, a felicidade de ser lector.Daniel Pennac

http://www.espazolectura.org/

"Festival do Porco"

"Festival do Porco"

Dentro de algo menos dunha semana -o 6 de decembro- terá lugar no entorno do Torreiro unha exaltación de pratos culinarios coa carne de porco como protagonista, seguida dunha degustación e concurso popular de postres caseiros. A ver se o tempo acompaña. Organiza a asociación  "O Arrasta".

 

Resultados Eleccións Xerais 2011

Un día despois das eleccións ao parlamento español,  e tras a victoria –sen demasiadas sorpresas- de M. Rajoy, xa podemos ofrecer os resultados acadados polos principáis partidos na mesa electoral de Gillade/Cumiar, onde a única “sorpresa” foi o feble incremento rexistrado polo BNG nun contexto de perda de votos xeralizado, así como o importante chanzo de E.U.

 

GUILLADE

2008

2011

 (%)

PONTEAREAS

2008

2011

 (%)

PP

173

200

15,6

PP

5774

6391

10,7

PSOE

160

109

-31,9

PSOE

4761

3302

-30,6

BNG

45

46

2,2

BNG

1764

1649

-6,5

EU

1

10

900,0

EU

226

621

174,8

 

 

No relativo aos datos computados na parroquia polo PP, éste consegue un aumento da súa  porcentaxe de votos superior á media municipal (10,7%), provincial  (4,9%) e autonómica  (5,7%), mentres que o PSOE sufre en Guillade unha  perda  semellante á de Ponteareas (encol ao -30%), e inferior á da provincia (-37,6%) e galega (case un -40%).

 

PROV. PONTEVEDRA

2008

2011

 (%)

GALICIA

2008

2011

 (%)

PP

268446

281668

4,9

PP

809879

855732

5,7

PSOE

249086

155354

-37,6

PSOE

750492

451233

-39,9

BNG

70735

66970

-5,3

BNG

212543

183279

-13,8

EU

9623

25692

167,0

EU

25308

67182

165,5

 

No que a outro tipo de comentarios se refire, vemos como coa actual lei electoral o PP rendabiliza extraordinarimente os seus resultados con tan só un 5,4% (a nivel estatal) máis de votos respecto ao 2008, mentres que a nivel galego E.U./I.U. foi quen de captar boa parte do trasvase de  votos socialistas en detrimento do BNG.

Chuvia e castañas!!

Chuvia e castañas!!

 

Por fín... xa era hora! despois dunha longa tempada de secura chega a chuvia, e con ela os primeiros magostos. Que raro se facía ir apañar castañas en manga curta e con tanto calor; pouco a pouco parece que o tempo vai "collendo xuízo", e a estación do outono comeza a implantarse con toda normalidade.

Deste xeito, e despois da última xuntanza gastronómica en Guillade organizada pola Asociación "O Arrasta", a finais do mes pasado (festa da carne o caldeiro), é agora a quenda do magosto poupular que organiza a Asoc. de VV. "San Gregorio" o próximo sábado 29 no centro cultural a partires das 19h.

Música e gastronomía

Música e gastronomía

 

O centro social de Guillade acolle o sábado 10 de setembro o 3º Encontro de Corais organizado pola Asociación de VV. S. Gregorio, nesta ocasión destaca a presencia dunha coral asturiana de Grado, que devolven á visita que no seu día lle fixeron os membros da coral de Guillade "Ars Cantorum" a súa localidade.

 

Ao mesmo tempo anuncianse tamén as terceiras xornadas gastronómicas organizadas pola Asociación "O Arrasta", que se celebrarán o 2 de outubro no torreiro de Guillade. 

 

Continúan as conferencias sobre a Historia de Guillade

Continúan as conferencias sobre a Historia de Guillade

Desta volta os convidados que falarán principalmente sobre a cultura castrexa e o mosteiro de Sta. Leocadia, serán: Juan Martínez Tamuxe e J. Carlos Amil, natural de Guillade.

A cita é este sábado 27 as 21h no Centro Cultural.

Os preparativos da alfombra...

Os preparativos da alfombra...

