Blogia
Guillade

Tempo libre e afecccións

Carallada Sideral .....

Discurso do presidente da Academia da Lingua digno de escoitar. Está caralludo.

http://www.as-pg.com/Podcast/ShowPlayer.do?file=38§ion=4

Escoitao nesta dirección, É o qué Hay.....

O grand theft auto San Andreas

É un xogo moi magnífico, ten trucos e é moi divertido. Agora imos ver unha foto.

O mellor Dani Sordo

Dani Sordo é un piloto de rallys que vai gañar o campionato do mundo. Imos ver unha foto del.

Este é Etoó

Etoó naceu en Camerún a agora é do Barcelona. Gústalle  xogar ben, agora quéreno muitos equipos como o Madrid, Vilareal, Bayern de Munich..., pero el non se vai, bueno así é Etoó.

Roteiro polos montes de Cillarga

O pasado sábado 26 de abril, perto de medio cento de persoas de diferentes parroquias do Concello de Ponteareas, acudiron á chamada de apoio feita polas organizacións: ADENCO, GALIZA NOVA e ASOCIACIÓN XUVENIL MZS, para denunciar neste caso o proxecto de apertura dunha canteira nesta zona da parroquia de Ribadetea.

Nesta ocasión, os asistentes poideron coñecer da man dos guías que organizaron a camiñata, os restos megalíticos existentes neste entorno natural, destacando as mámoas e dólmenes datados entre o 5.000 e 2.000 antes de Cristo, como os da “Lomba do Carballo Escuro”, “O Castelo” ou a mámoa do “Alto do Marco”.

Este roteiro é un dos primeiros que estas organizacións ecoloxistas e xuvenís, teñen programados levar adiante por diferentes puntos da nosa Comarca, barallándose incluso a posibilidade de que moi pronto pasen incluso por Guillade co gallo de dar a coñecer a riqueza e valor do noso patrimonio natural e cultural.

Aprazado o maratón de Mountain Bike

Por mor das abundantes choivas destes días os camiños e pistas polos que ía transcurrir esta proba, prevista para o día 27 deste mes de abril, atópanse nun estado o suficientemente malo como para que a Organización do evento (C.C. Lamprea), decidíra suspender a proba ata outra data aínda por determinar.

Hai que vélo polo lado positivo... así hai máis tempo para adestrar...

Vamos a Cillarga

Sábado 26 de abril 2008: Percorrido guiado polos montes de Cillarga, xinzo e Mos.
O Viveiro - Chan de Marco - O Salgueirón.
Dificultade media.
Ás 16.00h na Estación de Autobuses de Ponteareas ou ás 16.15h na area recreativa do Viveiro, en Cillarga.

III Maratón de Mountain Bike “A Lamprea”

Por terceiro ano consecutivo a xente do “Clube Ciclista A Lamprea” das Neves organiza un maratón en mountain bike por terras do Condado. A proba será o día 27 deste mes de abril, aínda que os interesados/as deberían inscribirse –a poder ser- antes do día 25.

 

O percorrido contará con dous itinerarios: un de 65 kms. e outro máis “humano” de 45 kms., se ben xa se pode botar un ollo ao perfil da proba, así como atopar máis información na web do propio Clube: www.cclamprea.com ou nos números de tlf: 626 857 831 e 619 550 442

A ver, se eres de Guillade... hai que dar o callo!!

Sendeirismo

O día 1 de maio,para nen@s, xóvenes e maiores; saída ás 10 da manhá na pista polideportiva de Guláns. Percorrido: Abisoureira, igrexa, a Barxa, Manhaferro, Canteira de Mariano, San Cibrán e Abisoureira. Dificultade media. Duración 3 horas aprox. Disfrutaremos de unha igrexa, unha capela, 6 muinhos, poboado celta, canteira co lagar inacabado, casas senhoriais, barrios deshabitados, caminho de peregrinaxe a San Cibrán, Parque Natural, miradoiros de Condado e Baixo Minho, regatos, fervenzas, lavadoiros, fontes...

A camiseta do Madrid

A camiseta do Madrid e Benq Siemens e é a peor camiseta do mundo. Espero que gane o Barcelona e perda o Madrid, que é unha gran pataca podre, e seguro que lle fan boa falta os pañais. Bueno, Xose e Dori son os meus mellores amigos no mundo e espero que Xose  lea a carta.

Bueno, vos deixo. ADEUS.

 

Nicolás cumpre un ano

Onte Nicolás celebrou o seu primeiro cumpreanos cos seus amigos e amigas: Gabriel, Tomás, Alejandro, Cristina... E vaia tarta que tivo: de chocolate con guindas de cores! Iso si, antes de soprar tiña que comprobar que a vela estaba ben encendida, non se lle fose a estragar o desexo.

