Blogia
Guillade

COMEZA TEMPADA CICLOTURÍSTICA –09

COMEZA  TEMPADA CICLOTURÍSTICA –09

Como ben sendo habitual por  estas datas dende fai xa varios anos, o mes de xaneiro é sinónimo do inicio das moitas e variadas marchas cicloturísticas que inzan a xeografía das catro provincias e do norte de Portugal: As Neves, Melgaço, Covelo...

 

O pasado domingo día 11 tívo lugar a “Marcha do “Requesón”, nun ambiente extraordinario ao que cada vez se suman máis e máis participantes, este ano –como xa adoita ser normal- voltaron superarse os 1.000 participantes.

 

Entre os mesmos, houbo que engadir  o máis grande continxente -ata o momento- de “biciclista  jilladenses” participante nesta proba;  case todos eran do barrio da Igrexa (un deles “nacionalizado” ao casar cunha rapariga da nosa zona), aínda que tamén había algún veterano asentado en terras de Leirado pero con oríxe na nosa parroquia.

 

Este ano, a diferencia do anterior, destacou pola ausencia de choiva, charcos e auga en xeral...   aínda que íso sí: foi extraordinariamente frío-frío-frío... De feito creo que por unha vez houbo consenso entre todos/as os que alí estaban para que pronto chegaran as primeiras costas e comezar a entrar en calor; outro tema foi cando as subidas non deixaban de aparecer no percorrido  claro... porque tan certo como que non choveu foi tamén a dureza deste ano, sobre todo entre os km 15 e 20 (dun total de 38), xa que a diferencia doutras edicións onde había máis terreo chan para recuperar, este ano a subida fíxose demasiado longa e con poucos desniveis para poder coller folgos.

 

Pero como sarna con gusto non pica, as bicicletas voltarán, abofé, a ateigar as estradas de Ponteareas este domingo día 25, nunha nova edición da xa consolidada “Marcha da Rosquilla”, chova, neve ou trone.

0 comentarios