Blogia
Guillade

Actualidade política

Resultados Autonómicas 2016

Ante a posibilidade dunhas terceiras eleccións no que vai de ano, colgamos hoxe os resultados do pasado domingo, para ir abrindo boca... Como curiosidade cabe destacar o incremento de votos na mesa de Guillade-Cumiar por parte do PSOE, en relación á baixada municipal, provincial e galega, así como o descenso experimentado polo PP na mesma mesa.

 

 

PP

PSOE

BNG-NOS

EN MAREA/AGE

OUTROS

Guillade-Cumiar 2016

140

91

30

57

12

Guillade-Cumiar 2012

152

75

44

25

9

Ponteareas 2016

 

4562

1949

1109

2602

 

652

 

Ponteareas 2012

4548

2048

1668

1380

583

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Resultados electorais Xuño 2016

Novamente volcamos aquí os resultados electorais das pasadas eleccións de finais de xuño ao Estado; uns resultados -por outra parte- moi semellantes aos do resto de Galicia, agás no caso de Ciudadanos na nosa mesa electoral de Guillade e Cumiar, xa que a diferencia da baixada xeral desta formación, nestas dúas parroquias subíu timidamente.

No tocante aos restantes partidos, os datos son congruentes coas cifras autonómicas e provinciais: subida do PP, feble baixada do PSOE, algo máis forte no caso de En Marea, e gran devalo do BNG-NÓS.

 

PP

PSOE

BNG-NOS

EN MAREA

C´S

Guillade-Cumiar 2016

145

94

7

71

23

Guillade-Cumiar 2015

133

108

10

79

20

Ponteareas 2016

 

4210

2533

379

3431

1107

 

 

Ponteareas 2015

3979

2559

682

3936

1186



 

RESULTADOS ELECCIÓNS XERAIS 2015

Practicamente un mes despois da celebración das últimas eleccións xerais, ofrecemos aquí os resultados da mesa electoral de Guillade/Cumiar. Lugares que non quedaron ao marxe dos notables cambios que se produciron a niveis municipais, autonómicos e estatais: caída dos dous grandes partidos, desplome do BNG e irrupción das Marea-Podemos e Ciudadanos

 

 

PP

PSOE

BNG/NóS

EN MAREA

CIUDADANOS

OUTROS

Guillade/Cumiar2015

133

108

10

79

20

5

Ponteareas 2015

3979

2559

682

3936

1186

306

Guillade/Cumiar2011

173

160

45

-

-

1

Ponteareas 2011

6391

3302

1649

-

-

938

O rural en Ponteareas

O rural en Ponteareas

http://www.comarcasnarede.com/index.php/o-condado/ponteareas/item/1295-riada-do-tea-aposta-pola-posta-en-valor-do-rural-e-proteccion-dos-montes

RESULTADOS ELECTORAIS 2015 DA MESA GUILLADE-CUMIAR

RESULTADOS ELECTORAIS 2015 DA MESA GUILLADE-CUMIAR

RESULTADOS ELECTORAIS EUROPEAS 2014 GUILLADE

Lamentando non poder ter conseguido os datos relativos aos anteriores comicios do 2009, no que á mesa electoral de Cumiar-Guillade se refire, para unha mellor comprensión dos resultados, ofrécense aquí os deste último proceso electoral:

 

 

PP

%

PSOE

%

BNG

%

AGE

%

POD

%

Outr.

%

PARTP

GUILLADE

91

37,9

65

27,8

26

10,8

23

9,5

6

2,5

26

10,8

43,9

PONTEARE.

2330

31,1

1529

20,4

868

11,6

756

10,1

783

10,4

1009

13,4

43,6

PONTEARE.

 (2009)

3797

48,3

2616

33,3

943

12,2

121*

1,5*

-

-

138

1,7

44,3

No que aos “tres grandes” se refire, os tres perderon votos, aínda que de xeito moi desigual: xa que mentres o BNG foi capaz de fidelizar con bastante éxito os seus votantes, o PP deixou case 1500 apoios polo camiño.

