Blogia
Guillade

Tempo libre e afecccións

Comilona na casa do Ledo

Hoxe pasámolo superpipa. Estivemos de cociñeiras, cos nosos delantais, e fixemos un menú especial. Dori estivo de axudante de cociña.

Primeiro cociñamos o postre: mazáns ó forno en pan de brioche con marmelada de limón e claudia.


De primeiro preparamos foliados de queixo e canapés de sardiña con pepinillo e tomate.


De segundo brochetas con patacas asadas multisabores.

Ó final só nos quedou zamparnos o supermenú.

Madámoslles un saúdo a Cristian e Tato, e esperamos que en Madrid coman tan ben coma nós :-)

O mellor Ronaldinho

O mellor Ronaldinho Este é o mellor. Pouco podo dicir; agora veremos chilenas de Ronaldinho.

Medal of honor

O xogo de Medal of honor é dunha muller que ten que salvar o mundo e encontrou o seu irmán cando morreu dunha explosión de bomba, despois secuestráronna e estuvo arrestada.


O mellor porteiro do Século XXI

O mellor porteiro do Século XXI Este é Valdés, o mellor Porteiro do mundo.

Este é Casillas

Este é Casillas Este é Casillas, un porterazo. Para tiros fora da área, tamén din que é guapo.Veremos fotos de Casillas parando os Balóns.

Festival de outono

O pasado mes de novembro os nenos e nenas de Guillade fixemos un festival con teatro, cancións, bailes e moitas cousas máis. Pasámolo super ben.


Tamén tivo a súa parte triste, e foi que tivemos que despedirnos de Marimar que foi moi boa con nós... Pero esperamos que nos visite moi pronto!!!

Aquí podedes ver dous vídeos:

No primeiro estamos representando a historia de ceboliño

No segundo lemos un poema de despedida a Marimar


Mola Melendi

Aquí podemos escoitar dúas cancións de Melendi... a que máis me gusta é a de Caminando por la vida.

A miña familia

Vouvos presentar á miña familia:
Meus pais son Teresa e Manolo.
Miñás irmás son Jenni, Jessi e Maite.
Meus curmáns son Gonzalo e Andrés.
Os meus avós son Generosa e José e Leopoldina e Manolo.
Os meus animais preferidos son os cans e os cabalos. Eu teño 7 cans, unha égua, un loro, uns cantos paxaros e catro porcos.
Os meus mellores amigos son: Sheila, Dori e Xose.
Somos unha familia grande porque entre todos somos 14 primos.


Hoxe foi domingo

Ola, hoxe envasei mel e fixen un pastel con Dori e metémolo no forno e tamén vin a Dori limpando o chan coa aspiradora, e xoguei con Xose ó xadrez e eu mateille o rei de Xose e tamén comín mandarinas e asegúrobos que estaban moi boas. Despois limpei con Dori os barriles de mel bótandolle auga coa mangueira, e púxenme as botas empapadas. Logo fomos ver como estaba o pastel no forno, e aínda non estaba. Ó final ó pastel xa estaba listo e zampámolo entre todos. FIN.


Estefanía

No cemiterio

Ao chegar ao cemiterio estiveron na herba Harri e Cedric. Entón viron que non estaba o castelo e Harri Potter dixo:
- "Eu estiven aquí nun sono"
e apareceu Colagosano e Harri mirou a Cedric e dixo: "Cedric, temos que volver a Copa, xa!" -"De que estás falando" -dixo Cedric. Escocíalle a cicatriz.
"Volve a copa!" -replicou Harri.


Apareceu Colagosano, e Voldemort dixo: "Mata ao outro, abadakedabra!"
e Colagosano atou a Harri na pedra de Ríddel. A cobra arrastrábasa na herba e Colagosano dixo: "Óso do pai, involuntariamente o tornado, sangue do humano e da forza, carne do señor que foi sacrificado",
entón o nivel da auga subiu e naceu Voldemort e dixo: "A miña variña, Colagosano!", e dixo: "O brazo, Colagosano" -Ouh, grazas! "O outro brazo, Colagosano!".
E saíron as marcas do ceo e os mortífagos -benvidos meigos- "hoxe imos celebrar a Mutua, eu regresei pero por medo, non por lealtade!"
- Pero eu, pola contra, ocupácheste de min estes meses, Colagosano -Vaia, que mozo tan ben posto! -Non lle toques, replicou Harri.


