Día de lectura
Hoxe estaba boa tarde para ler no xardín, así que nos apuntamos todas. Sandra, Fani, Elisa e Dori puxémonos a ler cada quen o seu libro. Ler tamén é unha boa maneira de divertirse!!



Hoxe estaba boa tarde para ler no xardín, así que nos apuntamos todas. Sandra, Fani, Elisa e Dori puxémonos a ler cada quen o seu libro. Ler tamén é unha boa maneira de divertirse!!




O domingo celebramos unha grande festa de entroido no local da Asociación de Veciños. Houbo moitos nenos, rapaces e non tan rapaces, todos disfrazados e tamén unha orquesta que alegrou a festa.
Déronse medallas aos gañadores, e na categoría infantil gañou Nicolás co seu disfraz de calabacín :-)
O resto das fotos podedes velas pinchando na de abaixo.
Como irán as landras que plantamos no mes de novembro? Seguro que xa lle falta pouco para que comecen a nacer.
Teremos algún carballo con botas coma o deste conto?
Este conto e moitos máis podes atopalos na páxina de Contos solidarios.org, no seguinte enlace
Asemblea ordinaria o domingo día 27 de xaneiro, ás 2.30 da tarde primeira convocatoria, 4.30 a segunda.
Orde do día:
1.Lectura e aprobación se procede da acta anterior
2.Estado de contas
3.Aprobación para solicitar subvencións
4.Deslinde no monte na zona do "Coto do Santo"
5.Admisión de novos comuneiros
6.Convocatoria de eleccións
7.Rogos e preguntas
Unha vez celebrada a asemblea en día e hora fixadas, recollemos un resumo dos asuntos tratados (este resumo é de datos aproximados):
a) No estado das contas hai a día de hoxe un remanente duns 30.000 euros, despois de que este ano se vendesen piñeiros queimados por un valor próximo aos 5.000 euros.
b) Foi concedida unha subvención da Xunta de Galicia para plantar unhas 3 hectáreas de castiñeiro (2.000 plantas), por valor duns 4.000 €, na zona que linda con Uma. A comunidade ten que achegar outros 6.000€ para que a subvención sexa concedida.
c) Por proposta do Manolo... acórdase celebrar o día da árbore (21 de marzo) prantando 50 árbores de zonas recreativas no coto da pedreira (na zona do merendeiro).
d) Na disputa dos lindes no Coto do Santo coa C.M. de Cumiar, acórdase que o presidente da nosa comunidade negocie un acordo amistoso, recoñecendo as demandas da C.M. de Cumiar pois os marcos existentes danlles a razón, e así evitar un xuízo contencioso.
e) No tema da nave de Albelle, mostrouse unha sentenza xudicial do ano 1998 a favor da nosa Comunidade, que declara nula a venda deses terreos, e que por tanto pertencen á Comunidade de Montes. Estes terreos xa foron clasificados, e agora só queda o trámite de rexistralo na propiedade, e espérase que non se prolongue máis dun ano. Desmíntense rumores na liña de que a Comunidade de Montes tiña que pagar diñeiro para recuperar eses terrenos.
f) Admitíronse media ducia de novos comuneiros, aprobados pola asemblea.
g) Convócanse eleccións para o día 16 de marzo. Hai 3 semanas para presentar candidaturas.
O luns 28 de xaneiro, ás 17.00 horas: Maquillaxe de entroido na Axencia de Lectura de Guillade
É o mellor xogador: controla, regatea, pasa, desmárcase, recibe, chuta e.... GOOOOOOOOL!!!!


O peor porteiro do mundo é Buffon
Ola amiguiños: esperamos que os Reis se portaran tan ben con vós como se portaron con nós.
Regaláronnos unha casa superchuli con todos os mobles e unha moneca que se pode maquillar e peitear.
A ver se ensinades tamén algún xoguete, eh!
"Los expertos en estimulación precoz recuerdan que estos métodos no crean genios ni superdotados; se trata sólo de gestionar bien el capital con que se nace". Ver enlace en Educación . É un artigo interesante.
Hoxe pasámolo superpipa. Estivemos de cociñeiras, cos nosos delantais, e fixemos un menú especial. Dori estivo de axudante de cociña.
Primeiro cociñamos o postre: mazáns ó forno en pan de brioche con marmelada de limón e claudia.
De primeiro preparamos foliados de queixo e canapés de sardiña con pepinillo e tomate.
De segundo brochetas con patacas asadas multisabores.

Ó final só nos quedou zamparnos o supermenú.
Madámoslles un saúdo a Cristian e Tato, e esperamos que en Madrid coman tan ben coma nós :-)
Recordade que para publicar un artigo neste blog podedes ir ó menú principal, alí pinchar en "Publicar Artículo" e logo poñedes o voso nome e a contraseña "nico", escribides o artigo e acordádevos de gardalo. Despois nós xa o publicamos o máis depresa que poidamos.
Encantaríame que alguén se atrevese a retomar esta revista!
Juani é a nova bibliotecaria, e dende eiquí dámoslle a benvida. Ten moitas ideas que esperamos poida levar a cabo con satisfacción.Entre éstas, a de fomentar a lectura involucrando a persoas de tódalas idades. E xa colocóu un buzón de suxerencias para aqueles que queiran comparti-las súas ideas. Neste momento ten organizado un concurso de postales: ten tres fases este concurso, e hoxe ten lugar a segunda fase. Mañán será a terceira e última fase. É un concurso especial que apela a distintas capacidades, entre elas á de saber pensar. Moita sorte!