 

Perdida votos Respetco 2009

PP

%

PSOE

%

BNG

%

PONTEAREAS

1467

-38,6%

1087

-41,5%

75

-7,9%

PONTEVEDRA

71336

-38,7%

60936

-45,2%

5064

-13,9%

GALICIA

216577

-37,9%

183934

-45,6%

23992

-23,1

 

Neste senso aínda que matemáticamente caben múltiples posibilidades e combinacións, no que ao trasvase de votos se refire; o feito de que nos anteriores comicios non se contara coa presenza de AGE nen  PODEMOS, abre un abáno de posibilidades  interesante no que a orixe dos  apoios acadados por estes partidos, especialmente no caso ponteareán. E aínda que semella tratarse dun voto urbán, novo e procedente en boa parte de desencantados do PSOE, e  incluso dalgún abstencionista -xa que como xa se dixo-, alo menos neste escenario local o BNG non sufríu unha erosión significativa de apoios, polo que en certo modo pode descartarse un trasvase significativo dende as súas filas a estas novas formacións.

Resultados Guillade - Eleccións Autonómicas 2012

As eleccións celebradas o pasado domingo 21 de outubro, situaron ao PP de A.Feijóo como gañador das mesmas, proporcionándolle –novamente- a maioría absoluta no Parlamento Galego, pese a perda de máis de 130.000 votos, o que non constituíu osbstáculo algún para que incluso aumentara en 3 parlamentarios a súa presencia na cámara autonómica, como resultado da aplicación da Lei D´Hondt  e do menor índice de participación.

 

De todos xeitos, o PP non foi o único partido que perdeu apoios, de feito, agás AGE (Anova+EU&Outros), todos os grupos políticos con representación perderon votos en menor ou maior medida, especialmente o BNG, se ben curiosamente, na provincia de Pontevedra resiste algo mellor a perda, todo o contrario que o PP, onde foi a única provincia onde non acadou novos escanos.

 

 

 PONTEVEDRA

 

 

 

GALICIA

 

 

2009

2012

 

%

2009

2012

 

%

265222

207331

PP

-21,8

789427

653934

PP

-17,2

172616

100903

PSOE

-41,5

524488

293671

PSOE

-44,0

95827

58017

BNG

-39,5

270712

145389

BNG

-46,3

6427

70434

AGE

995,9

16441

200101

AGE

1117,1

 

 

 

 

No caso de Guillade, PSOE e BNG perden apoio nunha procertanxe semellante, encol ao 34%, mentres que o PP, pese perder 10 puntos porcentuáis menos, obtén porcentualmente uns datos peores que a nivel municipal. Nesta líña, e ao abeiro destes datos, extrapolándose ditas cifras a unhas eleccións municipáis, o PP podería ser desaloxado da alcaldía en caso de que as forzas progresistas acadaran un acordo.

 

 

GUILLADE

 

 

 

PONTEAREAS

 

 

2009

2012

 

%

2009

2012

 

%

202

152

PP

-24,8

5820

4548

PP

-21,9

114

75

PSOE

-34,2

2863

2048

PSOE

-28,5

67

44

BNG

-34,3

2713

1668

BNG

-38,5

0

25

AGE

 

184

1380

AGE

650,0

5

9

OUTROS

80,0

240

583

OUTROS

142,9

2

14

B/N

600,0

266

274

B/N

3,0

 

 

 

 

 

Cabe subliñar en todos os escenarios, o grande incremento da coalición AGE, que dende logo rendabilizou como ninguén o pouco tempo que leva de rodaxe, xa que aparte de volver levar ao Parlamento a Esquerda Unida despois de varias lexislaturas ficando fóra, situóuse como a terceira forza política; se ben en Ponteareas ainda non é quen de superar ao BNG.

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Resultados Eleccións Xerais 2011

Un día despois das eleccións ao parlamento español,  e tras a victoria –sen demasiadas sorpresas- de M. Rajoy, xa podemos ofrecer os resultados acadados polos principáis partidos na mesa electoral de Gillade/Cumiar, onde a única “sorpresa” foi o feble incremento rexistrado polo BNG nun contexto de perda de votos xeralizado, así como o importante chanzo de E.U.

