Blogia
Guillade

Retirada de 5 niños de vespa asiática en Guillade

Retirada de 5 niños de vespa asiática en Guillade

Este ano 2016 remata cunhas temperaturas moi pouco habituais, e dende logo nada propicias para as colleitas. O que para moita xente é "bo tempo" (altas ou suaves temperaturas e ausencia de frío e auga), para outra moita que vive do agro, ou que sinxelamente gusta de cultivar para o seu autoconsumo, o "bo tempo" sería o que correspondería que fixese nesta tempada: chuvia e menos calor, polo menos para alterar o menos posible os ciclos naturais de podar, sementar...

As persoas que teñen colmeas, son outro gremio que tampouco está moi conforme con estas temperaturas... basicamente, porque o último e meirande problema ao que se ven enfrentando dende fai pouco o sector apícola de boa parte do sur de Europa, a invasión de vespas asiáticas (ou velutinas), só pode paliarse -en parte- coa chegada do frío suficiente  que faga desaparecer ata a  vindeira primaveira ou inicio do verán, ás colonias de velutinas  que en pleno decembro aínda acosan e devoran ás nosas abellas.

Esta semana, grazas ás chamadas ao 112 de varios veciños da nosa parroquia, envióuse dende o concello un pequeno retén de bombeiros que nun só día retiraron 5 niños na Rañó, Igrexa, Anxeliña, Pazos e o cimiterio.

Nunca foi tan certo o de que <>, pero... un pouco de frío non lle ven mal a ninguén!!

0 comentarios