Blogia
Guillade

MARCHOU VIRXILIO VIÉITEZ

O fotógrafo galego de Soutelo de Montes Virxilio Viéitez finou a pasada semana envolto na atmósfera de modestia que sempre o acompañou. Un grande cronista da Galiza de mediados do século XX, que pese a ver como co tempo a súa obra viaxaba arredor do mundo de exposición en exposición (Barcelona, Francia, EE.UU...), nunca se viu a si mesmo como un grande artista.

De feito case se pode dicir, que aquilo do mundo dos recoñecementos, a entrega dos premios etc, nunca foi con el. Somos moitas as persoas que ao noso xeito -e coas limitacións propias dos afeccionados-, tentamos recoller ou plasmar con fotos, blogs, ou publicacións de distinto tipo, aquelas cousas e cousiñas que pasan preto de nós, polo que a súa perda implica en certo modo a desaparición dun referente nada pretencioso nen engreído.

Pero debemos de ser todos e todas, os que teríamos que laiarnos pola perda dun contador de historias visuais cotiás, que moi posiblemente sen pretendelo deixounos unha grande obra que nos permite hoxe coñecernos mellor grazas a laboura deste galego que marchou tal e como viviu: sen moitos foguetes, nen medallas Castelao, nen ser declarado galego do ano... (si é certo que recibiu premios, pero non tantos como merecía) senon máis ben todo o contrario: austeramente tratado, supoño que como el era: sobrio e cos pés na terra, aínda que enormemente respectado e valorado por todos os que o coñecían e por moitos que tivemos con conformarnos unicamente con apreciar e gabar o seu traballo.

Ver tamén a noticia no xornal Vieiros

Pódense ver máis fotos na web do centro de estudos fotográficos de Vigo.

Tamén na web Forcarei.net

1 comentario

usuaru -

GRAN FIESTA GASTRONOMICA EN GUILLADE TODO UN EXITO