Se muestran los artículos pertenecientes al tema Persoeiros de Guillade.

Arrasta

20071226184646-arrasta.jpg
26/12/2007 18:46 Autor: guillade. Enlace permanente. Tema: Persoeiros de Guillade No hay comentarios. Comentar.

O Arrasta

20071224204938-arrastanovo.jpg

D. José María Giráldez Montero "O ARRASTA’. O primeiro en ter unha cámara fotografica na parroquia, resultou ser un gran afeccionado que, contando con laboratorio propio, adicouse a fotografiar as xentes e costumes de Guillade ao longo de moitos anos.

Naceu en Guillade en 1890. De novo emigrou a Portugal, onde traballou nunha industria da rama do carbón. Coa súa pequena fortuna, voltou á parroquia, onde demostrou ser un singular entusiasta en diferentes facetas culturais. Afeccionado á música, pertenceu á agrupación “Música do Rapa”, fundada en Guillade, e onde tocaba a frauta. Ao redor de 1954 abre ó público o "Salon-Cine Guillade" onde se proxectaban películas e se facían “bailes”,  o que lle dá moita vida á parroquia.

A el debe tamén Guillade as árbores que prantou na “Cruz do Valado”, no Torreiro da festa, Reimonde... De notoria intelixencia e memoria, aportou ás novas xeracións interesante información oral sobre as tradicións da parroquia.  Morreu en Guillade o 22 de Xuño de 1968, ós 78 anos.

24/12/2007 20:49 Autor: guillade. Enlace permanente. Tema: Persoeiros de Guillade No hay comentarios. Comentar.

José Luis Montero: artigos periodísticos

Facémoslle unha pequena homenaxe a un recoñecido escritor da nosa aldea, da Pontedexil. Durante máis de tres anos publicou artigos semanalmente nun xornal galego en internet, que se chama Xornal.com. Aquí podedes enlazar ós seus artigos. Un saúdo, compañeiro.

24/12/2007 00:32 Autor: guillade. Enlace permanente. Tema: Persoeiros de Guillade No hay comentarios. Comentar.

Trobador de Guillade

Xoan Garcia de Guilade Trobador, pertencente á escola galego-portuguesa (1.200-1.350). Atribúenselle 54 cantigas, das que 16 son de amor, 21 de amigo, 15 de maldicer e dúas tenzóns. Pode tratarse dun cabaleiro da corte de Afonso III de Portugal (1248-1279). 0 descoñecido do personaxe é compensado de abondo polo vigor da súa personalidade literaria e o interés da súa obra, a máis brilante e menos suxeita ós estrictos convencionalismos da escola. Da súa producción destaca poderosamente a mención duns ollos verdes, totalmente atípica, que causaron fonda impresión na sua época e na crítica moderna, con ampla descendencia ata o mesmo Camoes.  
20/10/2007 23:08 Autor: guillade. Enlace permanente. Tema: Persoeiros de Guillade No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]