Se muestran los artículos pertenecientes al tema Local social.
Organización dun RASTRO

Estamos pensando organizar un rastro benéfico en Guillade cara ó Nadal. Aqueles que queirades colaborar, por favor póndevos en contacto.
Fan falla:
- reunir mercancía revendible: Libros, adornos, roupa e utensilios diversos.
- Persoal para vender o día que se organice o rastro
- Persoal para opinar sobre onde irán destinados os cartos colectados
Contamos contigo?
A buscar traballo outra vez!
Nestes momentos o número de desempleados é elevado, o que fai a tarea de buscar traballo máis ardua do que xa é, pois se di que "buscar traballo é o pior dos traballos". Dende aquí queremos axudar ós desempleados a que non se desanimen, e o único que se me ocurre é darvos a dirección dun par de páxinas web onde ofertan traballo, e tamén mostrarvos un modelo de Curriculum Vitae que aparecerá no "enlace permanente".
As páxinas son:
Na primeira, sei de varias persoas que atoparon traballo nela, aínda que en mellores tempos, entre elas eu. Sorte
O IMPOSTO DO LIXO
Todo veciño ó que lle pareza abusivo o precio polo servicio do lixo, pode recurrir: na oficina do ORAL ou no mesmo concello, pódese recoller unha folla para cumplimentar, e logo entregar xunto a unha fotocopia do DNI e unha copia da carta onde se pide o pago do imposto do lixo.
Que pasa coa biblioteca de Guillade que leva máis de tres meses cerrada e sin intencion de abrila?
Gustaríame saber se alguén me pode imformar porqué a biblioteca de Guillade leva pechada tanto tempo cando tiña tantos usuarios, e cómo deixan que se estropee todo o material que nela hai!
A tvg en Guillade
Como xa sabedes a tvg estivo en Guillade por motivo do peche da biblioteca. O grabado sairá no programa de Farruco que botan os mércores na galega. Parece ser que o retransmitirán o próximo mércores ou o seguinte. A ver que sae!Entroido en Guillade
O domingo celebramos unha grande festa de entroido no local da Asociación de Veciños. Houbo moitos nenos, rapaces e non tan rapaces, todos disfrazados e tamén unha orquesta que alegrou a festa.
Déronse medallas aos gañadores, e na categoría infantil gañou Nicolás co seu disfraz de calabacín :-)
O resto das fotos podedes velas pinchando na de abaixo.
REVISTA
Encantaríame que alguén se atrevese a retomar esta revista!A biblioteca
Juani é a nova bibliotecaria, e dende eiquí dámoslle a benvida. Ten moitas ideas que esperamos poida levar a cabo con satisfacción.Entre éstas, a de fomentar a lectura involucrando a persoas de tódalas idades. E xa colocóu un buzón de suxerencias para aqueles que queiran comparti-las súas ideas. Neste momento ten organizado un concurso de postales: ten tres fases este concurso, e hoxe ten lugar a segunda fase. Mañán será a terceira e última fase. É un concurso especial que apela a distintas capacidades, entre elas á de saber pensar. Moita sorte!Voluntariado e usuarios dunha ilusión

Saberedes que hai algún tempo suxerimoslle á Asociación de vecinhos de Guillade a creación dun espazo recreativo no local social, e á súa Directiva pareceulle boa idea. Pero as cousas de palacio van despacio.
Entretanto, ocorréuseme facer unha lista de voluntarios de Guillade, e he eiquí os que levo: Vanesa , Samuel, Johnny Maite, Lucas, Elisa. Tamén Xose Manuel ofreceuse para ensinar a xogar ó xadrez. Vanesa e Elisa ofrecéronse para levar a cabo un taller de manualidades semanalmente. Se ti tes algunha idea e queres colaborar para que haxa unha actividade constante en Guillade, apúntate neste blog e así sumaremos.
Sei que desafortunadamente, algunha xente ten intentado entrar neste blog e non consigue facelo, e é unha lástima, pero conseguiremos arranxar ese problema. Recordade que para publicar un artigo neste blog podedes ir ó menú principal, alí pinchar en "Publicar Artículo" e logo poñedes o voso nome e a contraseña "nico", escribides o artigo e acordádevos de gardalo. Despois nós xa o publicamos o máis depresa que poidamos.
Por outro lado, tamén fixen unha lista de futuros usuarios no caso de que conseguísemos un espazo recreativo na casa cultural, pois xa que dende a directiva da Asociación de vecinhos suxeriuse que non había nenos en Guillade: Noa, Tato, María, Suevia, Sandra, Fany, Cristian, Timi, Jessica... Estes sumados ós voluntarios xa suman uns cantos; pero aínda hai máis e se ti eres un ou sabes dalguén, únete á lista.
Local social
Reunión
Buzón de Suxerencias
RASTRO EN GUILLADE Mercadillo para recaudar fondos para materiales, coma xogos ou proxectores…, para a casa da cultura e para Guillade.