Blogia
Guillade

DEGRADACION DO PATRIMONIO

DEGRADACION DO PATRIMONIO

Unhas veces por causa da actuación do home, e outras polo paso do tempo e as condicións meteorolóxicas, as edificacións e construcións que nos rodean acaban estragándose e deteriorándose. No caso concreto da fonte situada na parte baixa da escola de Guillade, parece ser que as fortes choivas caídas no mes de xaneiro, serviron para acentuar o desprendemento dun dos seus muros.

Pese ao seu evidente estado de derrube, ísto parece non interesarlle a demasiada xente, de feito non se escoita nengún tipo de "ruxe-ruxe" ou comentario ao respecto... Lamentabelmente, esta circunstancia de desidia, fíxo que nengún dos nosos veciños aproveitara o feito de que estamos en campaña electoral, para chamarlle a atención sobre o deterioro da fonte -e doutros lugares da parroquia-, a nengún dos políticos que nas últimas semanas teñen pasado moi pertiño de alí, cando ían a escola a dar mítines. 

É posíbel que nengún destes políticos fixera nada, pero polo menos estou seguro de que lles conseguiríamos ter quitado unha promesa electoral, tan de moda nestes días de campaña política ... íso xa sería algo, xa que non vexo a nenguén de Guillade con vontade de arranxar a fonte, ten alguén   algunha proposta?

Aquí vai meu nº de tlf para colaborar: 655128211 (Camilo)

3 comentarios

Anónimo -

Incentivemos ós músicos locales x

Cristina -

Seguro que se se gastara menos en festas poderíamos arreglar máis cousas do pobo.
Se seguimos facendo festas por tradición, deberíamos ter en conta que tradicionalmente as festas se facían cun par de gaiteiros locales, con alegría e humildade, e non facendo un derroche de vanidade contratando a orquetras con precios ridículos. Saúdos

tuco -

o muro das lamentacios xa se derrivou menos mal que non lesionou a ningen se non seria un lamento