Blogia
Guillade

HISTORIA DUNHA EMIGRACION DIFUSA. 500 ANOS DE EMIGRACION GALEGA A LISBOA

 

A obra, da colección Memoria Viva de Acuarela Comunicación, é o resultado de máis de dous anos de intenso traballo de investigación, procura de testemuñas, recompilación documental, recuperación e produción fotográfica.

Analízase, por primeira vez, un extraordinario legado e as ensinanzas dun feito migratorio intrapeninsular e intraeuropeo dos máis antigos e ricos do continente. A coidada edición, o valor histórico de máis de 70 historias de vida editadas e máis dun milleiro de fotografías antigas ou de produción propia converten o libro nunha obra de referencia e de consulta obrigada para elaborar unha nova perspectiva sobre a historia da emigración galega.

 

O autor de Historia dunha emigración difusa é Xan Leira. Esta publicación ten duascentas setenta e dúas páxinas.

 

0 comentarios