Blogia
Guillade

O Arrasta

O Arrasta

D. José María Giráldez Montero "O ARRASTA’. O primeiro en ter unha cámara fotografica na parroquia, resultou ser un gran afeccionado que, contando con laboratorio propio, adicouse a fotografiar as xentes e costumes de Guillade ao longo de moitos anos.

Naceu en Guillade en 1890. De novo emigrou a Portugal, onde traballou nunha industria da rama do carbón. Coa súa pequena fortuna, voltou á parroquia, onde demostrou ser un singular entusiasta en diferentes facetas culturais. Afeccionado á música, pertenceu á agrupación “Música do Rapa”, fundada en Guillade, e onde tocaba a frauta. Ao redor de 1954 abre ó público o "Salon-Cine Guillade" onde se proxectaban películas e se facían “bailes”,  o que lle dá moita vida á parroquia.

A el debe tamén Guillade as árbores que prantou na “Cruz do Valado”, no Torreiro da festa, Reimonde... De notoria intelixencia e memoria, aportou ás novas xeracións interesante información oral sobre as tradicións da parroquia.  Morreu en Guillade o 22 de Xuño de 1968, ós 78 anos.

0 comentarios