 

GUILLADE

2008

2011

 (%)

PONTEAREAS

2008

2011

 (%)

PP

173

200

15,6

PP

5774

6391

10,7

PSOE

160

109

-31,9

PSOE

4761

3302

-30,6

BNG

45

46

2,2

BNG

1764

1649

-6,5

EU

1

10

900,0

EU

226

621

174,8

 

 

No relativo aos datos computados na parroquia polo PP, éste consegue un aumento da súa  porcentaxe de votos superior á media municipal (10,7%), provincial  (4,9%) e autonómica  (5,7%), mentres que o PSOE sufre en Guillade unha  perda  semellante á de Ponteareas (encol ao -30%), e inferior á da provincia (-37,6%) e galega (case un -40%).

 

PROV. PONTEVEDRA

2008

2011

 (%)

GALICIA

2008

2011

 (%)

PP

268446

281668

4,9

PP

809879

855732

5,7

PSOE

249086

155354

-37,6

PSOE

750492

451233

-39,9

BNG

70735

66970

-5,3

BNG

212543

183279

-13,8

EU

9623

25692

167,0

EU

25308

67182

165,5

 

No que a outro tipo de comentarios se refire, vemos como coa actual lei electoral o PP rendabiliza extraordinarimente os seus resultados con tan só un 5,4% (a nivel estatal) máis de votos respecto ao 2008, mentres que a nivel galego E.U./I.U. foi quen de captar boa parte do trasvase de  votos socialistas en detrimento do BNG.

SOLLA SERÁ ALCALDE DE NOVO

SOLLA SERÁ ALCALDE DE NOVO

 

Despois dunha intensa semana de envíos de comunicados á prensa,  xuntanzas entre os diferentes partidos, renuncias a ocupar cargos (Nava Castro optou por permanecer como Secretaria Xeral de Comercio, antes que como concelleira pese a ir de nº 2 nas listas), Salvador Solla foi escollido no pleno do día 11 cos votos dos membros do seu partido (9), algo que lle permitirá gobernar en minoría simple.

Por outra banda, mentres os concelleiros do BNG (5), ACIP (4), se votaron así mesmos, os 3 membros do PSOE se decantaron por votar en branco. Máis información pinchando aquí.

O amo local

Sen ser xurista, economista nin un profundo coñecedor do funcionamento da Administración e dos seus resortes, me temo que teño a necesidade de expresar algo que chirría e non encaixa no meu entendemento. (Pese correr o rísco de equivocarme plenamente).

Nas primeiras semanas do mes de marzo, un xornal da área de Vigo comentaba na cabeceira da súa publicación que a multinacional Citroën ía tan “” a recibir 30 millóns de euros do goberno central –en concepto de “axudas” ou íso que tamén chaman “estimulación”, supoño-. Sorprendido pola aparentemente escasa valoración que facían desta cantidade este medio de comunicación, decidín mergullar un pouco na Rede coa curiosidade de tentar averiguar si esta valoración era compartida por máis medios e entidades. Curiosamente, noutras fontes citaban que dita multinacional amosabase “satisfeita” coa cifra ofrecida dende o Estado.

É nestes momentos , cando un se dá de conta que os amos moitas veces non teñen nin tan sequera que laiarse porque xa teñen os seus propios “lobbies” encargados de pór “el grito en cielo” por eles, sendo máis “papistas que o Papa” e reclamando e presionando por eles.

En fin… ese  non é o tema neste caso… Pasaron os días e ao final resulta que dende a Xunta (para non ser menos), van pór a disposición da marca gala, como tamén lle chaman, outros 35 ou 40 millóns de euros, non vaia a ser que o amo se encomode ou amague con irse da cidade olívica, como tamén lle chaman… E todo en nome do “estímulo”.

Sen tampouco querer agora profundizar no debate de que tipo de empresas ou entidades son merecedoras de máis ou menos “estímulos”, non se pode obviar o perigo de ter a sensación de seguir inflando un perigoso “monocultivo” , o da automoción, que a parte de estar nunhas mans foráneas que en calquer momento poden marchar e “aí vos quedades”, implica unha submisión  económica e decisional dunha extensa área xeográfica que supera ampliamente os límites de Vigo.

