Blogia
Guillade

Retiran un niño de vespa asiática en Pazos (Guillade)

Retiran un niño de vespa asiática en Pazos (Guillade)

 

Menos dun mes despois de que se convocase dende o goberno municipal aos apicultores da zona a unha xuntanza informativa sobre a presencia da vespa asiática, fíxose necesaria a presencia dunha parella de bombeiros de Ponteareas, para eliminar un niño deste tipo de insectos, que foi atopado nun cuberto anexo a unha vivenda do lugar de Pazos.

Foi grazas ao noso veciño "Josilo" Martinez, quen tras percatarse da presencia do niño, púxese en contacto cos apicultores da parroquia, para posteriormente dar parte ao parque de bombeiros de Ponteareas, quenes aos escasos minutos de ser chamados xa se atopaban "man a obra", conseguíndo retirar -non sen poucos inconvíntes- o niño en cuestión.

Aproveitamos este acontecemento, para sensibilizar a todos os lectores deste blogue con este serio problema, e a dar parte ao concello de Ponteareas (tlf 986640000), ou a Xunta de Galicia (tlf 012) cada vez que observen ou detecten un destes niños, xa que a presencia desta especie invasora supón un problema engadido á xa de por sí delicada situación do mundo apícola.

Un afectuoso saúdo a Manolo e Candido -os bombeiros que se achegaron a Guillade- así como a todos os seus compañeiros do corpo polo gran traballo que veñen facendo dende o primeiro día, por esta tarefa "sobrevenida" a que tamén se deben enfrentar.

0 comentarios