Blogia
Guillade

Xornada Solidaria con As Neves

Xornada Solidaria con As Neves

O vindeiro sábado 4 de novembro terá lugar na praza maior de As Neves, unha xornada solidaria destinada a acadar fondos para os seus veciños/as afectados pola vaga de lumes de mediados do pasado outubro. De feito, este termo municipal foi un dos máis seriamente castigados polas lapas.

Aparte de actividades propias desta época do ano, como castañas asadas, haberá tamén rifas, actuacións musicais (Pe de Pote, Ronco&Fol, Os Folieiros, Banda Mazinger e Grupo Carballo da Armada) e agasallos para os cativos que vaian disfrazados de motivos relacionados co Samaín.

0 comentarios