Dita submisión, vencellada aos postos de traballo directos e indirectos da multinacional francesa, outorgoulle un poder descomunal, semellante ao que ostentan outras grandes empresas noutras partes do mundo, onde xurde unha dependencia extrema arredor de básicamente  un só producto, como o cacao en Costa de Marfil, o café en Etiopia e as turbulentas relación das comunidades traballadoras cos seus patróns, nestes casos –por exemplo- Nestlé. Aos dos amos dos monocultivos nenguén lles tose, hai que darlles o que piden senon encómodanse “y puerta”.

 

Para ir acabando, e antes de entrar nun dos asuntos que motivou este escrito, cumpre tamén reflexionar algo sobre como pouco a pouco ímos deixando esmorecer as industriais tradicionais do país, dende sempre ligadas ao territorio ás xentes e presentes a unha escala local e máis ou menos equilibrada nas catro provincias, evitando situacións de extrema dependencia económica  en torno a único sector e provocando un  crecemento desproporcionado dunha área concreta en detrimento doutras. Falamos de  sectores clásicos como o lácteo, o forestal ou gandeiro, pero tamén doutros de novo cuño vencellados as novas tecnoloxías e a creación artística e cultural, que por certo… que eu sepa non reciben tantos “estímulos”, e lamentablemente cando os reciben non hai demasiados medios de comunicación que digan “ reciben X cartos”.

 

Sí únicamente se “estimulan” aos grandes  -eses que precisamente están en condicións de marcharse cando lles pete ou de pouco a pouco ir deslocalizando a súa produción no país, como por certo: Adolfo Domínguez, outro gran beneficiario de axudas por parte da Administración-, e permitimos que morran na miseria os nosos verdadeiros sectores acabaremos definitivamente caendo no sinsentido de producir o que non consumimos e consumir o que non producimos.

E  falando de A.D… non sería xusto que polo menos este tipo de empresas ”mega-estimuladas” polas diferentes administración, asumirán certo compromiso ou responsabilidade coa sociedade que paga os impostos dos que xurden as axudas que reciben, e que polo menos botaran man dos servizos públicos de emprego a hora de contratar xente? Creo que non é pedir demasiado… os cidadáns podemos escoller comprar os seus productos ou non, pero pagamos obrigatoriamente uns impostos que acaban           ” estimulando” a unha empresa como Citroën que non conta co Servizo Galego de Colocación a hora de reclutar persoal. E dado que están no seu dereito de non facelo, pode que lle toque a Xunta e ao goberno central facerlles ver (ollo!! que non lles esixan que ao mellor se ofenden e marchan) que poden devolverle o favor (de nada por certo), á cidadanía e a propia Administración facendo uso dos mecanismos que dispón para satisfacer as demandas da sociedade, polo menos xustificarían a existencia destas oficinas de emprego, que lamentablemente únicamente só están servindo para elaborar estatísticas de parados/as.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Blanco e negro

Ola a todo o mundo, como resulta inxusto que únicamente só se leven os paus uns ou unhas, hai que ir repartindo as cargas e “cada uno que aguante su vela”.

 

Acabo de enterarme de rebote, que a mesma semana en que Rosa Díez, dixo o que dixo (aínda teño curiosidade por saber cal  son os outros significados menos pexorativos… xa que se supón que si ZP é galego no sentido máis pexorativo… esta muller debe manexar unha escala de menos a máis, non?), o director de ABC, Ángel Expósito,   utilizaba tamén despectivamente o termo: "gallegada", para criticar ao Ministro de Traballo, Celestino Corbacho, no programa da televisión pública, TVE-1, "59 segundos". (Podedes ver o vídeo en “Youtube”).

