Blogia

Guillade

Blanco e negro

Ola a todo o mundo, como resulta inxusto que únicamente só se leven os paus uns ou unhas, hai que ir repartindo as cargas e “cada uno que aguante su vela”.

 

Acabo de enterarme de rebote, que a mesma semana en que Rosa Díez, dixo o que dixo (aínda teño curiosidade por saber cal  son os outros significados menos pexorativos… xa que se supón que si ZP é galego no sentido máis pexorativo… esta muller debe manexar unha escala de menos a máis, non?), o director de ABC, Ángel Expósito,   utilizaba tamén despectivamente o termo: "gallegada", para criticar ao Ministro de Traballo, Celestino Corbacho, no programa da televisión pública, TVE-1, "59 segundos". (Podedes ver o vídeo en “Youtube”).

 

Ao mesmo tempo, na edición dixital de El país de hoxe, (venres 5 de febreiro), o sociolingüista Henrique Monteagudo, escribía moi acertadamente esta reflexión, e que co seu permiso “corto e pego” aquí:

 

Pero a linguaxe non é simple expresión dunhas ideas que terían unha vida independente: a propia fala contribúe a consolidar as imaxes, a difundilas e a arraigalas. As formas non son neutras pois están moito máis vencelladas aos contidos do que puidera semellar. Velaí a xustificación dos esforzos para erradicar a linguaxe sexista, que replica a discriminación das mulleres. ¿Algunha vez matinaron por que ata hai pouco non era aceptable referirse en feminino a presidentas, mariñeiras ou médicas, pero si a secretarias, señoras da limpeza ou enfermeiras? ¿ou por que os vocábulos xuíza e alcaldesa denotaban as esposas do xuíz e do alcalde? Para non falar das expresións homófobas. Que diriamos dun deputado que descualificase a un alto cargo por facer ou dicir algo "propio dun maricallo"? Ou das que expresan prexuízos raciais. Sería a día de hoxe considerado de bo gusto referirse publicamente á "cobiza tipicamente xudaica"? E falar de alguén como "un mouro, no peor sentido da palabra"? A linguaxe politicamente correcta, tan deostada por comentaristas superficiais, representa un avance da civilización. Evidentemente, non arranxa os problemas de fondo, pero ao menos non contribúe a reproducilos. A alternativa á corrección política na fala é a expresión brutal e irrespectuosa. Isto ten pouco que ver con complexos, sentido do humor ou perturbacións nacionalistas, e moito con civilización, purga de prexuízos, ambiente de respecto á dignidade das persoas e dos colectivos.

 

Ísto tamén  ven a conto dunha publicación de ABC do 19 de febreiro,(tamén o podedes comprobar na “web”), na que o xornal dirixido por Angel Expósito, titulaba deste xeito un artigo : <<Blanco, de Pepiño a Don José>>, unhas palabras reveladoras xa de por sí… e que veñen a sintetizar a idea de que cando o ministro Blanco era menos valorado que agora (que parece posicionarse como un dos homes fortes do PSOE e do Goberno Español), víña a ser unha especie de merdiña humana susceptible de escarnio e constante humillación para determinados e concretos programas de opinión (OLLO!” NON DE INFORMACIÓN), conducidos por xente como Pedro j., Jiménez Losantos (escríbese así?), ou os “humoristas” del Gato al agua –porque son humoristas, verdade? Non din o que din en serio?-, dende onde constantemente cada vez que citaban, mencionaban ou se referían a este ministro nun ton burlón lle chamaban Pepiño, unha e outra vez: <<… porque Pepiño ísto… porque Pepiño o outro…>>, agora, como parece que xa non é un coitado (que ata lle plantou cara aos controladores aéreos!!), pois parece que xa é todo un cidadán de primeira: Don José, en castelán “of course”…

 

Unha vez, farto de escoitar Pepiño despectivamente un millón de veces, discutín cun paisano que tamén se refería con ese mesmo ton  a Blanco, sobre senon pensaba que era triste que non nos déramos conta que se estaban rindo e facendo pouco de nós; e trataba de facerlle ver  que as veces   non nos sentíamos agredidos  ou apreciados polo que nos din, senon por quén nos dí unha determinada  cousa.

 

 Así pois, lle puña o exemplo que as veces vemos nas películas estadounidenses cando os afroamericanos se dirixen entre eles como “hey nigger/ hei negro”, non habendo problema ao non haber ánimo de ofensa (un contexto que cambiaría se esa expresión partira con certa “sorna” de membros doutra comunidade), ou como tamén as veces pode doernos máis que nos chamen un “light” parvo/a ou idiota, cando ven dun ser querido, que un contundente  “fillo de…” ou cabrón xurdido nun momento concreto  por un descoñecido nunha discusión de tráfico por exemplo.

