Blogia
Guillade

V MARCHA CICLOTURISTICA “DAS ROSQUILLAS”.

V MARCHA CICLOTURISTICA “DAS ROSQUILLAS”.
O pasado domingo 27 de xaneiro, a “A.D.C. Picaraña” organizóu por quinto ano consecutivo unha marcha cicloturista polo noso Concello, que xunto as tradicionalmente xa organizadas polo “Clube Cilclista da Lamprea” das Neves (Marcha do Requeixo), sitúan a bisbarra do Condado como un referente claro a hora de falar do cicloturismo en mountain-bike a nivel galego e do Norte de  Portugal,  xa que cada ano son máis e máis os veciños “do sur do río Minho”, que veñen a acompañarnos.

Nesta ocasión o número de participantes situouse en torno aos 700, unha cifra aínda lonxana dos máis de 1.200 participantes que adoitan tomar parte na proba lúdica organizada nas Neves pola xente da “Lamprea”.  Foron case 40 kms. de néboa e frío ao principio, e de bastante calor para esta altura do ano ao final do percorrído, pero moi ben levados grazas ao chocolate ben quente e as rosquillas que fóron servidas antes da saída –xunto a piscina municipal de Ponteareas-, así como no  tempo de “avituallamento” na falda do Monte Galleiro. 

Segundo indican algúns dos participantes da nosa parroquia, o nome de Guillade foi sinónimo de  “ fortaleza e resistencia” dentro do pelotón nos repeitos máis duros  da proba, que pasou por sitios como: Fozara, Pazos de Borbén, Ribadetéa, o Monte Galleiro, etc… E xa que nengún de nós estívo alí, terémos que confiar no que eles dín…

De igual xeito, houbo agasallos para os sufridos e enlamados ciclistas (e íso que non choveu como 15 días antes na “Marcha do Requeixo”), consistentes nunha camisola e un gorro, así como o orgullo de ser acompañados a golpe de pedal en todo momento, polo gañador do Tour Oscar Pereiro, quen xa é un habitual “padriño” das  probas celebradas no Condado nos últimos anos. Amosando que os campións son doblemente grandes tendo a modestia e o detalle de deixarse ver en eventos deste estilo; por non falar da súa infinita paciencia, “aturando” ás moreas de admiradores que constantemente achegábanse a él para repetirlle o orgullosos que todos estamos de que un paisano de Mos levara ao máis alto o nome de Galiza no mundo do ciclismo.  Agardemos que o próximo ano a forma física dos e das guilladenses (a parte de ser máis) siga estando á altura das circustancias, do frío, da néboa e dos camiños de cabras…
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

1 comentario

Jordan retro 4 -

Have no doubts because of trouble nor be thou discomfited
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres