Blogia
Guillade

Celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Entre pandeiretas, lectura de poemas e a representación da obra teatral de Castelao “Os vellos non deben namorarse…”, festexouse este sábado 15 de maio no Centro Cultural de Guillade, o Día das Letras Galegas adicado desta volta ao poeta vangardista lucense Lois Pereiro  (Monforte de Lemos 1958 – A Coruña 1996).

A interpretación teatral correu a cargo da escola municipal do Porriño “Compañía Fontevella”, dirixida por Chelo Pampillón, mentres que xornada pechouse intercalando lectura de poemas coas  pezas interpretadas polas “Pandereiteiras de Areas”, e as “Fiuncheiras de Guillade”, a quen podedes ver na foto, unha agrupación local pero “internacional” (conta con integrantes nacidas en Inglaterra e Venezuela), ao igual que  a traxectoria  vital do propio protagonista da noite, Pereiro, quen pasou varios anos da súa intensa pero curta vida en países europeos, o que lle permitiu acadar amplos coñecementos de alemán, francés e inglés.

Pinchando aquí, tendes acceso a súa web oficial… E como lembranza a súa figura (marcada pola doenza do aceite de Colza), pómos aquí as duras palabras que escolleu para o seu epitafio:

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria".

0 comentarios