Blogia
Guillade

FESTA DAS ANGUSTIAS 2011

FESTA DAS ANGUSTIAS 2011

Este ano a comisión de festas das “Angustias”, seica se vai atrever a cambiar a clásica fórmula de “orquesta e máis orquesta”, por un formato máis  acorde cos tempos que corren e en certa medida orientada á xente moza, xa que de feito, son os máis novos os que máis están deixando de acudir ás festas das aldeas, e a ver si así pouco a pouco, van animándose a facer acto de presencia.

Posiblemente á falta de asistencia que se ven observando nos últimos anos se deba ao pouco interese que lles esperta un tipo de música e actuacións pouco atractivos para moitos deles. Ésta pode ser unha boa ocasión para ver que pasa: atrevámonos a comprobar se traendo grupos de rock a xuventude se deixa cair polo Torreiro, pero para iso hai que cambiar a inercia e tradición das últimas décadas, e dar un pequeno paso noutra dirección, o que non quita que se renuncie ás raíces, xa que tamén haberá música tradicional.

Seica se  albiscan cambios que poden chegar a mudar a forma de facer moitas cousas que corrían o risco de desaparecer.

Festa para todo o mundo, diversidade e bo ambiente.

0 comentarios