Se muestran los artículos pertenecientes al tema Tempo libre e afecccións.
Ximnasia para tod@s

Onte comenzaron no novo local social de Guillade, unha nova actividade: Ximnasia, para nenos, nenas, mulleres e homes. Serán os martes e os xoves no serán.
Carallada Sideral .....
Discurso do presidente da Academia da Lingua digno de escoitar. Está caralludo.
http://www.as-pg.com/Podcast/ShowPlayer.do?file=38§ion=4
Escoitao nesta dirección, É o qué Hay.....
O mellor Dani Sordo
Este é Etoó
Etoó naceu en Camerún a agora é do Barcelona. Gústalle xogar ben, agora quéreno muitos equipos como o Madrid, Vilareal, Bayern de Munich..., pero el non se vai, bueno así é Etoó.
Roteiro polos montes de Cillarga

Nesta ocasión, os asistentes poideron coñecer da man dos guías que organizaron a camiñata, os restos megalíticos existentes neste entorno natural, destacando as mámoas e dólmenes datados entre o 5.000 e 2.000 antes de Cristo, como os da “Lomba do Carballo Escuro”, “O Castelo” ou a mámoa do “Alto do Marco”.
Este roteiro é un dos primeiros que estas organizacións ecoloxistas e xuvenís, teñen programados levar adiante por diferentes puntos da nosa Comarca, barallándose incluso a posibilidade de que moi pronto pasen incluso por Guillade co gallo de dar a coñecer a riqueza e valor do noso patrimonio natural e cultural.
Aprazado o maratón de Mountain Bike
Por mor das abundantes choivas destes días os camiños e pistas polos que ía transcurrir esta proba, prevista para o día 27 deste mes de abril, atópanse nun estado o suficientemente malo como para que a Organización do evento (C.C. Lamprea), decidíra suspender a proba ata outra data aínda por determinar.
Hai que vélo polo lado positivo... así hai máis tempo para adestrar...
Vamos a Cillarga
Sábado 26 de abril 2008: Percorrido guiado polos montes de Cillarga, xinzo e Mos.O Viveiro - Chan de Marco - O Salgueirón.
Dificultade media.
Ás 16.00h na Estación de Autobuses de Ponteareas ou ás 16.15h na area recreativa do Viveiro, en Cillarga.
III Maratón de Mountain Bike “A Lamprea”
Por terceiro ano consecutivo a xente do “Clube Ciclista A Lamprea” das Neves organiza un maratón en mountain bike por terras do Condado. A proba será o día 27 deste mes de abril, aínda que os interesados/as deberían inscribirse –a poder ser- antes do día 25.
O percorrido contará con dous itinerarios: un de 65 kms. e outro máis “humano” de 45 kms., se ben xa se pode botar un ollo ao perfil da proba, así como atopar máis información na web do propio Clube: www.cclamprea.com ou nos números de tlf: 626 857 831 e 619 550 442
A ver, se eres de Guillade... hai que dar o callo!!

Sendeirismo
O día 1 de maio,para nen@s, xóvenes e maiores; saída ás 10 da manhá na pista polideportiva de Guláns. Percorrido: Abisoureira, igrexa, a Barxa, Manhaferro, Canteira de Mariano, San Cibrán e Abisoureira. Dificultade media. Duración 3 horas aprox. Disfrutaremos de unha igrexa, unha capela, 6 muinhos, poboado celta, canteira co lagar inacabado, casas senhoriais, barrios deshabitados, caminho de peregrinaxe a San Cibrán, Parque Natural, miradoiros de Condado e Baixo Minho, regatos, fervenzas, lavadoiros, fontes...A camiseta do Madrid
A camiseta do Madrid e Benq Siemens e é a peor camiseta do mundo. Espero que gane o Barcelona e perda o Madrid, que é unha gran pataca podre, e seguro que lle fan boa falta os pañais. Bueno, Xose e Dori son os meus mellores amigos no mundo e espero que Xose lea a carta.
Bueno, vos deixo. ADEUS.