 

Ao mesmo tempo, na edición dixital de El país de hoxe, (venres 5 de febreiro), o sociolingüista Henrique Monteagudo, escribía moi acertadamente esta reflexión, e que co seu permiso “corto e pego” aquí:

 

Pero a linguaxe non é simple expresión dunhas ideas que terían unha vida independente: a propia fala contribúe a consolidar as imaxes, a difundilas e a arraigalas. As formas non son neutras pois están moito máis vencelladas aos contidos do que puidera semellar. Velaí a xustificación dos esforzos para erradicar a linguaxe sexista, que replica a discriminación das mulleres. ¿Algunha vez matinaron por que ata hai pouco non era aceptable referirse en feminino a presidentas, mariñeiras ou médicas, pero si a secretarias, señoras da limpeza ou enfermeiras? ¿ou por que os vocábulos xuíza e alcaldesa denotaban as esposas do xuíz e do alcalde? Para non falar das expresións homófobas. Que diriamos dun deputado que descualificase a un alto cargo por facer ou dicir algo "propio dun maricallo"? Ou das que expresan prexuízos raciais. Sería a día de hoxe considerado de bo gusto referirse publicamente á "cobiza tipicamente xudaica"? E falar de alguén como "un mouro, no peor sentido da palabra"? A linguaxe politicamente correcta, tan deostada por comentaristas superficiais, representa un avance da civilización. Evidentemente, non arranxa os problemas de fondo, pero ao menos non contribúe a reproducilos. A alternativa á corrección política na fala é a expresión brutal e irrespectuosa. Isto ten pouco que ver con complexos, sentido do humor ou perturbacións nacionalistas, e moito con civilización, purga de prexuízos, ambiente de respecto á dignidade das persoas e dos colectivos.

 

Ísto tamén  ven a conto dunha publicación de ABC do 19 de febreiro,(tamén o podedes comprobar na “web”), na que o xornal dirixido por Angel Expósito, titulaba deste xeito un artigo : <<Blanco, de Pepiño a Don José>>, unhas palabras reveladoras xa de por sí… e que veñen a sintetizar a idea de que cando o ministro Blanco era menos valorado que agora (que parece posicionarse como un dos homes fortes do PSOE e do Goberno Español), víña a ser unha especie de merdiña humana susceptible de escarnio e constante humillación para determinados e concretos programas de opinión (OLLO!” NON DE INFORMACIÓN), conducidos por xente como Pedro j., Jiménez Losantos (escríbese así?), ou os “humoristas” del Gato al agua –porque son humoristas, verdade? Non din o que din en serio?-, dende onde constantemente cada vez que citaban, mencionaban ou se referían a este ministro nun ton burlón lle chamaban Pepiño, unha e outra vez: <<… porque Pepiño ísto… porque Pepiño o outro…>>, agora, como parece que xa non é un coitado (que ata lle plantou cara aos controladores aéreos!!), pois parece que xa é todo un cidadán de primeira: Don José, en castelán “of course”…

 

Unha vez, farto de escoitar Pepiño despectivamente un millón de veces, discutín cun paisano que tamén se refería con ese mesmo ton  a Blanco, sobre senon pensaba que era triste que non nos déramos conta que se estaban rindo e facendo pouco de nós; e trataba de facerlle ver  que as veces   non nos sentíamos agredidos  ou apreciados polo que nos din, senon por quén nos dí unha determinada  cousa.

 

 Así pois, lle puña o exemplo que as veces vemos nas películas estadounidenses cando os afroamericanos se dirixen entre eles como “hey nigger/ hei negro”, non habendo problema ao non haber ánimo de ofensa (un contexto que cambiaría se esa expresión partira con certa “sorna” de membros doutra comunidade), ou como tamén as veces pode doernos máis que nos chamen un “light” parvo/a ou idiota, cando ven dun ser querido, que un contundente  “fillo de…” ou cabrón xurdido nun momento concreto  por un descoñecido nunha discusión de tráfico por exemplo.

 

Pois ben, ese paisano en cuestión, que era tan galego como ti – que foi o lema escollido nunha  das primeiras campañas de Fraga-, ou non quería ver ou entender o que trataba de explicarlle, ou era un claro exemplo do que explicaba tamén esta semana o sociólogo Arturo de Nieves en Vieiros, sobre como os colonizados acomplexados adoitaban os códigos e condutas dos colonizadores dominantes para pasar desapercibidos e se cadra cun pouco de sorte ascender socialmente.