 

Pois ben, ese paisano en cuestión, que era tan galego como ti – que foi o lema escollido nunha  das primeiras campañas de Fraga-, ou non quería ver ou entender o que trataba de explicarlle, ou era un claro exemplo do que explicaba tamén esta semana o sociólogo Arturo de Nieves en Vieiros, sobre como os colonizados acomplexados adoitaban os códigos e condutas dos colonizadores dominantes para pasar desapercibidos e se cadra cun pouco de sorte ascender socialmente.

Demasiado duro. Prefiro pensar que o paisano non me entendeu ou ben porque non me explicaba correctamente ou porque non miraba películas estadounidenses do estilo das de Spike Lee.

Crónica Porriñesa

O municipio do Porriño,  pertencente á comarca viguesa, pero estreitamente vencellada a Ponteareas, estreou no día de onte novo mes (1 de febreiro) e novo alcalde. Finalmente o calendario imposto pola Deputación de Pontevedra –tras atrancos e tensos encontros e xuntanzas entre os interesados-, concretouse na moción de censura presentada onte polos tres partidos conservadores da vila.

Xeralmente, as situacións complexas responden tamén a factores complexos e incluso retorcidos; neste caso, parece que o tema se remonta a etapa da Transición, cando moitos alcaldes do réxime franquista continuaron unha tempada máis no seu posto –esta vez lexitimados polas furnas-, como Castro en Ponteareas, e outros decidían nesa mesma época ceder “las riendas” a xente de confianza, como seica pasou no Porriño cando o alcalde franquista Órdoñez lle concedeu o seu apoio a Barros, famoso posteriormente polos seus excesos verbais, as denuncias de acoso sexual por parte de empregadas municipais entre outras cousas.

Aquel traspaso de poderes, parece que levaba implícito un “pacto entre rexidores”, polo cal, (co tempo…), Barros debería novamente cederlle o bastón de mando ao fillo de Órdoñez  1º “Alcalde Saínte” ; non se sabe se posteriormente, o fillo de Órdoñez 1º lle debía de ceder o posto ao fillo de “Barros 1º”, e así ata o día do Xuízo Final…  (de feito foi no laboratorio do Porriño onde se experimentou a sucesión clónica que agora cristalizou na Deputación de Ourense onde un Baltar Pai 1º, lle cede o posto a outro Baltar Fillo 2º ). O caso é que o tempo pasou, e a cesión da vara do poder e da  alcaldía non se executaba, polo que o príncipe Ordoñez 2º (Gonzalo de nome), canso do incumprimento do contrato por parte de Barros 1º, pasa ao ataque e funda o partido Independientes do Porriño.

Esta primeira escisión lle custa ao PP   a perda da maioría absoluta nas seguintes eleccións municipais do 2003 e non so íso, senon que ao máis puro estilo “Shakespiriano” (onde os fillos/príncipes cobizosos competían entre sí por arrebatarlle ao pai -aínda vivo- a coroa), desatouse unha loita polo poder dentro da casa “PoPular”, que acabou cunha nova escisión dentro das filas dos “indeppendentes”, xurdindo así os Cidadáns por Porriño.

É precisamente agora o dirixente dese partido, Nelson Santos, o que ocupa a través da moción de censura realizada onte, a alcaldía de Porriño. Foi un parto difícil  (pese a que a criatura non tiña o corpo de Barros 1º), estivo cheo de complicacións e feridas internas, o que fixo que como  xa se tiña saído de contas facía tempo (levaban bastante tempo uns e outros anunciando “el alumbramiento”), non quedara outra que o cirurxán Louzán realizara a cesárea. Por certo… Louzán tamén é o presidente da Deputación de Pontevedra (what a coincidence!! - hai que ir practicando co inglés para estar “a la última con Feijoó”-)

O froito do concubinato dos diferentes partidos dereitistas da zona, da como resultado unha figura de 3 cabezas (tantas como partidos a enxendraron), pero cun único cerebro situado na Deputación de Pontevedra.

Nengún pacto nen parto está exento de dor nen complicacións, senon que llo digan ao BNG e o PSOE tras a moción de censura –sen transfuguismo, iso si- de Porto do Són, pero sobre todo quen ben o sabe son o PP  e os seus aliados tras os DEZ partos/mocións realizadas dende as últimas municipais en Mos , Gondomar, Pobra de Trives, Mos, Abegondo, Láncara, Folgoso do Courel , A Veiga, Silleda e Santa Comba.

SON IGUAIS TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS?

Serrat

http://www.youtube.com/watch?v=wSmFFuxip5I

XORNADAS SAHARA

XORNADAS SAHARA

Folga do 21 de Xaneiro contra o decreto do plurilingüismo

ALEGACIÓNS

ao citado borrador de decreto:

1) Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego. Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) É unha proposta feita de costas á sociedade galega. O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, nin do estudantado, nin das familias, nin da sociedade en xeral, para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Suporá enfrontamentos nos centros. A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración, sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar. O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüísmo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamentos de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos

5) Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos. O decreto que o goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país. Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijoo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.

 

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/pedagoxia/da/trapallada/elpepiautgal/20100115elpgal_22/Tes

Reunión San Gregorio

O sábado día 9 de xaneiro, a Asociación de Veciños San Gregorio reuniuse para falar das próximas actividades: Encontro de Coráis e tamén a próxima Festa do Antroido 2010.
Así mesmo, formouse a nova directiva para dita Asociación, quedando da seguinte maneira:
Presidente: Sara Rodriguez
Vicepresidente: Paco Barbosa
Secretario: Paco Costas
Tesoreiro: Manuel Gregores
Vocais: Generosa Cuiña, Ester Gómez e Verónica Groba

A FESTA DAS VANIDADES

A FESTA DAS VANIDADES

Pobres xentes, carentes de liberdade de consciencia, navegan á deriva arrastados num mar de actividades inúteis, sangrantes pela súa absurdidade, polo seu agotamento vital.
Tanto trabalho, tanto despilfarro vanal, empregados en desvaríos cegos, lonxanos de toda mira benéfica, de toda grandeza afastados.

 O fomento das festas, das pasadeiras de flores, son claros exemplos deste engrenaxe, que derrota enerxías descomunáis, ficando somente cinzas, tanto trabalhinho para nada, tanto recurso valioso queimado em gaiteiros.

Tal esgotamento económico da aldeia, com dúas festas anuáis, que custan aproximadamente seis millóns, impide totalmente qualquer melhora da vida social, todo investimento comunitario se ve imposibilitado por esta sangría constante.

Non obstante, todos parecen felices, ninguem se da conta de nada, síntense nesta subnormalidade, como peixes na auga, talvés “ A LO LOCO SE VIVE MEJOR”.

Recursos que son necesarios para organizar a auga, para poboar o monte, para preservar as veigas e os caminhos, para fomentar unha outra cultura que nos faga medrar no espírito, e finalmente para recreo das nosas xentes.

Ó comprar diversión desta maneira, estamos metidos de cabeza nun engrenaxe maquiavélico, um xugo de costumes, que alenta o capitalismo liberticida, codicioso e descivilizador.

A maneira de divertirse é na sociedade, un asunto complexo, debe realizarse a través da cultura propria, unha criación da xente mesma, non algo que se compra no mercado, non ser consumidores, mas creadores da cultura, non mero espectador pasivo e mudo.

A qualidade do ser humano é a clave de tudo, o consumidor é submetido a aleccionamento a través do que adquire, de donde resulta que perde a liberdade interior, ou de consciencia, que é alma de todasficando reducido á mísera condición de servo espiritual.

Por tudo isto, a cacicada infame, danza com os brazos abertos, as mans levantadas no aire extendido, contentos com a súa obra, vendo que non fai falta auga quente para depenar estes páxaros.


[ Copy this | Start New | Full Size

]

Xogo das mazás

 

http://www.ferryhalim.com/orisinal/g2/applegame.htm

 


 

Ximnasia para tod@s

Ximnasia para tod@s

Onte comenzaron no novo local social de Guillade, unha nova actividade: Ximnasia, para nenos, nenas, mulleres e homes. Serán os martes e os xoves no serán.

www.computrabajo.es

www.infojobs.net

 

A outra cara do rally das Rías Baixas

http://mas.farodevigo.es/canales/opinion_ciudadana/index.php?option=com_content&task=view&id=591&Itemid=5

Hai que facer algo!!

O IMPOSTO DO LIXO

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009071600_3_349066__Comarcas-cobro-recibo-basura-irrita-vecinos-rural-ponteareano

Todo veciño ó que lle pareza abusivo o precio polo servicio do lixo, pode recurrir: na oficina do ORAL ou no mesmo concello, pódese recoller unha folla para cumplimentar, e logo entregar xunto a unha fotocopia do DNI e unha copia da carta onde se pide o pago do imposto do lixo.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009071600_3_349066__Comarcas-cobro-recibo-basura-irrita-vecinos-rural-ponteareano

Voluntarios para o monte‏

http://montesdeguillade.blogaliza.org/2009/04/27/limpando-na-presa-dos-muinos/

Que pasa coa biblioteca de Guillade que leva máis de tres meses cerrada e sin intencion de abrila?

Gustaríame saber se alguén me pode imformar porqué a biblioteca de Guillade leva pechada tanto tempo cando tiña tantos usuarios,  e cómo deixan que se estropee  todo  o material que nela hai!

DEGRADACION DO PATRIMONIO

DEGRADACION DO PATRIMONIO

Unhas veces por causa da actuación do home, e outras polo paso do tempo e as condicións meteorolóxicas, as edificacións e construcións que nos rodean acaban estragándose e deteriorándose. No caso concreto da fonte situada na parte baixa da escola de Guillade, parece ser que as fortes choivas caídas no mes de xaneiro, serviron para acentuar o desprendemento dun dos seus muros.

Pese ao seu evidente estado de derrube, ísto parece non interesarlle a demasiada xente, de feito non se escoita nengún tipo de "ruxe-ruxe" ou comentario ao respecto... Lamentabelmente, esta circunstancia de desidia, fíxo que nengún dos nosos veciños aproveitara o feito de que estamos en campaña electoral, para chamarlle a atención sobre o deterioro da fonte -e doutros lugares da parroquia-, a nengún dos políticos que nas últimas semanas teñen pasado moi pertiño de alí, cando ían a escola a dar mítines. 

É posíbel que nengún destes políticos fixera nada, pero polo menos estou seguro de que lles conseguiríamos ter quitado unha promesa electoral, tan de moda nestes días de campaña política ... íso xa sería algo, xa que non vexo a nenguén de Guillade con vontade de arranxar a fonte, ten alguén   algunha proposta?

Aquí vai meu nº de tlf para colaborar: 655128211 (Camilo)

CAMPO DE FUTBITO DE GUILLADE

 

 

OS USUARIOS E USUARIAS da cancha de deporte situada a carón do cemiterio de Guillade (o campo de futbíto) vímos de pór en marcha unha campaña voluntaria de recolecta de fondos e apoios económicos para o arranxo e mellora desta instalación.

 

O obxectivo principal sería poder obter unha cantidade económica suficiente para  poder pechar novamente con rede o recinto deportivo,  xa que constantemente moitos dos balóns que rematan no monte acaban perdéndose ou pinchándose cos toxos.

 

 

Deste xeito, procederemos a vender bolígrafos e chisqueiros coa intención de recaudar os cartos necesarios para o amaño do campo de futbíto. Calqueira persoa ou entidade  interesada en colaborar doutro xeito ten a total liberdade para axudar da forma que mellor considere.

 

Continuaremos informando sobre a campaña de recollida de fondos  a través deste blog e de cartaces informativos pola parroquia.

 

 

 

MOITAS GRACIAS  A TODO O MUNDO POR ADIANTADO.

 

 

COMEZA TEMPADA CICLOTURÍSTICA –09

COMEZA  TEMPADA CICLOTURÍSTICA –09

Como ben sendo habitual por  estas datas dende fai xa varios anos, o mes de xaneiro é sinónimo do inicio das moitas e variadas marchas cicloturísticas que inzan a xeografía das catro provincias e do norte de Portugal: As Neves, Melgaço, Covelo...

 

O pasado domingo día 11 tívo lugar a “Marcha do “Requesón”, nun ambiente extraordinario ao que cada vez se suman máis e máis participantes, este ano –como xa adoita ser normal- voltaron superarse os 1.000 participantes.

 

Entre os mesmos, houbo que engadir  o máis grande continxente -ata o momento- de “biciclista  jilladenses” participante nesta proba;  case todos eran do barrio da Igrexa (un deles “nacionalizado” ao casar cunha rapariga da nosa zona), aínda que tamén había algún veterano asentado en terras de Leirado pero con oríxe na nosa parroquia.

 

Este ano, a diferencia do anterior, destacou pola ausencia de choiva, charcos e auga en xeral...   aínda que íso sí: foi extraordinariamente frío-frío-frío... De feito creo que por unha vez houbo consenso entre todos/as os que alí estaban para que pronto chegaran as primeiras costas e comezar a entrar en calor; outro tema foi cando as subidas non deixaban de aparecer no percorrido  claro... porque tan certo como que non choveu foi tamén a dureza deste ano, sobre todo entre os km 15 e 20 (dun total de 38), xa que a diferencia doutras edicións onde había máis terreo chan para recuperar, este ano a subida fíxose demasiado longa e con poucos desniveis para poder coller folgos.

 

Pero como sarna con gusto non pica, as bicicletas voltarán, abofé, a ateigar as estradas de Ponteareas este domingo día 25, nunha nova edición da xa consolidada “Marcha da Rosquilla”, chova, neve ou trone.

VISITA GUIADA POR GUILLADE E MOURISCADOS

O próximo sábado día 10 as organizacións e asociacións ADENCO, MZS e Galiza Nova, teñen previsto realizar un percorrido etnográfico pola "parte alta" de Guillade, é dicir: xa no límite coa  parroquia de Mouriscados, pertencente ao Concello de Mondariz.

Ao longo da visita que ten previsto partir da estación de autobuses de Ponteareas as 15:45, con dirección a Campo de Mouro -lugar de partida-, haberá charlas informativas sobre a riqueza patrimonial e natural dos diferentes lugares polos que discurra a marcha.

DÍAS DE MATANZA

DÍAS DE MATANZA

Cando Castelao falaba da “santísima trinidade galega” mencionaba: o peixe, a árbore maila vaca, os tres de vital importancia para o sustento da poboación urbana e rural, pero... que pasa co porco, o  imprescindible provedor de calorías e alegrías tan mal tratado e sacrificado salvaxemente sen compasión durante séculos?

 

Non é xusto que un animal tan importante nas casas e familias de tantas vilas e lugares viva a vida que leva (en zulos escuros de cemento chamados cortellos) e leve a morte que leva: a ferro afiado ou coa testa perforada (no caso menos malo).

 

Creo que non esaxero cando afirmo que o porco, e tantos outros animais, merece un mellor trato por parte dos seus carceleiros+verdugos= papadores; non é xusto ese aldraxe, non merece unha morte tan salvaxe  un animal que nos dá tanto. Xa que a parte da carne, a festa e reforzamento dos lazos veciñais e familiares (o clan) aos que dá lugar o seu martirio+morte+descuartizamento e degustación, sitúannos ante unha privilexiada escea ritual (o matachín, os homes que agarran, as mulleres que cortan e pican as carnes, a proba do fígado e do seu sangue... –“o cuchufrito”, “o zarraghullo”...-) da que cada vez menos pobos do mundo poden servirse para reafirmarse, consciente ou inconscientemente, como membros de sociedades tradicionais, autónomas en grande medida, e ao marxe das leis do mercado.

 

Cando falamos de “ritual”, debemos entender  a matanza do porco como un feito que  implica unhas canles de cohesión grupal que non se dan ou establecen cando ímos comprar o pan, levar o coche ao taller ou cando lle damos os bos días ao veciño no ascensor ou na porta da casa. 

 

A influencia deste animal totémico vai máis aló da súa morte, xa que goza duns poderes tan extraordinarios, que xa dende fai tempo coñécese a súa excelencia para pagar favores e débedas a través de determinadas partes do seu corpo (xamóns, lacóns...) a caciques, cregos,  e outros “notables”; así como ser capaz de levar á xente da emigración o cheiro da lareira, da leña, ou do fume cada vez que unha destas prezadas partes viaxa nos maleteiros dos coches, adegas de avións, maletas...e  que só os destinatarios son capaces de apreciar como nenguén no mundo.

 

 Cando comemos o porco comemos os carballos e loureiros que arderon cando foi afumado, as berzas e restos dos que foi alimentado, a tensión da víctima e dos verdugos, a súa testosterona maila súa adrenalina, pode que ata o seu espírito. Incluso moitos que renegan de "determinadas" tradicións, culturas e linguas  "contamínanse" cando comen porco, porque engulen: filloas, osos de xoán, cachucha, chourizos ceboleiros, raxo e zorza, palabras únicas e exactas que se refríen a outras tantas partes únicas e concretas.

 

Sí, foron días de matanza. Pero tamén de cohesión, cultura, colesterol, sal , tradición e viño, unhas constantes que se repetirán domingo a domingo, cocido a cocido. E todo gracias a un animal do que nos gabamos (que é o que lle ensinamos aos veciños e amigos? as galiñas ou o porco?), torturamos e devoramos.