Un ano máis, xuntáronse no S.Gregorio durante varias tardes da semana pasada un bo grupo de persoas (case todas mulleres), por mor dos preparativos da alfombra de flores que tradicionalmente se ven realizando  no adro da igrexa a mediados de agosto, na data coñecida  popularmente como  "Domingo do Señor".

 

...O RESULTADO FINAL

Nesta ocasión, a alfombra servíu para festexar tamén a celebración de dúas vodas unha de prata e outra de ouro de dúas parellas da Parroquia.

Escritoras galegas: Lupe Gómez

Escritoras galegas: Lupe Gómez

Escura e azul

     Eu son Lupe, unha nena moi silenciosa, moi alegre, moi forte. Buscando sempre, na miña vida, a liberdade escura e azul dos elefantes. Nacín en Fisteus, unha aldea bonita onde a natureza brillaba. Eu ía coas vacas, en paz, e berraba na escola. Todo era sangrar. Todo era bonito, limpo. Bailar. Romper a gorxa e volver a amar, con ollos limpos, novos. Sentía, dende nena, que todo era demasiado grande, e que non había sitio para min. A veces tiven que chorar, tolear. A veces sufrir, e levantar os ollos no sitio dos mapas. A veces facer circunferencias nos campos e levantar a saia e ensinar o sexo, a sinceridade, as bragas. Escribir, dende sempre, para recuperarme, para levantar os ollos, para soportar o mundo, para voar, para romper a realidade. Facer poesía, como quen fai barcos. Construir o sexo, a cerámica. Facer nos meus ollos unha risa moi escandalosa, moi libre, moi alta. Bailar cos meus amigos na aldea. Na aldea nacín, e da aldea fun expulsada. Con desgarro, con dor. Nacín no galego, e en Curtis e en La Coruña sentín frustracción. Estudei, eu era moi estudosa, gustábame estudar. Para min era como un exilio. Dentro de min había unha revolución enorme. Víñenme a Santiago de Compostela a vivir e a facer Xornalismo. Nesta cidade abrinme aos soños. Nesta cidade empezei a vivir. Aqui o meu mundo medrou moito. Aqui escribin os meus sete libros, e agora estou escribindo o octavo, unha biografía sobre unha muller maravillosa e intensa. Aqui renunciei a ser perfecta e convertinme nun cocodrilo. Aqui empezei a colaborar con El Correo Gallego e Galicia Hoxe. Fago artigos e críticas de libros e teatro como quen fai pan. Coa pulsión do infinito. Coa miña forza de nena pequena. Gardo en min moita rebeldía e moitas ganas de bailar. Os meus libros son os meus fillos. Pornografía naceu con éxito e con dor. Os teus dedos na miña braga con regra é unha historia de amor vivida en Compostela, chea de tenrura e paixón. Poesía fea naceu dunha forma moi viva, moi directa. Naceu nas cartas que eu escribía e lle mandaba aos meus amigos. Fisteus era un mundo é o meu libro máis alegre, o máis optimista, o máis sincero. É un libro moi vivido. Unha narración-poema feita coa miña vida, cos meus sentimentos. Querida Uxía vai dirixido para os nenos, e está escrito coa miña fantasía e co meu amor. Cando escribo esto, está a piques de sair o meu poemario Levantar as tetas, outra mostra máis do meu orgullo de ser Lupe, unha nena enferma que fai poemas mínimos, limpos, vivos. Tamén, gañei un premio co meu poemario O útero dos cabalos. Un poemario de poemas vitalistas, longos. Moi diferentes ás miñas poesías de antes.
     Para min vivir consiste en escribir. Non concibo a miña vida sen escrita. Eu, se non escribo, non son eu. Son outra, estranxeira, alienada, perfecta. E eu non quero vivir chorando. Non quero nin imaxino unha vida sen escrita. Xa non quero ser perfecta, gris e de goma. Agora quero ser eu, Lupiverdiazul. Eu chámome asi, Lupiverdiazul. Quero vivir e que todo sexa bonito e emocionante. Encántame recitar, facer moitos recitais, berrar as miñas palabras. Os recitais son para min algo maravilloso, máxico e extraño. Fundirme coa xente, dunha forma intensa, catártica, sagrada. Berrando moito. Elevando a alegría e o llanto.
     Morrerei algún dia, pero agora quero ser libre, e vivir todo intensamente. Agora quero enamorarme moito dos mozos, soñar, escaparme da escola. Quero beber cervexa polas noites en Compostela. Facer viaxes a Fisteus e a Portugal. Non quero ser real. Quero bailar.

Fotografía: Antón Lopo.

[Abril, 2004]

Sacado de http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=GuaG%F3mez1&alias=&solapa=biografia

Un novo espazo de lecer

Un novo espazo de lecer

Un par de anos despois de que varios usuarios do campo de futbito de Guillade tentara sen éxito (a través da venda de bolígrafos e chisqueiros) obter fondos e apoio para adecentar e mellorar dita instalación deportiva, a Asociación “O Arrasta” acaba de levar a cabo unha importante obra no seu entorno, coa plantación de árbores e bambáns para os nenos.

Agora só queda esperar que as árbores medrén o antes posible para proporcionar unha boa sombra que se agradecerá co paso do tempo, así como que os vándalos respecten a instalación  e non obvien o que pón o letreiro alí colocado: “Non botar escombro” (nen lixo), algo por desgracia bastante habitual noutros puntos da nosa parroquia.

Ciclo de Conferencias

Ciclo de Conferencias

“Guillade e a súa Historia” é o nome que recibe o ciclo de conferencias que acaban de comezar no Local de Veciños da man da Asociación S. Gregorio. A xornada de inauguración contou coa presencia do investigador  Juan Martinez Tamuxe, quen falou ante unha numerosa audiencia da pegada da cultura cultura castrexa e a súa evolución en séculos posteriores en Guillade, centrando boa parte da súa charla nos restos arqueolóxicos de Sta. Leocadia.

O ciclo de conferencias continuará en vindeiras datas con novas temáticas e convidados  como  o profesor e autor de varios libros “Pancho” Candeira, quen abordará a época da II República; así mesmo tamén se atopa no programa de actividades tratar temas tan próximos a moitos de nós como a emigración a Lisboa.

As cousas non se fan para gustar a todos porque é imposible

As cousas non se fan para gustar a todos porque é imposible

Blanca Portillo durante un ensaio (GRACIELA DEL RIO)

http://www.publico.es/389506/blanca-portillo-es-muy-triste-tener-que-retirar-una-fotografia

 

JULIA BOUZA

JULIA BOUZA

Foi un pracer ter asistido ó taller de Julia Bouza e escoitar a esta escritora natural de Guillade. Enlazo aquí o seu blog, http://juliabouza.blogspot.com/2005/02/cuando-el-mundo-era-un-tringulo_27.html

onde nos da a oportunidade de coñecer a esta muller posuidora dunha rica bagaxe que xenerosamente compartiu con nos a semana pasada no taller de contos organizado aquí en Guillade.

Teatro en Fornelos da Ribeira

X Mostra de Teatro do Condado

22, 23 e 24 de xullo

Décima edición de "MÓSTRATE, Mostra de Teatro Afeccionado do Condado", en Fornelos da Ribeira (Salvaterra de Miño).

 


Fecha: 22, 23 e 24 de xullo

Lugar: Carballeira das Fraguiñas - Fornelos da Ribeira (Salvaterra de Miño)

PROGRAMA

Venres 22

- 22:30 h. Grupo de Teatro "Porta Aberta". Entrada Libre 

 

Sábado 23

- 22:30 h. Teatro Avento: "Humano The Game"

Domingo 24

- 21:00 h. Animación Infantil: "Os Contos do Bardo Abelardo"

- 22:30 h. O Trasno Novo Teatro: "Conversas na cuneta mentres o tempo pasa alá fora"


 

Organiza: A.C. Solpor

Colaboran: Concello de Salvaterra de Miño / Diputación de Pontevedra


Festa para os cativos

Festa para os cativos

O domingo 10 de xullo tivo lugar unha nova edición da "Festa Infantil" organizada pola Asociación O Arrasta, e xa van catro edicións, si ben houbo certos temores pola posibilidade de chuvia ou tormenta, o bo tempo acompañou o transcurso da celebración.