Entre o Esterco e as Laranjas
Un ejecutivo do topo da piramide entrou en colapso nervioso é foi ao médico. O médico diagnosticoulhe ansiedade e aconselhou-o a ir para o campo durante 15 dias.O ejecutivo procurou seguir as orientacions do médico, é apetrechado de livros é Cd´s, marchou para a herdade de un amigo.Passados dous dias, já tinha lido dous livros é já tinha ouvido casi todos los Cd´s, pero continuaba inquieto. Antón, pensou fazer actividade física, é decidiu chamar o caseiro para pedirlhe ajuda. O caseiro viu un monte de esterco, é dixolhe ao ejecutivo que o espalhara sobre a área de cultivo, pensando que éste iria tardar unha semana. No dia seguinte, o ejecutivo já tinha distribuído todo o esterco, é pediulhe ao caseiro que lhe atribuíra unha nova tarefa. O caseiro mandou-o ir ao laranjal para dividir as laranjas pequenas, médias e grandes en cestas diferentes. No fim do dia, o ejecutivo non volveu, e o caseiro preocupado, foi en sua busca. Vindo a encontralo con unha laranja na man, mentras se questionaba: " É grande. Non, É média. Ou será pequena??.Moral da História: " Espalhar Esterco É Fácil. Difícil É Tomar Decisions." Nicolás cumpre un ano
Onte Nicolás celebrou o seu primeiro cumpreanos cos seus amigos e amigas: Gabriel, Tomás, Alejandro, Cristina... E vaia tarta que tivo: de chocolate con guindas de cores! Iso si, antes de soprar tiña que comprobar que a vela estaba ben encendida, non se lle fose a estragar o desexo.

Despois diso xa se atreveu a soprar con toda a súa forza e apagou a vela a primeira!

Despois de zamparmos a tarta chegaron os regalos... un feixe deles, e o máis grande era un coche con gafas!

Menudo cumpre!! Esperemos que os próximos non se queden atrás!!
Newton e a Ley da Gravidade
Ley da Gravidade: Cuando toda a gente a nossa volta está de cabeza perdida, e nós, continuamos tranquilos e de cabeza fría, antón, é que probablemente, non estejamos a perceber a Gravidade da situación. Adestrando ao ping-pong
Prepárase un próximo campionato de ping-pong no eido do Ledo con importantes premios e hai que ir adestrando. Polo de agora os favoritos son Cristian e Tato, pero cunha igualdade que vai ser difícil apostar por un gañador. Seguro que acaba gañando o que máis practique!!
Día de lectura
Hoxe estaba boa tarde para ler no xardín, así que nos apuntamos todas. Sandra, Fani, Elisa e Dori puxémonos a ler cada quen o seu libro. Ler tamén é unha boa maneira de divertirse!!
Aprendendo a inxertar
V MARCHA CICLOTURISTICA “DAS ROSQUILLAS”.

Entroido
O luns 28 de xaneiro, ás 17.00 horas: Maquillaxe de entroido na Axencia de Lectura de GuilladeAdoro o mellor xogador: KAKA
É o mellor xogador: controla, regatea, pasa, desmárcase, recibe, chuta e.... GOOOOOOOOL!!!!


O peor porteiro do mundo
O peor porteiro do mundo é Buffon
Regalos de Reis
Ola amiguiños: esperamos que os Reis se portaran tan ben con vós como se portaron con nós.
Regaláronnos unha casa superchuli con todos os mobles e unha moneca que se pode maquillar e peitear.
A ver se ensinades tamén algún xoguete, eh!
Comilona na casa do Ledo
Hoxe pasámolo superpipa. Estivemos de cociñeiras, cos nosos delantais, e fixemos un menú especial. Dori estivo de axudante de cociña.
Primeiro cociñamos o postre: mazáns ó forno en pan de brioche con marmelada de limón e claudia.
De primeiro preparamos foliados de queixo e canapés de sardiña con pepinillo e tomate.
De segundo brochetas con patacas asadas multisabores.

Ó final só nos quedou zamparnos o supermenú.
Madámoslles un saúdo a Cristian e Tato, e esperamos que en Madrid coman tan ben coma nós :-)
Tato e os seus irmáns
Tato e os seus irmáns Cristian, Sandra, Estefania, e tamén Elisa son moi participativos e activos. Seica foron de vacacións a Madrid pasa-lo Nadal coa familia e xa os botamos en falta. Desexámoslle dende eiquí ós catro Felices Festas!O mellor Ronaldinho
Este é o mellor. Pouco podo dicir; agora veremos chilenas de Ronaldinho.O mellor porteiro do Século XXI
Este é Valdés, o mellor Porteiro do mundo.Medal of honor
O xogo de Medal of honor é dunha muller que ten que salvar o mundo e encontrou o seu irmán cando morreu dunha explosión de bomba, despois secuestráronna e estuvo arrestada.
Este é Casillas
Este é Casillas, un porterazo. Para tiros fora da área, tamén din que é guapo.Veremos fotos de Casillas parando os Balóns.Festival de outono
O pasado mes de novembro os nenos e nenas de Guillade fixemos un festival con teatro, cancións, bailes e moitas cousas máis. Pasámolo super ben.
Tamén tivo a súa parte triste, e foi que tivemos que despedirnos de Marimar que foi moi boa con nós... Pero esperamos que nos visite moi pronto!!!
Aquí podedes ver dous vídeos:
No primeiro estamos representando a historia de ceboliño
No segundo lemos un poema de despedida a Marimar
Mola Melendi
Aquí podemos escoitar dúas cancións de Melendi... a que máis me gusta é a de Caminando por la vida.

A miña familia
Vouvos presentar á miña familia:
Meus pais son Teresa e Manolo.
Miñás irmás son Jenni, Jessi e Maite.
Meus curmáns son Gonzalo e Andrés.
Os meus avós son Generosa e José e Leopoldina e Manolo.
Os meus animais preferidos son os cans e os cabalos. Eu teño 7 cans, unha égua, un loro, uns cantos paxaros e catro porcos.
Os meus mellores amigos son: Sheila, Dori e Xose.
Somos unha familia grande porque entre todos somos 14 primos.
Hoxe foi domingo
Ola, hoxe envasei mel e fixen un pastel con Dori e metémolo no forno e tamén vin a Dori limpando o chan coa aspiradora, e xoguei con Xose ó xadrez e eu mateille o rei de Xose e tamén comín mandarinas e asegúrobos que estaban moi boas. Despois limpei con Dori os barriles de mel bótandolle auga coa mangueira, e púxenme as botas empapadas. Logo fomos ver como estaba o pastel no forno, e aínda non estaba. Ó final ó pastel xa estaba listo e zampámolo entre todos. FIN.

Estefanía
No cemiterio
Ao chegar ao cemiterio estiveron na herba Harri e Cedric. Entón viron que non estaba o castelo e Harri Potter dixo:
- "Eu estiven aquí nun sono"
e apareceu Colagosano e Harri mirou a Cedric e dixo: "Cedric, temos que volver a Copa, xa!" -"De que estás falando" -dixo Cedric. Escocíalle a cicatriz.
"Volve a copa!" -replicou Harri.

Apareceu Colagosano, e Voldemort dixo: "Mata ao outro, abadakedabra!"
e Colagosano atou a Harri na pedra de Ríddel. A cobra arrastrábasa na herba e Colagosano dixo: "Óso do pai, involuntariamente o tornado, sangue do humano e da forza, carne do señor que foi sacrificado",
entón o nivel da auga subiu e naceu Voldemort e dixo: "A miña variña, Colagosano!", e dixo: "O brazo, Colagosano" -Ouh, grazas! "O outro brazo, Colagosano!".
E saíron as marcas do ceo e os mortífagos -benvidos meigos- "hoxe imos celebrar a Mutua, eu regresei pero por medo, non por lealtade!"
- Pero eu, pola contra, ocupácheste de min estes meses, Colagosano -Vaia, que mozo tan ben posto! -Non lle toques, replicou Harri.

-Vaia, canto tempo, dixo Voldemort. O neno que sobreviviu, verdade? -Cantas mentiras na túa lenda -Agora podo tocarche, Harri. Escocíalle a cicatriz. -Dóeche, verdade, díxolle outra vez. -Como caen as gotas do teu sangue, e soltouno e dixo: "Colle a túa variña, Harri, ¡dixen que a collas!" - E Voldemort dixo: "Voute matar, Harri Potter, voute destruír", e dixo : "Non te escondas, Harri Potter, deixa ver a túa cara, os teus ollos..." e dixo Harri: "Se ti o dis, expeliarmus", e Voldemort dixo: "Abadakedabra!". E venceu Harri Potter.
A min gústame o fútbol
Tamen na Casa cultural, se participades vai haber moitos Xogos tamen hai o Bingo popular en Guillade.
Tamen hai outros deportes como o Judo, o Pinpon, o Baloncesto e o Xogo que nos gusta a todos
PRESSING CATCH.

Combate entre Rei Misterio e Batista
Eu son Crístofer e todos me coñecen como Tato. Eu miro a tele e vin unha canle e pregunteime, que é isto? E o vin, e xogaban Undertaker e Chabi Guerrero. Entón gañou Undertaker. E vin a Finley e a Batista, e gañou Batista. Fumos xogar ó patio e vin ós meus amigos. E eles dixéronnos: vistes pressing catch? -Si. -Xogamos? E dixen: Vale! E eu fíxenlle o 619 e lastimeino. Entón dixo a profesora : "Por que vos pelexades?" E que Tato fíxome ó 619. E dixo a profesora: "Que é o 619? ¡Non me tomedes o pelo, rapaces!".
Aquí podedes coñecer todas as chaves do pressing
Batista e Rei Misterio son os mellores
Imos ver as mellores chaves de Batista e de Rei Misterio. A de Batista chámase A BOMBA (aquí a vedes), A chave máis famosa de Rei Misterio é a 619 (patada doble de tigre a un oponente recargado nas cordas) É o prefixo telefónico de San Diego, a súa cidade natal. Aquí tendes a Rei Misterio: Para acabar ides ver as entradas de Batista e de Rei:Proba
Ola Cris...
Calquera pode publicar un artigo no blog... a clave é nico
Pero sempre o administrador terá o privilexio de moderar e en ultimo termino publicalo, pois cando entres como admin terás nos borradores os artigos escritos por outras persoas, e entón poderás publicalo ou eliminalo.
Chao.
Harry Potter e o cáliz de fogo
Anímovos a todos a ver a peli de Harry Potter e o cáliz de fogo. Poderedes ver como Harry dá cabo de Cedric nun cemiterio cun feitizo mortal.

Xogo de preguntas sobre Guillade
1. Qué escribía Xoan García de Guillade?
2. Nome e apelidos do Arrastra
3. Con que parroquias linda Guillade?
4. Cómo se chama e onde nace o río que pasa por Guillade?
5. Qué Virxe levan os Guilladenses na Romaría da Franqueira?
6. Nomea 2 concelleiros de Guillade que exerceran durante a democracia
7. A quén lle tocou organizar a Festa do Cristo este ano 2007?
8. Quén plantóu os tilos do cruce e do bar A Fonte?
9. Qué persoa de Guillade saíu nun anuncio de sulfato?
10. En qué ano comenzóu o colexio de Oliveira?
11. Qué dúas persoaxes de Disney aparecen no portal da Escola Infantil e Biblioteca de Guillade?
A primeira persoa que responda correctamente a estas preguntas recibirá un bonito regalo