Despois diso xa se atreveu a soprar con toda a súa forza e apagou a vela a primeira!

Despois de zamparmos a tarta chegaron os regalos... un feixe deles, e o máis grande era un coche con gafas!

Menudo cumpre!! Esperemos que os próximos non se queden atrás!!

Newton e a Ley da Gravidade

Newton e a Ley da Gravidade Ley da Gravidade: Cuando toda a gente a nossa volta está de cabeza perdida, e nós, continuamos tranquilos e de cabeza fría, antón, é que probablemente, non estejamos a perceber a Gravidade da situación.  

Adestrando ao ping-pong

Prepárase un próximo campionato de ping-pong no eido do Ledo con importantes premios e hai que ir adestrando. Polo de agora os favoritos son Cristian e Tato, pero cunha igualdade que vai ser difícil apostar por un gañador. Seguro que acaba gañando o que máis practique!!



Día de lectura

Hoxe estaba boa tarde para ler no xardín, así que nos apuntamos todas. Sandra, Fani, Elisa e Dori puxémonos a ler cada quen o seu libro. Ler tamén é unha boa maneira de divertirse!!

 

Aprendendo a inxertar

Esta semana estivemos facendo inxertos de pexegueiro. Consiste nunha operación quirúrxica, pegando nun pé de pexegueiro bravo unhas ramiñas de pexegos ou peladillos de boa clase, para que así a árbore dea pexegos ou peladillos dos que se comen cos ollos.
Na foto estamos os dous acabando de facer o inxerto.
E no vídeo podedes ver unha explicación máis detallada :-)


V MARCHA CICLOTURISTICA “DAS ROSQUILLAS”.

V MARCHA CICLOTURISTICA “DAS ROSQUILLAS”.
O pasado domingo 27 de xaneiro, a “A.D.C. Picaraña” organizóu por quinto ano consecutivo unha marcha cicloturista polo noso Concello, que xunto as tradicionalmente xa organizadas polo “Clube Cilclista da Lamprea” das Neves (Marcha do Requeixo), sitúan a bisbarra do Condado como un referente claro a hora de falar do cicloturismo en mountain-bike a nivel galego e do Norte de  Portugal,  xa que cada ano son máis e máis os veciños “do sur do río Minho”, que veñen a acompañarnos.

Nesta ocasión o número de participantes situouse en torno aos 700, unha cifra aínda lonxana dos máis de 1.200 participantes que adoitan tomar parte na proba lúdica organizada nas Neves pola xente da “Lamprea”.  Foron case 40 kms. de néboa e frío ao principio, e de bastante calor para esta altura do ano ao final do percorrído, pero moi ben levados grazas ao chocolate ben quente e as rosquillas que fóron servidas antes da saída –xunto a piscina municipal de Ponteareas-, así como no  tempo de “avituallamento” na falda do Monte Galleiro. 

Segundo indican algúns dos participantes da nosa parroquia, o nome de Guillade foi sinónimo de  “ fortaleza e resistencia” dentro do pelotón nos repeitos máis duros  da proba, que pasou por sitios como: Fozara, Pazos de Borbén, Ribadetéa, o Monte Galleiro, etc… E xa que nengún de nós estívo alí, terémos que confiar no que eles dín…

De igual xeito, houbo agasallos para os sufridos e enlamados ciclistas (e íso que non choveu como 15 días antes na “Marcha do Requeixo”), consistentes nunha camisola e un gorro, así como o orgullo de ser acompañados a golpe de pedal en todo momento, polo gañador do Tour Oscar Pereiro, quen xa é un habitual “padriño” das  probas celebradas no Condado nos últimos anos. Amosando que os campións son doblemente grandes tendo a modestia e o detalle de deixarse ver en eventos deste estilo; por non falar da súa infinita paciencia, “aturando” ás moreas de admiradores que constantemente achegábanse a él para repetirlle o orgullosos que todos estamos de que un paisano de Mos levara ao máis alto o nome de Galiza no mundo do ciclismo.  Agardemos que o próximo ano a forma física dos e das guilladenses (a parte de ser máis) siga estando á altura das circustancias, do frío, da néboa e dos camiños de cabras…

Entroido

Entroido O luns 28 de xaneiro, ás 17.00 horas: Maquillaxe de entroido na Axencia de Lectura de Guillade

Adoro o mellor xogador: KAKA

É o mellor xogador: controla, regatea, pasa, desmárcase, recibe, chuta e.... GOOOOOOOOL!!!!

O peor porteiro do mundo

O peor porteiro do mundo é Buffon


Regalos de Reis

Ola amiguiños: esperamos que os Reis se portaran tan ben con vós como se portaron con nós.

Regaláronnos unha casa superchuli con todos os mobles e unha moneca que se pode maquillar e peitear.

A ver se ensinades tamén algún xoguete, eh!