Blogia

Guillade

O grand theft auto San Andreas

É un xogo moi magnífico, ten trucos e é moi divertido. Agora imos ver unha foto.

Roteiro en Angoares co programa Debrúzate

 

Os colectivos Adenco, Galiza Nova e MZS presentan o segundo roteiro do programa Debrúzate que nesta ocasión levará aos asistentes pola parroquia de Angoares.

      A actividade terá lugar o próximo sábado 7 de Xuño, saíndo da Igrexa de Angoares, ás 17h, con participación libre e gratuita. O percorrido, dunha dificultade baixa e unhas tres horas de duración partirá da Igrexa de Angoares, unha edificación de estilo románico, única no País pola súa planta de cruz latina e ábside rectangular.

      Posteriormente, o percorrido seguirá pola beira do Río Uma, Lugar de Interese Comunitario, onde se poden observar até dez muíños, desfrutar dunha paisaxe de ribeira ben conservada e onde tamén destaca a Ponte do Cabalón, pola que pasaba unha vía romana.

Ademais, os petos de ánimas e o Castro de Angoares serán obxecto de visita e explicación, neste roteiro circular que pretende unir unha vez máis o noso patrimonio natural e cultural, dándoo a coñecer para que se protexa e máis neste caso, o de Angoares, unha parroquia ao pé do casco urbán de Ponteareas, case descoñecida para os veciños da Vila.
(Recollido en nota de prensa do BNG Condado)

O mellor Dani Sordo

Dani Sordo é un piloto de rallys que vai gañar o campionato do mundo. Imos ver unha foto del.

Risco nas estradas + barullo + lixo nas cunetas = RALLYE

Un ano máis, as estradas da nosa Parroquia e do resto do Concello miraránse máis alteradas do habitual pola celebración do “tradicional” Rallye das Rías Baixas. Teoricamente o rebumbio terá lugar os días 30 e 31 de maio, pero desgraciadamente a maioría sabemos que as datas previas a esta celebración son días de grande axitación e perigo por culpa dos adestramentos de pilotos e de todo un exército de afeccionados “tuneados”, que tentando imitar aos seu ídolos da velocidade e o ruido, percorren as nosas estradas sen nengún tipo de control.

Ao marxe de cuestións tan “de moda” nestes días, como: a redución da contaminación, as campañas pola seguridade vial e as súas tentativas por evitar os accidentes de coche (cantos dos que estades lendo isto coñecedes a alguén que lamentablemente dunha ou outra forma sabe o que son as consecuencias tráxicas dos accidentes?), centrarei esta reflexión nun par de aspectos bastante frívolos en comparación co perigo que implica a velocidade ao volante: o deterioro que sufren as nosas estradas durante as probas e as toneladas de lixo que quedan acumuladas nas cunetas ano tras ano (xa por estratos), tiradas sen reparo polos afeccionados: latas, botes, bolsas, botellas, plásticos, vidros...

A todo isto, hai que lembrar os atropelos e sustos que xa se teñen producido con anterioridade, como motivo en grande parte do descontrol existente nos días previos. Feitos que xa fixeron que moitos veciños doutras zonas do Condado, fartos do acoso dos tolos polos rallies e ante a ausencia de medidas disuasorias por parte das “autoridades competentes” contra os adestramentos fóra do horario permitido ou practicados por condutores temerarios non profesionais, decidisen expresar o seu malestar con cortes de estradas e deseperadas tentativas de boicot.

Lonxe do que poidan pensar moitos, este escrito non pretende prohibir ou abolir a práctica deste “deporte” (?), tan só cuestionar os lugares, as formas, os tempos e os xeitos nos que tradicionalmente se ven desenvolvendo nas últimas décadas: atravesando núcleos de poboación practicamente a calquera hora do día ou da noite, con escaso (ou nulo) control da velocidade ou de, por exemplo, o ruído (a contaminación acústica tamén existe), deixando moi pouco beneficio ou contrapartida económica nas Parroquias pero moito nerviosismo (estar pendentes dos nosos nenos, das bicis, dos nosos maiores...), moreas de basura e inconvintes (estradas cortadas pola Organización que implican ter que dar grandes rodeos).