-Vaia, canto tempo, dixo Voldemort. O neno que sobreviviu, verdade? -Cantas mentiras na túa lenda -Agora podo tocarche, Harri. Escocíalle a cicatriz. -Dóeche, verdade, díxolle outra vez. -Como caen as gotas do teu sangue, e soltouno e dixo: "Colle a túa variña, Harri, ¡dixen que a collas!" - E Voldemort dixo: "Voute matar, Harri Potter, voute destruír", e dixo : "Non te escondas, Harri Potter, deixa ver a túa cara, os teus ollos..." e dixo Harri: "Se ti o dis, expeliarmus", e Voldemort dixo: "Abadakedabra!". E venceu Harri Potter.

 

A min gústame o fútbol

Os que estan cerca, cerca do liderato son: O R.madrid, o Barcelona, o Vilareal. Claro que o Barcelona é o mellor.
Tamen na Casa cultural, se participades vai haber moitos Xogos tamen hai o Bingo popular en Guillade.
Tamen hai outros deportes como o Judo, o Pinpon, o Baloncesto e o Xogo que nos gusta a todos
PRESSING CATCH.

Combate entre Rei Misterio e Batista

Eu son Crístofer e todos me coñecen como Tato. Eu miro a tele e vin unha canle e pregunteime, que é isto? E o vin, e xogaban Undertaker e Chabi Guerrero. Entón gañou Undertaker. E vin a Finley e a Batista, e gañou Batista. Fumos xogar ó patio e vin ós meus amigos. E eles dixéronnos: vistes pressing catch? -Si. -Xogamos? E dixen: Vale! E eu fíxenlle o 619 e lastimeino. Entón dixo a profesora : "Por que vos pelexades?" E que Tato fíxome ó 619. E dixo a profesora: "Que é o 619? ¡Non me tomedes o pelo, rapaces!".

Aquí podedes coñecer todas as chaves do pressing


Batista e Rei Misterio son os mellores

Batista e Rei Misterio son os mellores Imos ver as mellores chaves de Batista e de Rei Misterio. A de Batista chámase A BOMBA (aquí a vedes), A chave máis famosa de Rei Misterio é a 619 (patada doble de tigre a un oponente recargado nas cordas) É o prefixo telefónico de San Diego, a súa cidade natal. Aquí tendes a Rei Misterio: Para acabar ides ver as entradas de Batista e de Rei:

Proba

Ola Cris...

Calquera pode publicar un artigo no blog... a clave é nico

Pero sempre o administrador terá o privilexio de moderar e en ultimo termino publicalo, pois cando entres como admin terás nos borradores os artigos escritos por outras persoas, e entón poderás publicalo ou eliminalo.

 Chao.

Harry Potter e o cáliz de fogo

Anímovos a todos a ver a peli de Harry Potter e o cáliz de fogo. Poderedes ver como Harry dá cabo de Cedric nun cemiterio cun feitizo mortal.

Xogo de preguntas sobre Guillade

1. Qué escribía Xoan García de Guillade?

2. Nome e apelidos do Arrastra

3. Con que parroquias linda Guillade?

4. Cómo se chama e onde nace o río que pasa por Guillade?

5. Qué Virxe levan os Guilladenses na Romaría da Franqueira?

6. Nomea 2 concelleiros de Guillade que exerceran durante a democracia

7. A quén lle tocou organizar a Festa do Cristo este ano 2007?

8. Quén plantóu os tilos do cruce e do bar A Fonte?

9. Qué persoa de Guillade saíu nun anuncio de sulfato?

10. En qué ano comenzóu o colexio de Oliveira?

11. Qué dúas persoaxes de Disney aparecen no portal da Escola Infantil e Biblioteca de Guillade? 

A primeira persoa que responda correctamente a estas preguntas recibirá un bonito regalo Sonriente