Demasiado duro. Prefiro pensar que o paisano non me entendeu ou ben porque non me explicaba correctamente ou porque non miraba películas estadounidenses do estilo das de Spike Lee.

Crónica Porriñesa

O municipio do Porriño,  pertencente á comarca viguesa, pero estreitamente vencellada a Ponteareas, estreou no día de onte novo mes (1 de febreiro) e novo alcalde. Finalmente o calendario imposto pola Deputación de Pontevedra –tras atrancos e tensos encontros e xuntanzas entre os interesados-, concretouse na moción de censura presentada onte polos tres partidos conservadores da vila.

Xeralmente, as situacións complexas responden tamén a factores complexos e incluso retorcidos; neste caso, parece que o tema se remonta a etapa da Transición, cando moitos alcaldes do réxime franquista continuaron unha tempada máis no seu posto –esta vez lexitimados polas furnas-, como Castro en Ponteareas, e outros decidían nesa mesma época ceder “las riendas” a xente de confianza, como seica pasou no Porriño cando o alcalde franquista Órdoñez lle concedeu o seu apoio a Barros, famoso posteriormente polos seus excesos verbais, as denuncias de acoso sexual por parte de empregadas municipais entre outras cousas.

Aquel traspaso de poderes, parece que levaba implícito un “pacto entre rexidores”, polo cal, (co tempo…), Barros debería novamente cederlle o bastón de mando ao fillo de Órdoñez  1º “Alcalde Saínte” ; non se sabe se posteriormente, o fillo de Órdoñez 1º lle debía de ceder o posto ao fillo de “Barros 1º”, e así ata o día do Xuízo Final…  (de feito foi no laboratorio do Porriño onde se experimentou a sucesión clónica que agora cristalizou na Deputación de Ourense onde un Baltar Pai 1º, lle cede o posto a outro Baltar Fillo 2º ). O caso é que o tempo pasou, e a cesión da vara do poder e da  alcaldía non se executaba, polo que o príncipe Ordoñez 2º (Gonzalo de nome), canso do incumprimento do contrato por parte de Barros 1º, pasa ao ataque e funda o partido Independientes do Porriño.

Esta primeira escisión lle custa ao PP   a perda da maioría absoluta nas seguintes eleccións municipais do 2003 e non so íso, senon que ao máis puro estilo “Shakespiriano” (onde os fillos/príncipes cobizosos competían entre sí por arrebatarlle ao pai -aínda vivo- a coroa), desatouse unha loita polo poder dentro da casa “PoPular”, que acabou cunha nova escisión dentro das filas dos “indeppendentes”, xurdindo así os Cidadáns por Porriño.

É precisamente agora o dirixente dese partido, Nelson Santos, o que ocupa a través da moción de censura realizada onte, a alcaldía de Porriño. Foi un parto difícil  (pese a que a criatura non tiña o corpo de Barros 1º), estivo cheo de complicacións e feridas internas, o que fixo que como  xa se tiña saído de contas facía tempo (levaban bastante tempo uns e outros anunciando “el alumbramiento”), non quedara outra que o cirurxán Louzán realizara a cesárea. Por certo… Louzán tamén é o presidente da Deputación de Pontevedra (what a coincidence!! - hai que ir practicando co inglés para estar “a la última con Feijoó”-)

O froito do concubinato dos diferentes partidos dereitistas da zona, da como resultado unha figura de 3 cabezas (tantas como partidos a enxendraron), pero cun único cerebro situado na Deputación de Pontevedra.

Nengún pacto nen parto está exento de dor nen complicacións, senon que llo digan ao BNG e o PSOE tras a moción de censura –sen transfuguismo, iso si- de Porto do Són, pero sobre todo quen ben o sabe son o PP  e os seus aliados tras os DEZ partos/mocións realizadas dende as últimas municipais en Mos , Gondomar, Pobra de Trives, Mos, Abegondo, Láncara, Folgoso do Courel , A Veiga, Silleda e Santa Comba.

SON IGUAIS TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS?

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres