Xa era hora!!

Por fin! despois de moito tempo o vindeiro sábado 23 de marzo actuará no Centro Cultural de Guillade unha das "nosas estrelas" máis novas: Fran Rodríguez, un Guilladense asentado en Vigo, quen para cumprir fielmente coa lenda de ser "profeta fóra da súa propia Terra", tivo que ter actuado acompañado do seu grupo Ke-Percussión primeiramente en dúceas de eventos (como no Festival Reperkusión de Ourense compartindo cartaz con Manu Chao), e nos lugares máis variados para chegar finalmente a Guillade para deleitarnos co seu orixinal e sonoro espectáculo.
3 comentarios
Concertazo!! -
Cris -
Cris -