Asi pois, porque non temos porque vivir secuestrados sen poder saír das casas, desprazarnos con medo polas estradas ou cunetas (se as houbese) nin recoller o lixo dos demais, emprazamos desde este blog as Asociacións existentes en Guillade e no resto de lugares afectados por este tipo de eventos, a que esixan aos seus respectivos Concellos e autoridades competentes a toma das medidas pertinentes para evitar este tipo de problemas. Ou ben directa e persoalmente, ou conxuntamente coa Organización da Competición, presionándoa a velar polo respecto ao medio ambiente e pola seguridade dos que queremos vivir nun contorno tranquilo e seguro, e non nun circuito de carreiras que sempre acaba emporcallado e desfeito.

Subida a Cotodeira, en Sabaxáns

O vindeiro domingo, día 25 de maio, ás 16:30 horas da tarde, terá lugar a subida a pé a Cotodeira, na parroquia de Sabaxáns, e que inclúe unha visita guiada aos foxos da chan da Anduriña. É un acto cunha dimensión reivindicativa de cara a defensa do patrimonio natural e cultural deste monte onde se pretende a instalación dunha canteira.

Este é Etoó

Etoó naceu en Camerún a agora é do Barcelona. Gústalle  xogar ben, agora quéreno muitos equipos como o Madrid, Vilareal, Bayern de Munich..., pero el non se vai, bueno así é Etoó.

Roteiro dos penedos da Picaraña

O próximo domingo 11 de maio a Comunidade de Montes de Arcos xunto a Consellería do Medio Rural, organizan unha xornada lúdica e divulgativa na zona da Picaraña, coa intención de por en valor o patrimonio natural deste emblemático lugar  de Ponteareas.

O roteiro comezará as 9:30 h. saíndo do Barrio da Serra (fronte ao “Restaurante Rías Baixas”, na N-120), posteriormente habrá un xantar popular as 14:30 (16 € adultos, e 8 € os cativos), amenizado por un grupo de música tradicional.

Para acadar máis información, ou inscribirse, pódese chamar ao seguínte número:

986 644 601

Aquí podedes ver o tríptico da convocatoria do roteiro: cara 1, cara 2.

Roteiro polos montes de Cillarga

O pasado sábado 26 de abril, perto de medio cento de persoas de diferentes parroquias do Concello de Ponteareas, acudiron á chamada de apoio feita polas organizacións: ADENCO, GALIZA NOVA e ASOCIACIÓN XUVENIL MZS, para denunciar neste caso o proxecto de apertura dunha canteira nesta zona da parroquia de Ribadetea.

Nesta ocasión, os asistentes poideron coñecer da man dos guías que organizaron a camiñata, os restos megalíticos existentes neste entorno natural, destacando as mámoas e dólmenes datados entre o 5.000 e 2.000 antes de Cristo, como os da “Lomba do Carballo Escuro”, “O Castelo” ou a mámoa do “Alto do Marco”.

Este roteiro é un dos primeiros que estas organizacións ecoloxistas e xuvenís, teñen programados levar adiante por diferentes puntos da nosa Comarca, barallándose incluso a posibilidade de que moi pronto pasen incluso por Guillade co gallo de dar a coñecer a riqueza e valor do noso patrimonio natural e cultural.

Aprazado o maratón de Mountain Bike

Por mor das abundantes choivas destes días os camiños e pistas polos que ía transcurrir esta proba, prevista para o día 27 deste mes de abril, atópanse nun estado o suficientemente malo como para que a Organización do evento (C.C. Lamprea), decidíra suspender a proba ata outra data aínda por determinar.

Hai que vélo polo lado positivo... así hai máis tempo para adestrar...

Vamos a Cillarga

Sábado 26 de abril 2008: Percorrido guiado polos montes de Cillarga, xinzo e Mos.
O Viveiro - Chan de Marco - O Salgueirón.
Dificultade media.
Ás 16.00h na Estación de Autobuses de Ponteareas ou ás 16.15h na area recreativa do Viveiro, en Cillarga.

III Maratón de Mountain Bike “A Lamprea”

Por terceiro ano consecutivo a xente do “Clube Ciclista A Lamprea” das Neves organiza un maratón en mountain bike por terras do Condado. A proba será o día 27 deste mes de abril, aínda que os interesados/as deberían inscribirse –a poder ser- antes do día 25.

 

O percorrido contará con dous itinerarios: un de 65 kms. e outro máis “humano” de 45 kms., se ben xa se pode botar un ollo ao perfil da proba, así como atopar máis información na web do propio Clube: www.cclamprea.com ou nos números de tlf: 626 857 831 e 619 550 442

A ver, se eres de Guillade... hai que dar o callo!!

Sendeirismo

O día 1 de maio,para nen@s, xóvenes e maiores; saída ás 10 da manhá na pista polideportiva de Guláns. Percorrido: Abisoureira, igrexa, a Barxa, Manhaferro, Canteira de Mariano, San Cibrán e Abisoureira. Dificultade media. Duración 3 horas aprox. Disfrutaremos de unha igrexa, unha capela, 6 muinhos, poboado celta, canteira co lagar inacabado, casas senhoriais, barrios deshabitados, caminho de peregrinaxe a San Cibrán, Parque Natural, miradoiros de Condado e Baixo Minho, regatos, fervenzas, lavadoiros, fontes...

A camiseta do Madrid

A camiseta do Madrid e Benq Siemens e é a peor camiseta do mundo. Espero que gane o Barcelona e perda o Madrid, que é unha gran pataca podre, e seguro que lle fan boa falta os pañais. Bueno, Xose e Dori son os meus mellores amigos no mundo e espero que Xose  lea a carta.

Bueno, vos deixo. ADEUS.

 

Nicolás cumpre un ano

Onte Nicolás celebrou o seu primeiro cumpreanos cos seus amigos e amigas: Gabriel, Tomás, Alejandro, Cristina... E vaia tarta que tivo: de chocolate con guindas de cores! Iso si, antes de soprar tiña que comprobar que a vela estaba ben encendida, non se lle fose a estragar o desexo.

Despois diso xa se atreveu a soprar con toda a súa forza e apagou a vela a primeira!

Despois de zamparmos a tarta chegaron os regalos... un feixe deles, e o máis grande era un coche con gafas!

Menudo cumpre!! Esperemos que os próximos non se queden atrás!!

21 de marzo: Día da Árbore

21 de marzo: Día da Árbore

21 de marzo Día da Árbore. Esta data xa a tenho apuntada para poder repetir para o ano a experiencia. Foi un traballo moi gratificante; despois de plantar as árbores, o churrasco sentounos de marabilla. Dende eiquí animo a todo o mundo a participar nas actividades da vila, xa que vale a pena ver como todos traballamos por un ben común, con bo rollo e sen prexuízos, aproveitando o mellor que cada un poida dar.
Tedes unha reportaxe máis ampla no blog montesdeguillade

Día da árbore

Día da árbore

Hai moi boas vistas no Coto da Pedreira

Guillade dende o Coto da Pedreira

Guillade dende o Coto da Pedreira

Día da Árbore: venres 21 de marzo todos no Coto da Pedreira

Día da Árbore: venres 21 de marzo todos no Coto da Pedreira

O vindeiro venres, día 21 de marzo, celébrase o día da árbore. A asociación xuvenil, cultural e de voluntariado O ARRASTA convócanos a todos no coto da Pedreira, coñecido como o do merendeiro. Comezaremos a prantar árbores a partir das 10 da mañá e se o tempo o permite farase unha comida campestre.
Así que ánimo a todos e apadriña a túa árbore!

Newton e a Ley da Gravidade

Newton e a Ley da Gravidade

Ley da Gravidade: Cuando toda a gente a nossa volta está de cabeza perdida, e nós, continuamos tranquilos e de cabeza fría, antón, é que probablemente, non estejamos a perceber a Gravidade da situación.  

Adestrando ao ping-pong

Prepárase un próximo campionato de ping-pong no eido do Ledo con importantes premios e hai que ir adestrando. Polo de agora os favoritos son Cristian e Tato, pero cunha igualdade que vai ser difícil apostar por un gañador. Seguro que acaba gañando o que máis practique!!